"Luzada" é o cuarto álbum do baterista galego Iago Fernández na súa faceta de líder. As dez composicións, nove de Fernández e unha do seu "irmán musical" Xan Campos, conteñen numerosas fontes musicais de inspiración - do jazz a Radiohead e da música clásica á música popular galega e brasileira. "Luzada" é probablemente o traballo máis persoal do baterista residente en Suiza ata a data.
A inspiración emocional para escribir esta música está ligada ao meu proceso de cura interior. En 2019, comecei a procesar profundamente traumas da miña infancia en terapias e tamén a practicar ioga e meditación con regularidade. Iago Fernández
"Luzada" é un termo galego que significa "luz desprendida por un corpo, propia ou reflectida" e "a primeira luz do día, cando sae o sol". Fernández tamén escribiu dous poemas na sua lingua materna, o galego, que poden ser ouvidos no álbum: "Almas Viaxeiras" descrebe o desexo de proximidade física entre dúas almas conectadas que inevitablemente non se podían ver durante a pandemia. A outra obra chámase "Flor Esvelta”.
"Flor Esvelta" é sobre curación espiritual, crecemento e madurez dunha forma moi metafórica. Fala de persoas que coñecín ben, de min mesmo, e do sufrimento emocional da sociedade, pero cunha mensaxe de aceptación e optimismo. Iago Fernández
A decisión da formación da banda influenciou aínda máis o proceso de composición debido aos instrumentos e ao estilo único de todos os músicos participantes. A peza "Doces", por exemplo, comezou como unha melodía dodecafónica (doce notas) e foi inspirada polo saxofonista Mark Turner, que toca en "Luzada". O resto da formación é constituída por Joris Roelofs (clarinete baixo), David Virelles (piano), Ben Street (contrabaixo) e Iago Fernández (batería, voz, teclado, djembe). Tamén hai convidados selectos, nomeadamente Yumi Ito (v), Song Yi Jeon (v), Wilfried Wilde (g), Sam Barnett (s) e Kuba Dworak (b). O disco foi gravado no estudo do Jazzcampus en Basilea por Daniel Somaroo. Sam Barnett e Mário Barreiros foron responsables da mestura e da masterización respectivamente. "Luzada" será publicado polo coñecido selo "Fresh Sound Records”.
sobre as recompensas
15€: bolsa ou debuxo (impresión dixital)
18€: camisola
20€: CD
22€: lámina serigrafiada
30€: Vinilo (LP)
Sobre Iago Fernández
Iago Fernández é un batería e compositor de Cangas, Galicia, principalmente no ámbito do jazz. Desde os 18 anos actúa habitualmente en festivais e clubs de América, Asia e toda Europa, especialmente en Suíza, España e Portugal. Actuou con recoñecidos artistas como Avishai Cohen (trompeta), Perico Sambeat, Jesse van Ruller, Jorge Rossy e Steve Nelson, entre outros. Fernández tamén se pode escoitar en máis de 40 discos, catro deles como líder e compositor: "Agromando" (2011), "Acougo" (2015), "Brisa" (2016) e "Luzada" (2022). Outros proxectos actuais son Yumi Ito, WIZ, Ghost Beast e Xan Campos Trio.
Para que necesito o diñeiro
Para cubrir os costes de fabricación dos vinilos e a creación de varios vídeos.
Calendario estimado
Todas as recompensas estarán listas para enviar a partir do 2 de Xaneiro de 2023.
9 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Xulia
Dalle iagui
Susana
Sorte!!!
Susana
Sorte!!!?
ALICIA FONSECA GONZÁLEZ
Sorte!
OLGA CARRIL RIAL
Moita Sorte, Iago!
alexeyleon
Go, Yago!
Mónica Camaño
Achegar Luzada.
Mefegon
This new project of my cousin Iago needs more sponsors to become a reality. Thank you!
Mefegon
This new project of my cousin Iago needs more sponsors to become a reality. Thank you!