"Antes de que se poña o sol" é unha curtametraxe de ficción que busca darlle voz as persoas maiores que reivindican a súa propia autonomía.
A sociedade, en xeral, foi creando unha serie de estereotipos e prexuízos referidos ás persoas maiores (están enfermas, son dependentes, non coordinan ben, ...), que condicionan a forma en que se lles trata e contribúen a que o propio maior asuma, como impostos, uns roles, uns comportamentos e actitudes que encaixen no papel que se espera del. Esta imaxe da persoa maior unida á perda de influencia social e mediática, non axuda a cambiar as cousas. Os estereotipos fannos ver á persoa maior como un ser fráxil, dependente, sen capacidade de decisión e que, polo simple feito da idade, tráteselles de forma diferente: non se lles permite tomar decisións, se lles infantiliza e non se lles deixa levar a cabo unha vida plena.
Pretendemos concienciar ao espectador e denunciar os traumas que padecen as persoas maiores. A pesar dos moitos avances tecnolóxicos e das novas formas de comunicación social, seguimos sendo unha sociedade materialista. Queremos, ao igual que nos anteriores traballos, contar as inxustizas dos grupos sociais menos favorecidos. Sacudir as consciencias da sociedade contemporánea a través da visión das persoas maiores.
A intención é filmar unha ficción obxetiva desposuida de teatralidade e imposturas para non caer en dramatismos idílicos. Queremos contala dende a honestidade, dende a comprensión e tamén dende a reflexión. Dende a realidade e sendo meros espectadores.
Nunha reunión familiar, catro irmáns teñen que tomar unha decisión moi importante sobre a súa nai. Todo dará un xiro inesperado no último momento.
O equipo técnico e artístico desta curta o conforman profesionais implicados con ganas de facer cine e contar historias dende unha perspectiva diferente.
Equipo Técnico
Equipo Artístico
PREPRODUCIÓN: Do 1 de xullo ata o 22 de agosto.
RODAXE: Do 31 de agosto ao 3 de setembro.
POSTPRODUCIÓN: Do 12 de setembro ao 12 de outubro.
ENTREGA RECOMPENSAS: Durante os meses de xaneiro e febreiro.
O obxetivo do crowfunding se sitúa en 3.000€. Grazas as vosas aportacións poderemos costear:
O material de iluminación, cámara e son.
Os desplazamentos, aloxamento e dietas do equipo técnico-artístico durante a rodaxe.
Decidimos traballar con Verkami para poder cubrir, na medida do posible, gran parte dos costes da curta.
Por iso, ata a máis mínima aportación axudaríanos moito para poder conseguir o noso obxectivo; ademáis, segundo a cuantía que aportes, recibirás unha recompensa creada por nós. E se, pola causa que fose, non podes cooperar económicamente con nós, non te preocupes! Existen outras maneiras de facelo, así que agradeceríamos de corazón a difusión do noso proxecto para que chegue ao máximo número de persoas posibles.
Axúdasnos a facer realidade "Antes de que se poña o sol?
Se queredes coñecer máis a quen estamnos detrás do proxecto, aquí deixámosvos algunhas redes sociais dos nosos perfís.
Director: Nani Matos
Productora: Andrea Varela
Director de fotografía: Arián Quinteiro
3 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Bieito Alvarez Carrero
¡De Cans a Cannes!!💪🏼Forza!
Bieito Alvarez Carrero
¡Veña Nani;
Tamarindo
Moita sorte!