❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

AM °••°°°•°° Proxecto multidisciplinar de Literatura, Música, Vídeo e Deseño Gráfico. Libro de Relatos Curtos escritos na madrugada.

Libro de 9 relatos curtos co seu propio son e imaxe. Proxecto autoxestioado por César Alvite, Yago López, Hugo Vape e Sergio Blanco.

Sergio Blanco Tajes

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Santiago de Compostela
0
segundos
23
Achegas
880€
De 850€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

AM °••°°°•°° é un proxecto onde varios artistas da zona buscamos realizar un libro que recolla, ademais da literaria, disciplinas como a ilustración, o vídeo e a música. O libro (o cal seguirá unha maquetación orixinal feita por Hugo Vape) compoñerase por 9 relatos curtos de carácter intimista e psicolóxico, acompañados por ilustracións. Cada historia terá unha canción asociada (de composición propia), para escoitala ao mesmo tempo ca lectura, e que ambos canais se entrelacen. Por último, complementarase a experiencia con vídeos (dirigidos por Yago López) asociados ás historias e á música. A vistas de que a obra funcione tanto en formato físico como dixital (coa creación dunha páxina web da man de César Alvite), se pretenderá levar a cabo eventos de carácter cultural con este material.
[Soundcloud item unavailable]

Quénes somos

Fotografía feita por Manu Vazvaz

Meu nome é Sergio Blanco Tajes, teño 23 anos e vivo en Outes, A Coruña. Nas madrugadas de fai dous anos surxiron relatos curtos e historias, sempre acompañadas de música de fondo. É por isto que nace a ilusión de xuntalas en 3 triloxías temáticas, e darlles o seu propio son, a súa propia estética e sentimento nun libro. Para iso, nestes anos estudiei produción, piano e batería de jazz e moderna; trato de reflexar no proxecto o proceso de desenvolvemento tanto musical como persoal, un momento de transición e de posicionamento. Xa existiron certos amagos de buscar a estética e xuntar disciplinas. Para poder sacar o proxecto adiante, conto coa participación de persoas ás que admiro. Para o ámbito audiovisual, conto con Yago López (Boneko), deseñador gráfico e amigo co que xa teño realizado máis vídeos. O apartado da páxina web, así como axuda coa grabación, o levará a cabo César Alvite; outro bo amigo con estudios de informática, sendo profesor de programación con experiencia na elaboración de páxinas web. Por último, para o apartado estético, incluíndo Ilustración, Deseño e Maquetación, encargarase Hugo Vape, amigo e artista multidisciplinar de Santiago de Compostela.

Fotografía feita por Manu Vazvaz

Sobre as recompensas

10€: Descarga Dixital. (Comentar que a vista dixital será aberta a todo o público dende a páxina web do proxecto; aínda así a posibilidade de descarga virá dada por esta recompensa)

20: Descarga Dixital + Pegatinas AM °••°°°•°°

30€: Descarga Dixital + 2 láminas con Relato e Ilustración

40€: Descarga Dixital + 2 láminas con Relato e Ilustración + 2 Capítulos extra

70€: Descarga Dixital + 2 láminas con Relato e Ilustración + 2 Capítulos extra + Formato Físico

Finalmente comentar 3 cuestións:

  1. O abultado precio desta última recompensa é debido a que o coste de produción dobformato físico é elevado.

  2. Farase unha primeira edición de 10 exemplares físicos que se regalaran a familiares, amigos cercanos e aos autores do proxecto. Aínda non sabemos o coste de produción (cremos que rondará os 50€ ao ser autoproducido). Desde a tenda da nosa páxina web traballaremos coa ilusión de que todos e todas poidan telo neste formato, e buscaranse vías para poñelo a disposición.

  3. A entrega das recompensas físicas será en man tanto na Coruña coma en Santiago de Compostela. Aínda así baraxarase a posibilidade do envío por Correos a Península e Illas.

A qué destinaremos as vosas aportacións

As fontes de financiación principais serán as aportacións e o apoio recibido por parte de todos os mecenas de Verkami, así como o diñeiro que eu (Sergio Blanco) poda aforrar traballando no verán.

En canto aos gastos (a grandes rasgos):

Libro:

  • Correción ortotipográfica e de estilo: 50€

  • Maquetación e Impresión dunha primeira edición de 10 exemplares con maquetación moderna autoproducida: 300€

  • Dereitos do libro: 30€

  • Láminas de relato e ilustración para as recompensas e da tienda online: 100€

Música:

  • Mastering Final (9 temas): Pendente de presuposto (como máximo 100€)

  • Dereitos e Subida en Spotify: 30€

Vídeo:

  • Gastos de trasporte e de xestión: 150€

Páxina Web:

  • Dominio: 12€/anuais

  • Servizos de pago e envíos: 40€

Pago aos Coautores:

  • Pendente de presuposto

Pago cuotas Verkami

Total: Aproximadamente 800€

Calendario previsto

  • Elaboración do material musical, literario e audiovisual: antes del 10/9/2022

  • Preparativos de elaboración do formato físico e dixital, ademais do ámbito burocrático e de dereitos: antes do 31/12/2022

  • Entrega das recompensas 5/1/2023 (un mes de marxe por causas externas ao proxecto).

+ Info

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies