3TimesRebel Press (3TR) é unha editorial independente nada en Escocia co obxectivo de traducir ao inglés obras de autoras comprometidas e cheas de talento que escollen escribir en linguas minoritarias (català, euskara, galego, scottish gaelic, welsh...).
As dúas primeiras traducións que publicaremos serán desde o catalán, coa aclamada Terres Mortes de Núria Bendicho (traducida ao inglés como Dead Lands) e do euskara, cunha obra referente da ficción contemporánea vasca: Amek ez dute (traducida ao inglés como Mothers Don't) de Katixa Agirre.
Dead Lands, escollido 'Libro catalán do ano 2021' por La Vanguardia e Finalista dos Premios Llibreter e Òmnium, é unha narración calidoscópica que desprega un universo atávico onde os personaxes están atados por unha orixe brutal, dúas mortes e un escuro segredo.
Se queres ler un avance da magnífica tradución ao inglés feita por Maruxa Relaño e Martha Tennent só tes que acceder a través da ligazón que segue...
Mothers Don't, título de referencia da literatura contemporánea en euskara, está a medio camiño entre un thriller e unha crónica xornalística. Unha poderosa novela sobre a culpa ancestral que chega coa maternidade. Agora poderás gozar desta obra en inglés grazas á tradución de Kristin Addis.
Aquí tes unha ligazón por se queres ler o primeiro capítulo en primicia…
Ambas as dúas edicións foron preciosamente deseñadas por Enric Jardí e ilustradas de forma impactante por Anna Pont. A impresión realizarase en Cornwall / Reino Unido (minimizando a pegada de carbono e apoiando os negocios locais), utilizando papel crema de 80g de alta calidade con certificado FSC® e terán un precioso acabado con solapas e papel Wibalin.
Como todas as obras de 3TR, son historias brillantes e sobrecolledoras que cuestionan o estatus quo e dan visibilidade a temas dos que queremos que se fale moito máis (a cara escura da maternidade, o peso do patriarcado, o abuso de poder, a saúde mental, a menopausia…)
Os nosos libros estarán á venda nas principais librarías de Reino Unido (en formato papel) e en calquera lugar do mundo (en formato dixital).
E por se o reto non fose suficientemente grande, queremos facer todo isto de forma ética (pagando de maneira xusta as nosas colaboradoras e dando soporte a proxectos da comunidade onde vivimos, que axuden a mulleres a vivir con liberdade e dignidade) para así converternos na primeira editorial de comercio xusto do Reino Unido.
Publicar cada libro ten un custe mínimo de 10.000€ e o noso obxectivo é publicar cinco cada ano.
Precisamos o teu soporte para poñer a andar este proxecto que nace pequeno pero moi ambicioso e que aspira a ser un referente dentro do mundo editorial británico. AXÚDASNOS?
QUEN SOMOS?
Son Bibiana Mas. Catalana de nacemento e escocesa de adopción. 3TimesRebel é un proxecto persoal que nace da miña paixón pola literatura e da miña rebeldía ante un mundo que, demasiadas veces, invisibiliza as mulleres e non nos permite desenvolver con plenitude a nosa traxectoria profesional.
Conseguín convencer un fantástico grupo de personas (comprometidas e con talentos excepcionais) para sumarse a 3TimesRebel Press. E con elas, estou convencida de que o proxecto será un éxito rotundo.
- As nosas autoras: Katixa Agirre, Núria Bendicho, Flavia Company, Iolanda Batallé e Empar Moliner.
- As nosas tradutoras: Martha Tennent, Maruxa Relaño, Kristin Addis e Laura McGloughlin.
- O equipo de edición: Greg Mulhern, Carme Bou e Bibiana Mas.
- Deseño, Gráfica e ilustración: Enric Jardí, Pópulo Antolín e Anna Pont.
- Comercial e Marketing: Ramon Canals.
SOBRE AS RECOMPENSAS
¿Queres ter a primeira edición de Dead Lands e Mothers Don’t nas túas mans e en primicia?
Creadas por Enric Jardí (referente no deseño editorial en Catalunya) e preciosamente ilustradas pola artista Anna Pont, as edicións en inglés de Terres Mortes ( Dead Lands ) e de Amek ez Dute ( Mothers Don’t ) serán pequenas xoias editoriais das que gozar en primicia (recibirás os libros –en formato papel ou digital– antes de que se publiquen en Reino Unido) ou para regalar a amigos, familiares, veciños, compañeiros de traballo… amantes da literatura en inglés.
Somos conscientes de que non todo o mundo pode ler en inglés (ou se cadra non ten alguén cerca que poida facelo).
Por iso che ofrecemos outras formas de colaborar, a través de recompensas en forma de produtos e experiencias exclusivas, edicións limitadas e recoñecementos á túa achega a 3TimesRebel. Porque queremos que, ti tamén, sexas 3 veces rebelde.
- Paquete de 3 postais 3TimesRebel: Inclúe 3 impactantes pezas que teñen como base as ilustracións da artista Anna Pont. Estas obras foron creadas co encargo de capturar o espírito rebelde da editorial e das novelas de Katixa Agirre e de Núria Bendicho.
- Colección exclusiva de 3 insignias de botón 3TimesRebel: Enric Jardí, deseñador gráfico de referencia en Catalunya, creou un precioso e elegante logotipo inspirado nos piares de 3TimesRebel. Con esta colección de insignias, ofrecémosche sumarte á reivindicación e levala contigo alí onde queiras.
- Bolsa de man 3TimesRebel, 100% algodón de Comercio Xusto: Un dos valores distintivos de 3TimesRebel é o comercio xusto. E queremos que isto se reflicta nesta magnífica bolsa de man (tote bag) de alto gramaxe (310 gr) feita de algodón 100% ‘Fair Trade’ e estampada co logotipo e a cor da editorial e unha frase que expresa o noso espírito rebelde.
- Litografía exclusiva, numerada e asinada: Unha litografía rebelde e exclusiva da obra ‘Rebelde’, impresa nun delicado papel Gmund A4 (con certificado Eco e 100% algodón de 300g) numerada e asinada pola artista Anna Pont. Unha verdadeira obra de arte en pequeno formato.
- Xantar coas autoras: Se queres coñecer as autoras de 3TR Katixa Agirre e Núria Bendicho, ofrecémosche a oportunidade de compartir unha velada con elas (xunto á editora Bibiana Mas) nun xantar con outros mecenas nun restaurante con espazo privado (data e lugar a concretar en función da dispoñibilidade de axenda).
- Anna Pont en gran formato: As obras de gran formato de Anna Pont foron expostas e recoñecidas, entre outros lugares, en l'Arsenale de Venècia (Arte Laguna Prize 2011-2012), no Wilson Art Museum de Shanghai (2n premio Florence-Shanghai prize 2012-2013), no Museo di storia Naturalle de Livorno (Combat Prize 2013), no l'Agora Gallery de New York (Agora Gallery Prize 2014) ou no Milan Arts & Events Center a Milà (2015). Agora Anna abre para nós o seu catálogo e ofrécenos a oportunidade de adquirir unha destas pezas únicas en formato 60x90 (obras en técnica mixta sobre tea). Ti tamén quedarías con todas?
A QUE DESTINAREMOS A TÚA ACHEGA?
Cada libro ten un custo de máis de 10,000€ e dedicaremos a túa achega a financialos.
Creación e tradución excelentes: As autoras son a alma do proxecto e comprometémonos a coidar delas e axudalas a difundir o seu talento por todo o mundo. Traducir literatura é un traballo precioso, pero tamén complexo e laborioso. E merece ser recoñecido e pagado de forma xusta.
Deseño e edición exquisitos: Para que destaquen en medio da fértil oferta das librarías británicas, precisabamos un deseño impactante e belísimo, e Enric Jardí e Anna Pont fixeron un traballo excepcional. Ademais, o equipo de edición (liderado por min mesma, con Greg Mulhern e Carme Bou como colaboradores) dedicamos moitas horas para asegurarnos de que ler os libros de 3TimesRebel sexa un pracer en todos os sentidos.
Producción responsable: Imprimir os libros localmente (en lugar de facelo a miles de kilómetros) supón un esforzo económico extra, pero é unha decisión consciente e sostible e é o que decidimos facer.
Ademais dos libros, o resto das recompensas teñen un custo de produción e envío (ao que hai que engadir a comisión que se lle paga a Verkami: un 6.5% do total da recadación) que nos axudaría moito poder cubrir coa túa contribución, minimizando así o custo total da campaña.
CALENDARIO:
Este é o noso calendario:
Inicio de campaña: 19 de Maio.
Peche de campaña: 28 de Xuño.
Entrega dos incentivos: 1ª quincena de Xullo.
Publicación dos libros en Reino Unido: 14 de Xullo.
GRAZAS POLA TÚA AXUDA. GRAZAS POR DECIDIR SER, TI TAMÉN, 3 VECES REBELDE.
Video's music by Dan Phillipson & clips by Pexels.
36 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Bibiana Mas
Autor/a
Moltes gràcies, Ingrid! 💜💜
Ingrid
Molta sort en aquest projecte tan interessant!💪🏻💪🏻💪🏻🥰🥰🥰🥰
llacuna
De part de la Beth, és una joia.
playita
Almost there!
Begoña Ferré Díez
Molta sort! Es un projecte molt xulo!
Bibiana Mas
Autor/a
Tayo! Moltíssimes gràcies!!! 💜💜🐈⬛💜💜
Alejandro Lopez-Grado
Et desitjo tota la sort que et mereixes. O sigui, tota la del mon. Tayo
Bibiana Mas
Autor/a
Moltes gràcies, Marta! 💜📚✊🏻
Marta Homs
Una empenta per un bon projecte. Fet!
Manuela Bosch Príncep
Molta Sort en un projecte ambiciós: Desitjant que creixi al llarg del temps!!!