❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

De Ninghures | Novo traballo 2022

Despois duns anos na busca de sons e sensacións, chega o momento de facelas música no que será o noso primeiro disco.

DeNinghures

A project of

Category

0
seconds
274
Pledges
6.383€
From 5.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Despois de case tres anos rodando por concertos e foliadas, ía sendo hora de sentarse a facer aquelo polo que tanto nos preguntastes: o noso PRIMEIRO DISCO DE ESTUDO está en camiño.

Neste traballo ensinamos o noso xeito de entender a música, o xeito no que moitas mozas e mozos a vivimos e desfrutamos hoxe. Temas que soaron nos nosos directos e outros que estreamos en primicia dan vida a este primeiro disco que se gravará no próximo mes de abril.

De Ninghures ao completo no Casino 1889 de Carballo

Foto do noso guitarrista @manu_lucas_marinho

De Ninghures ao completo no Casino 1889 de Carballo

Foto do noso guitarrista @manu_lucas_marinho

DE NINGHURES quen somos

Por orde de aparición dende a esquerda na foto superior somos… Eva, Cataqui, Marta, Adrián, Tomé, Aldara, Manu e Hadrián. Oito mozas galegas de moitos lugares, e ao mesmo tempo de ninghures, que desfrutan tocando xuntas as músicas de raíz.

Oito persoas rodeadas dunha grande variedade de instrumentos que formarán parte deste traballo: viola caipira, bongos, frauta traveseira, violín, bombo, ukelele, acordeón, pandeireta, clarinete, gaita, guitarras, pandeiro, voces, cabás... Isto débese ao noso gusto por mesturar e por investigar dende unha música que tenda pontes entre culturas.

(H)Adriáns durante o concerto do 24 de xullo no Festigal (2019).

Foto do amigo Breogán Martínez Gómez @ogranbreo
(H)Adriáns durante o concerto do 24 de xullo no Festigal (2019).

Foto do amigo Breogán Martínez Gómez @ogranbreo

Nestes anos de foliadas e concertos, a música tradicional enganchounos. Pero non só a nós, senón tamén a moita xente que nos foi escoitando. E si, tamén a esa xente que pensaba que o "tradi" non está vivo. De Ninghures estivo xirando dende 2018 en polavilas, festivais, mostras e tantos outros encontros cheos de amigas, bailes e música.

Agora é o momento de deixar constancia de todo aquilo do que nos impregnamos neste traxecto.

De novo os ollos do noso @manu_lucas_marinho
De novo os ollos do noso @manu_lucas_marinho

Din que a nosa xeración ten o peso enriba de varias crises e o certo é que ter nacido a finais dos 90’s está sendo todo un reto. Pero poder escoitar o froito de meses de traballo será, con seguridade, das mellores terapias.

Podemos facelo realidade xuntas se colaborades connosco neste proxecto :)

E os cartos a onde van?

As vosas aportacións servirán para financiar os gastos de gravación, produción, manufactura e distribución do disco.

Gravar un disco non é unha tarefa fácil. Non só teremos que pagar con infinitos euros a paciencia de Arturo Vaquero durante a gravación no estudo, senon tamén a mestura, masterización, fabricación dos CD e unha serie de obras ilustradas que darán mais significado e cor ao noso traballo.

Aquí podedes ver o reparto detallado das vosas aportacións:

Para as ilustracións que serán portada, deseño interior do disco e o resumo visual de certos singles que sacaremos (hehe) estamos colaborando coa arzuá Laura Mahía. Botádelle un ollo aos seus traballos nas redes sociais e entenderedes por que contactamos con ela. Artistaza!

Calendario previsto

A gravación levarase a cabo a finais do mes de abril, polo que contamos ter os CD e os demais materiais listos cara mediados de xuño. Son tempos aproximados marcados por factores que non dependen 100% de nós, pero contamos con esas datas.

MOITÍSIMAS GRAZAS POLO VOSO APOIO!!!!!!!

Vós tamén sodes De Ninghures e as forzas que precisamos para levar adiante este traballo.

GRAZAS GRAZAS GRAZAS

+ Info

Por aquí as nosas redes sociais para que nos coñezamos mellor e sigades o proxecto.

• Instagram para que nos vaiamos familiarizando

• Facebook para máis información sobre a recadación

• Youtube para que escoitedes os nosos traballos e concertos

• Para calquera dúbida ou cuestión non dubidedes en enviarnos un correo a deninghures@gmail.com

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

31 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

• Nogueira

Nogueira

about 1 year

Animo! Aperta.

• Jose Dominguez

Jose Dominguez

about 1 year

PARABENS.MOITA SORTE.

• Sanouro

Sanouro

about 1 year

Sorte chavales!!!!

• Sanouro

Sanouro

about 1 year

Iiiiiiiijjjjjaaaaaa!!!!!

• paco nogueiras

paco nogueiras

about 1 year

Ganas de escoitalo!

• Roda

Roda

about 1 year

Sortiña rapaces!

• Lucía GFerreiro

Lucía GFerreiro

about 1 year

Mucha suerte amigos, espero veros pronto por tierras gallegas!! Un beso enorme desde la Kapi <3

• IriaFL

IriaFL

about 1 year

Moita sorte chavalada! ✨

• mercelousada

mercelousada

about 1 year

Xa casi casi

• O' Xabier

O' Xabier

about 1 year

Xente tan linda con tanto talento merecen sacar o álbume XA! :D

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.