❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Herbas da noite

Unha guía expresionista das herbas de San Xoán

Paula Lago

Un proyecto de

Creado en

0
segundos
196
Aportaciones
5.548€
De 3.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

Benvidas

Benvidas á campaña de micromecenado do libro Herbas da Noite. Unha guía expresionista das Herbas de San Xoán. Somos Dores Pereira e Paula Lago, nai e filla, e recorremos a vós para publicar esta pequena guía ilustrada que recolle os usos populares e propiedades das herbas que se apañan na véspera desta data máxica.

A noite de San Xoán

Na noite de San Xoán prodúcense distintas manifestacións de orixe pagá para celebrar o solsticio de verán: fogueiras para escorrentar os malos espíritos, rituais de fertilidade nas praias (o baño das nove ondas, por exemplo), esconxuros… Entre as máis difundidas está a recollida das herbas máxicas de San Xoán. Un ritual popular que consiste en apañar unha serie de herbas, follas e flores no serán da véspera do 24 de xuño, mergullalas en auga e poñelas a serenar durante a noite para lavar a cara pola mañá.

O que a guía contén

A guía reúne 27 plantas -coa súa denominación popular e latina-, ademáis dos trazos morfolóxicos básicos e información sobre os seus usos máis populares, ditos e receitas.

As ilustracións que acompañan ás herbas pretenden iluminar o texto de xeito expresivo, máis que ser un reflexo fiel das plantas. Para quen queira visualizalas, o libro conta cun código QR que conduce a unha web coas súas imaxes.

As recompensas

Ademais de poder adquirir o libro en edición de peto a un prezo especial tamén faremos unha edición limitada en tapa dura. Acompañaremos o libro coas seguintes recompensas:

Láminas orixinais realizadas para esta campaña. Inspirándome nalgunha das plantas que contén o libro farei novas ilustracións coa mesma técnica (podedes vela no vídeo): pintura acrílica chorreada sobre papel de acuarela formato A3(29,7x42cm).

Reprodución das láminas que ilustran o libro, en formato 14,8x21cm e impresas en papel estucado mate de 350 gr.

Láminas orixinais da artista poloreghocomaomineral feitas mediante a técnica Solar Fast: poñendo directamente as herbas sobre papel, e aplicando unha tintura fotosensible, reprodúcese unha imaxe delas cun resultado similar ás técnicas de impresión fotográfica usadas en botánica. Láminas en papel de acuarela 14,8x21cm.

Saquiña aromática de algodón de 7x10cm. Contén flores de xarxa, lavanda e romeu e vai estampada a man cunha das ilustracións do libro.

Saca limoeira: saca de algodón de 135gr de 38x42cm ilustrada cunha das plantas da guía, o limón.

Se queres adquirir O torreiro, o primeiro conto ilustrado no que colaboramos Dores e máis eu, aquí tes a oportunidade. Unha edición limitada de 100 exemplares dun relato de infancia de Dores: unha cativa que marcha á procura do leite para os seus irmáns pequenos e que se cruza no camiño cun mundo de fantasía. O libro componse de 40 páxinas de 19x20cm cosidas e encadernadas con tapa branda e lapelas de 8cm.

Es dunha asociación, centro educativo ou libraría?

Traemos esta opción para calqueira asociación, centro educativo, etc. que queira facer unha labor de difusión desta tradición. Podedes obter o libro a un prezo especial mercando o pack de 10 exemplares.

Para obter opcións de maior cantidade, poñédevos en contacto comigo en [email protected] ou deixando un comentario a continuación.

Nota

As ilustracións orixinais, reproducións e Solar Fast que vedes nas descricións deste crowdfunding son orientativas, escolleremos as máis bonitas para enviarvos.

Novo Obxectivo!

Despois de ter obtido, grazas á vosa axuda, o mínimo indispensable para poder imprimir o libro, agora marcámonos un novo obxectivo para poder mellorar a edición:

  • Unha edición maior en tapa dura (400 exemplares) das Herbas da noite.

  • A edición limitada dos 100 exemplares de O Torreiro" tamén en tapa dura.

Melloras nas recompensas
Melloras nas recompensas

Se chegamos aos 5000 € que precisamos para isto, todos aqueles que xa aportastes ao proxecto e os que aportedes nos vindeiros días, recibiredes as melloras nas recompensas que describimos a seguir:

  • Se mercastes (ou mercades nos días que quedan de campaña) calquera dos packs de tapa branda, un dos exemplares adquiridos chegaravos en tapa dura.

  • Se mercastes (ou mercades nos próximos días) un pack de tapa dura, recibiredes tamén unha sacoliña aromática e unha dedicatoria exclusiva co nome que nos indiquedes.

Quen somos

Dores e Paula
Dores e Paula

Dores Pereira traballa como profesora de Lingua Galega nun instituto da contorna e ocupouse da parte literaria, que recolle a súa experiencia persoal con estas plantas e información sobre usos medicinais, curiosidades, refráns ou cancións.

Paula Lago é Licenciada en Arquitectura e desde hai uns anos está estreitamente ligada á creación artística, en especial á pintura. Neste proxecto ocupouse da ilustración e do deseño editorial.

Podes ver o seu traballo en:
web
instagram

Elia Lago, filóloga e filla tamén de Dores, colaborou coa revisión do texto e fixo o vídeo desta campaña.

A que destinaremos as vosas achegas?

O proxecto consiste na edición de 900 exemplares en edición de peto, dun libro ilustrado de 80 páxinas a toda cor (4/4 tintas CMYK) en papel offset de 90gr. O seu tamaño é de 14,8 x 21 cm. A encadernación é cosida e as cubertas, brandas (cartulina gráfica con 2 lapelas de 12 cm). Faremos unha edición especial de 100 exemplares en tapa dura.

O diñeiro recadado irá destinado exclusivamente á impresión do libro e á elaboración de todas as recompensas. É un orzamento moi axustado pero se xeramos beneficios investirémolos en mellorar aspectos do libro, como facer unha tirada maior en tapa dura.

Imprenta = 3000 euros;

Recompensas = 500 euros;

Isto dános un total de 3500 euros que marcan o noso obxectivo!!

Calendario previsto

A edición está xa rematada, só falta o redeseño da cuberta para adaptalo á edición de peto (a imaxe da portada desta páxina é a da maqueta previa en tapa dura).

Entón, unha vez acadado o obxectivo, mandaremos o libro ao prelo para que o teñades canto antes nas vosas mans. En 3 semanas desde o final da campaña recibiredes o libro e as recompensas, con tempo suficiente para que vos familiaricedes coas herbas e poidades procuralas polo monte para o San Xoán deste ano.

Reparto das recompensas

Punto Pack é un método de envío entre comercios, en vez de ser a domicilio, o paquete chégavos a unha tenda, un “punto pack” (normalmente preto da casa). Avisaranvos ao enderezo electrónico que facilitastes cando chegue o paquete. Unha vez chegou ao destino, tedes 14 días para recollelo. Todo ben embalado e protexido con papel de burbullas para que chegue perfecto ás vosas mans.

Puntos de recollida

+ Info

Podedes seguir a páxina que deseñei especificamente para este proxecto, así como o resto de redes sociais onde expoño o meu traballo.

web das herbas

instagram de paula

facebook de paula

Grazas polo interese!

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

12 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • María Jesús

    María Jesús

    casi 2 años

    Bo día,

    Confirmo asistencia para este 7 de abril na Escola de Artes e Oficios de Vigo.

    Con moitas ganas de vervos e de obter ese manuscrito tan valioso! Un bco!

  • Rocío Barreiro Rodríguez

    Rocío Barreiro Rodríguez

    2 años

    Bo día,

    Asistirei á presentación que realizaredes en Chicoria. Xa recollo alí os meus exemplares.

    Aperta!

  • María Jesús Suárez Núñez

    María Jesús Suárez Núñez

    2 años

    Noraboa por este precioso proxecto!

  • mariaribes

    mariaribes

    2 años

    Un proyecto precioso!!!

  • Manayi

    Manayi

    2 años

    Ánimo, a por las tapas duras!!

  • Albafletcher

    Albafletcher

    2 años

    Non podo esperar a telo nas mans e analizalo coa miña nai e meu pai. Parabéns Paula por este increíble traballo! 💙

  • aula_d

    aula_d

    2 años

    Con moitas gañas de ver materializado este fermoso proxecto do que, co teu permiso, sentímonos tamén un pouco partícipes. Parabéns Paula !

  • Gabriel Julian

    Gabriel Julian

    2 años

    Nos conocimos tomando una caña y un bocadillo de calamares con un amigo que tenemos en común. Me explico tu proyecto y me encantó. Ahora ya estoy deseando recibirlo. Un fuerte abrazo

  • Ana Bravo

    Ana Bravo

    2 años

    Que maravilla poder participar es este proyecto! Muchas gracias!!

  • Yolanda

    Yolanda

    2 años

    Precioso libro!,deseando poder regalárselo a mi hija

0 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

#16 / Presentacións das Herbas.

Esta finde é o Día do Libro e grazas a vós podemos estar coas Herbas conmemorándoo! O sábado participaremos na Feira do libro das Neves, se vos achegades poderedes ollear as ilustracións orixinais e se queredes, inda agasallar algunhas novas Herbas ou O Torreiro, estaremos Dores máis eu para asinárvolas.

E pola tarde por fin na nosa terra, Atios, que emoción! Estaremos na Casa cultural, ás 19.30h, expoñendo o proxecto nun evento organizado pola Asociación Cultural Os Penediños de Atios.

Faltan só por entregar algúns exemplares, estívose corrixindo un erro de imprenta. Ás que inda non vos chegou, grazas pola paciencia!

E sobre todo, grazas por apoiarnos neste proxecto. Agora queda levalo por Galiza adiante, agardamos teña tan boa acollida como no Crowdfunding!

Aquí unha imaxe da presentación na Escola de Artese Oficios de Vigo

#15 / Rematando envíos!

Xa enviamos o groso das recompensas, faltan algúns dos packs de tapa dura e os Solar fast. Agardamos ter todos os envíos feitos antes de Semana Santa!

Finalmente decidimos enviar por Correos porque ten máis cobertura nas vilas pequenas. Recibiredes un aviso no buzón para ir recoller o voso paquete.

Esta semana estaremos presentando o libro Dores máis eu na Escola de Artes e Oficios de Vigo, o xoves, ás 19.30h e na Libraría Couceiro de Compostela o venres, ás 19,30h. Agardámosvos!

#14 / Preparando os primeiros envíos

Ola mecenas, están inda saíndo os libros do prelo...atópanse en proceso de encadernación, pero xa temos os primeiros exemplares e pouco a pouco iremos Dores mais eu asinando e preparando os envíos. Grazas pola paciencia!

Por certo que mañá, 31 de marzo, estaremos no Porriño, en Chicoria Ultramarinos, presentando o libro, quen poida achegarse, benvido é!

Reservas en [email protected] ou 886131847_679571115

#13 / Reproducións e saquiñas en marcha

Por motivos de saúde, non vou poder estar presente asinando e organizando os packs, por iso, esta fin de semana anúlanse Ponteareas e Atios como puntos de recollida das recompensas.

Dores si que estará en Ponteareas, asinando o libro na Feira de Ciencias, animádevos a achegarvos e conversar con ela, poderedes ver o libro en directo, estades convidados!

A semana próxima xa nos poderemos poñer xuntas a preparar os paquetes.

Desculpade as molestias, non me acompañou a sorte :/

#12 / Asinando os orixinais!

Achégase o día de ter o libro nas mans. Esta fin de semana comezaremos coas presentacións. E o luns xa nos poremos coa preparación dos paquetes para os envíos. Recordade encher o formulario, ou no seu defecto avisarnos para recoller o libro e recompensas en man nos puntos de presentación do libro

Primeiras datas e lugares de presentacións confirmados:

25 Marzo - Ponteareas - Feira das Ciencias

26 Marzo - Atios - Casa cultural

31 Marzo - O Porriño - Chicoria Ultramarinos

7 Abril - Vigo - Escola de Artes e Oficios

8 Abril - Compostela - Libraría Couceiro

9 Abril - Vigo - Simia Coworking

E outras máis que estamos concretando...Enviaremos cartaz ao voso mail con todas as datas confirmadas e horarios estos días.

#10 / Chegaron as sacas limoeiras!

Seguimos avanzando coas recompensas. Xa temos as sacas na casa! Ben bonitas quedaron :)

Como pudestes ver enviámosvos os formularios. Inda que logo con algúns de vós, por cercanía, amañemos outros xeitos de entrega, é bo que enchades os datos para envío e factura, así teremos todo ben clasificado e ordenado. Ás que mercastes tapas duras a parte, non vos faremos repetir o formulario, temos todos os datos de pedidos e xa nos ocupamos nós.

Estamos a organizar presentacións do libro en diferentes puntos da Galiza. O primeiro confirmado será na Semana da Ciencia de Ponteareas. Iremos informando de datas por se vos vén mellor recollelo nalgún dos lugares de presentación.

Avante as Herbas! :)

#09 / As herbas están xa no prelo!

Esta mañá comezou a impresión do libro! Grazas a Gráficas Ezponda que están levando a cabo esta importante labor. As reproducións das Herbas e O Torreiro tamén están xa listos para entrar en máquinas os próximos días!

#08 / Grazas!

Foto: Elia Lago
Foto: Elia Lago

Como xa saberedes, onte, día 6 de marzo, rematou a campaña do Crowdfunding. Grazas a vós superamos con creces o obxectivo inicial!

Agora estamos ultimando detalles do libro para o envío ao prelo e preparando as recompensas! Nuns días, cando teñamos isto encamiñado, enviarémosvos un correo cos formularios para que o preenchades cos vosos datos e enderezos de envío.

Iremos informando dos progresos no traballo. Grazas pola paciencia!

#07 / Conta atrás!

Dores xa ve máis preto o libro, e eu tamén 🙂. Quedan só 2 días do Crowdfunding! Hoxe mandaremos unha proba ao prelo para revisar que todo estea perfecto e para a semana xa a versión definitiva! Contamos para finais de marzo-principios de abril ter todo preparado para enviarvos libro e recompensas a onde indiquedes. A partir do día 7 de marzo, unha vez pechado o crowdfunding, faremos a compilación de enderezos de envío.

Se coñecedes a alguén que estea interesado en aprender das herbas, xa sabedes, última oportunidade para adquirir o libro e recompensas! e grazas de novo, non pensabamos chegar tan lonxe coa campaña!🙂

Foto: Elia Lago

#06 / Acadado o 2º obxectivo!

Grazas mecenas! Chegamos ao segundo obxectivo polo cal poderemos mellorar a edición e haberá os complementos anunciados nas recompensas:

  • Se mercastes calquera dos packs de tapa branda, un dos exemplares adquiridos chegaravos en tapa dura.

  • Se mercastes un pack de tapa dura, recibiredes tamén unha saquiña aromática e unha dedicatoria exclusiva co nome que nos indiquedes.

Quedan pouquiños días de campaña e adicarémolos a dar a última revisión ao libro (na imaxe, Dores repasando o texto) e á preparación das recompensas. Podedes inda conseguir o libro e as citadas recompensas ata o 6 de Marzo. Que emoción! :)

#04 / Novas recompensas!

Para esta segunda parte da campaña, respondendo ás peticións que nos fixestes chegar algunhas mecenas, poñemos ao voso dispor estas dúas novas recompensas que podedes sumar a calquera pack adquirido:

Posibilidade de mellorar calquera exemplar de tapa branda cunha tapa dura.

Se chegamos ao segundo obxectivo, de calquera xeito, haberá melloras nas recompensas, dependendo do pack, en forma de: tapa dura, saquiña aromática ou 2 reproducións das láminas das herbas asinadas.

Posibilidade de engadir o Torreiro a calquera pack.

#03 / Ilustracións orixinais para as mecenas!

Preparando as ilustracións orixinais para as mecenas do noso libro! Esta é a primeira tanda das Herbas que corresponde ao "Pack tapa dura". Como vedes, deille duro, están as herbas inda frescas.💪🌿😊

Estades a tempo de adquirir o libro e calquera recompensa para vós ou os vosos familiares e amigos. Máis achegas farán que poidamos facer unha mellor edición.😊💌

Grazas!
⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀

#02 / Novo obxectivo!

As Herbas medran cada vez máis!

Unha vez acadada a cantidade mínima no Crowdfunding para levar o proxecto adiante (puxemos un mínimo moi axustado), marcaremos un novo obxectivo de +1500 euros. Se recadamos esa nova cantidade nos días que restan ata o 6 de marzo do 2022, usaremos estes cartos para mellorar a calidade da edición do seguinte xeito:

  • Faremos unha edición maior en tapa dura (400 exemplares) das Herbas da noite.

  • Imprimiremos a edición limitada dos 100 exemplares de O Torreiro tamén en tapa dura.

A tapa branda é bonita pero a dura, inda máis.

Se o logramos, as novas mecenas e as que xa mercastes ata agora, recibiredes as seguintes recompensas:

  • Se mercastes (ou mercades nos días que quedan de campaña) calquera dos packs de tapa branda, un dos exemplares adquiridos chegaravos en tapa dura.

  • Se mercastes (ou mercades nos próximos días) un pack de tapa dura, recibiredes tamén unha sacoliña aromática e unha dedicatoria exclusiva co nome que nos indiquedes.

leer más

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies