❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Como augua de torbón. Guerra civil y represión franquista nel estremo noroccidental d’Asturias

A historia d'úas víctimas hasta agora anónimas enmarcada nel contexto político y sindical da zona.

Category

Created in

0
seconds
154
Pledges
5.677€
From 2.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Como augua de torbón. Guerra civil y represión franquista nel estremo noroccidental d'Asturias é un llibro nel qu'empecéi a trabayar hai sete anos. Quixen cuntar a historia d'aquellas personas que s'atreveron a soñar con un mundo miyor, máis xusto, y que, por defender esos ideales, pagáronlo cua súa vida, cua prisión, col exilio ou, condo las tían, cuas súas propiedades. Pro tamén é a historia das súas familias, d'úas vidas marcadas pola probeza y, sobre todo, pol silencio y el medo.

Nestos sete anos fun xuntando datos sacaos de bibliografía y hemerotecas, das causas xudiciales abertas polos sublevaos y da documentación militar y municipal, pro tamén faléi con muitos fiyos y netos das víctimas, pra que me cuntaran a súa historia. El resultao é este llibro. Nas súas páxinas recóyense todos os casos que puiden localizar da represión desatada nos conceyos del estremo noroccidental d'Asturias despóis de que foran ocupaos nel brao de 1936 por úa columna militar del Exército sublevao. El territorio estudiao coye os conceyos de San Tiso d'Abres, A Veiga, Taramunde, Vilanova, Santalla y Samartín d'Ozcos, Castripol, Tapia, El Franco, Cuaña, Navia, Villayón, Bual y Eilao.

125 asesinaos, 81 fusilaos despóis d'un conseyo de guerra, medio centenar de cayidos en combate, úa treintena de mortos por fame y enfermedades nas cárceles que sumar al camín das 400 personas que pasaron por prisión, ademáis d'outro medio centenar d'exiliaos. Ese é el balance da represión franquista sobre os nacidos ou vecíos da zona estudiada, alomenos cua información que puiden atopar.

El llibro tamén analiza el contexto histórico y político local nos anos da Segunda República, cunta os menos de quince días despóis del golpe militar en qu’a zona tuvo baxo el control das autoridades republicanas, esplica a entrada das tropas rebeldes y afonda despóis nos mecanismos de represión xudicial y estraxudicial que sufriron as personas significadas como d'esquerdas. Pro tamén fala d'outros aspectos como a organización local da Falanxe, a represión específica contra as muyeres, os fugaos y escondidos, os campos de concentración, as depuracióis ou a represión económica.

Caravana de vehículos da columna sublevada cruzando A Veiga (Archivo de José A. Ferrería Freije).
Caravana de vehículos da columna sublevada cruzando A Veiga (Archivo de José A. Ferrería Freije).

Anque se fala de todas as víctimas, por mínima que sía a información que téñamos d'ellas, el última parte del llibro céntrase nas biografías de 100 casos particulares dos que se puido atopar máis datos y qu'ás veces incluyen a máis d'úa persona condo as víctimas eran parentes.

El obra ta escrita nesta llingua que tou usando, el gallego-asturiano, a llingua que falaban as máis das víctimas. A súa historia nun podía cuntarse d'outro xeito máis que cuas súas palabras.

Aquí podedes ver dalgúas páxinas soltas del llibro pra que vos fágades úa idea:

Sobre min

Chámome Xosé Miguel Suárez Fernández (Mántaras, Tapia, 1965). A mía formación é d'historiador y de filólogo. Del medio centenar d’artículos publicaos sobre cuestióis etnográficas, históricas, musicales, toponímicas, llingüísticas y lliterarias, os máis d’ellos tán referidos al estremo máis occidental d’Asturias. Entre outros, publiquéi os llibros Vocabulario de Mántaras. Aportacióis al léxico del galego-asturiano (1996), ¡Xa chegan os Quirotelvos! Gaiteiros, cuartetos y outros músicos populares nel estremo occidental d’Asturias (2006), Unde letras falan. Antoloxía da poesía en galego-asturiano (1891-2006) (2006) y El Teatro Aldeano da Biblioteca Popular Circulante de Castripol (1929-1934) (2009). Repararedes en que me gustan os títulos llargos y en qu'este proyecto que vos presento sería el meu primeiro llibro dedicao específicamente á historia.

A recompensa

El llibro Como augua de torbón vai ter 784 páxinas impresas a úa tinta sobre papel estucao mate de 115 g, y un formato de 17 x 24 cm. Lleva cuberta a 4 tintas sobre papel estucao mate de 300 g, plastificada mate y solapa de 10 cm.

A maquetación tanto del interior como da cuberta féxola el diseñador Eduardo Carruébano. A edición y a distribución comercial posterior vai correr a cargo d'Ediciones Trabe.

Se m'axudades con este proyecto, ides a ter el llibro a un precio especial de 30 euros, con opción a que volo mandemos por correo ordinario (sempre dentro da Península y Baleares) con un suplemento pra gastos d'envío. Pra quen nun escoya esta opción, el llibro vai poder recoyerse personalmente en dalgúa das presentacióis públicas que se van fer ou tamén na llibreiría d'Ediciones Trabe en Uvieo.

A qué imos destinar os cuartos

El obxetivo é cubrir os gastos d'impresión del llibro. Se superamos a cantidá, poderemos aumentar a tirada.

Calendario previsto

El llibro vaise mandar a imprenta en conto acabe a campaña de crowdfunding, así qu'esperamos que lo pódamos ter a últimos de setembre ou primeiros d'outubre, pra nese mes fer rápido os envíos, a presentación y as entregas.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Mariela Maceira

    Mariela Maceira

    26 days

    Quiero leer este libro!! Mis abuelos gallegos que emigraron a Uruguay , vivieron esa época con mucha angustia por lo que dejaron atrás. Tengo una anécdota muy Bonita, que si el autor quiere conocerla se puede poner en contacto conmigo. Actualmente vivo en Asturias y soy médico de familia. Trabajé casi 5 años en los Oscos y me resultó una experiencia hermosa el compartir con sus gentes. Gracias!!

Go back to all the updates

#03 / Un artículo d'opinión nel diario "Público"

Nun paso importante pra dar a conocer el meu proyecto, ayer publiquéi un artículo d'opinión nel diario dixital Público unde me refería a que, por muito qu'a dalgús sectores yes moleste que s'investigue a guerra civil y a represión del franquismo, sigue sendo necesario botar lluz nesa etapa escura das historias locales. Evidentemente, tía que titulallo "Sí, otro libro más sobre la guerra civil".

Este é el enllace al artículo:
https://blogs.publico.es/verdad-justicia-reparacion/2021/08/21/si-otro-libro-mas-sobre-la-guerra-civil/

0 comments

Log in or Sign up to comment this entry.

#04 / ¡Gracias a todos y a todas! ¡El llibro xa entróu en imprenta!

Condo abrín a campaña pra imprimir Como augua de torbón, fíalo cua convicción de qu'el llibro tía que salir, fora el que fora el resultao. Así y todo, ademáis de pol axuda económica qu'iba supoñer pra fer frente á úa tirada mínima d'un obra tan voluminosa, quería saber se el proyecto podía interesar á xente. Trata un asunto difícil, abarca un territorio mui localizao y ta escrito núa llingua minorizada, así que tía dudas de cómo podía ser el acoyida del crowdfunding. Como podedes comprobar, a campaña foi muito ben. ¡Nada menos que 146 mecenas y 173 llibros pedidos! Muitos y muitas dos que participastes sodes familiares das víctimas, pro a outros nun vos conozo y confiastes igual nel proyecto. Espero que condo téñades el llibro nas maos nun vos defraude. Nun podo tar máis contento y por eso quero darvos as gracias.

Por certo, el llibro xa se mandóu a imprenta pra que chegue a tempo prá presentación, que se vai fer el domingo 3 d'outubre, en Tapiaread more

#03 / Un artículo d'opinión nel diario "Público"

Nun paso importante pra dar a conocer el meu proyecto, ayer publiquéi un artículo d'opinión nel diario dixital Público unde me refería a que, por muito qu'a dalgús sectores yes moleste que s'investigue a guerra civil y a represión del franquismo, sigue sendo necesario botar lluz nesa etapa escura das historias locales. Evidentemente, tía que titulallo "Sí, otro libro más sobre la guerra civil".

Este é el enllace al artículo:
https://blogs.publico.es/verdad-justicia-reparacion/2021/08/21/si-otro-libro-mas-sobre-la-guerra-civil/

#02 / Dando a conocer el proyecto na radio

Ún dos obxetivos de Como augua de torbón é qu'os familiares y vecíos das víctimas conozan a súa historia y que sepan qu'agora hai un llibro que las vai recoyer. Hoi entrevistáronme en SER Occidente, a emisora de Navia que cubre a información local da zona qu'abarca el llibro, todo el noroccidente asturiano. Tuvemos falando un bon pedazo sobre Como augua de torbón, cómo nacéu a idea, as dificultades qu'atopéi, el trato cos familiares y a necesidá de qu'as víctimas da represión sían reconocidas como merecen. Tamén aprovetéi pra difundir na zona el crowdfunding del llibro.

Se vos apetece, aquí podedes escuitar a entrevista:
https://ort-ort.com/2021/08/60412/

#01 / ¡Xa garantizamos qu'el proyecto vai avante!

Gracias a todos y a todas as mecenas que fixeron a súa contribución á campaña, xa se chegóu al obxetivo mínimo de financiación que puxera pra poder sacar el llibro. Agora, como esplicaba nel proyecto, todo el que se poda recaudar máis alló d'esta cantidá vaise usar pra miyorar a tirada y pra pensar en posibles reimpresióis, pro tamén é úa axuda pra saber cónta xente ta interesada en ter el llibro. El qu'importa é difundir a historia das víctimas y xa ye demos el primeiro puxón. ¡Inda quedan 28 días!

Por certo, este xoves 19 d'agosto, ás sete da tarde, nel Área Recreativa do Chao (San Tiso d'Abres), hei a tar na xornada Día da memoria, dentro da Semana Cultural qu'amaña el asociación cultural San Tirso del Eo. Vai tar Fernando García Rodríguez presentando el sou llibro Memoria de Arnaoread more

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.