A plantiña e a fórmula da fotosíntese perfecta é o novo conto da colección Contos para entender o noso planeta, que busca achegar á cativada ao proceso da fotosíntese a través dunha divertida historia que protagonizan unha plantiña e a denociña Mariña.
Características dos libros
Os contos imprimiranse en tapa dura e terán un tamaño de 14,8 x 21 cm (A5 pechado).
Sobre as autoras
A idea do noso proxecto parte de María Mosquera, nai dunha nena, cansada de non atopar apenas contos cos que a súa filla aprendese, ademais de entreterse. Todas as noites inventaba un relato sobre cousas que interesaban á súa pequena: Por que sae o arco da vella?, por que hai tormenta?, por que chove?, como comen as plantas?...
Así, un día comentoulle a Paula Cheshire que era unha mágoa que se perdesen todas aquelas historias. Faltaron poucas palabras e un par de cálculos para poñerse a traballar e que a colección comezase a tomar forma. A primeira campaña en Verkami, na que se puideron publicar tres contos en tapa blanda, tivo moi boa acollida, superando o obxectivo grazas a 200 mecenas.
Paula Cheshire é unha deseñadora gráfica que sempre quixo ter a oportunidade de ser ilustradora de libros infantís. Hoxe, o seu soño está un pouquiño máis preto. María Mosquera é unha xornalista que busca achegar o seu granito de area á literatura para nenos e así poder compartir as historias que ela e a súa filla repasan cada noite antes de durmir.
Sobre as recompensas
Preparamos diferentes recompensas para que poidas colaborar coas achegas que máis encaixen co teu peto ou os hábitos de lectura dos teus cativos.
Conto en formato dixital: PDF (GL)
Conto en papel (GL)
Postais para pintar os personaxes principais (GL)
Pack de 3 contos en tapa blanda: A gotiña de auga que quería ser especial, Dúas nubes e unha gran liorta e A lúa, o C e o D
A que van destinadas as vosas achegas
Os cartos que recademos irán destinados a sufragar os custos de impresión, cubrir o traballo de deseño e edición e os gastos de xestión, de envío e a elaboración das propias recompensas.
Calendario previsto
Os contos xa están preparados para enviar a impresión. Se logramos o obxectivo, en 15 días estarán listos para enviar. Estimamos que os exemplares chegarán ás vosas casas tres semanas despois de que remate o crowdfunding.
12 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Laura Vidal Gómez
Moitas grazas por informar, desexando de telos nas mans. E noraboa!
Cuentosentenderplaneta
Author
Ola! Nestes próximos días solicitaremos a dirección e a finais de mes faremos os envíos. O conto xa está en imprenta! Grazas de novo pola túa achega, Laura!
Laura Vidal Gómez
É a primeira vez que me fixen mecenas, e queria saber cando mandan o email para saber os nosos datos parA mandar os exemplares. Grazas
Ángela Estévez Rey
Noraboa!!
Cuentosentenderplaneta
Author
Grazas!!
Fátima Martínez González
¡Os deseo lo mejor con este proyecto, chicas!
Bita Tararí
Qué ganas de tenerlo!
Cuentosentenderplaneta
Author
Grazas Alicia e Victoria! 😍
Alicia
Me encantan vuestros cuentos, hermosas historias y muy educativos. Con ganas ya de verlo. A mis hijas le encantan
Victoria
Sorte!! 🍀