❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Sempre Fixe EP

FIXE Trío imos lanzar o noso primeiro EP "Sempre Fixe". Queres axudarnos a conseguilo?

Fixe Trío

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Vigo
0
segundos
136
Achegas
3.135€
De 3.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Portugués e Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Comezamos a nosa andaina a principio do ano 2020 sen saber todo o que viría despois. Inda así, ningunha dificultade conseguiu mermar os nosos pulos de continuar.

No mundo sonoro de Fixe trío poderás atopar composicións propias e cancións populares do mundo. Unha viaxe atlántica de músicas e verbas que rezuman agarimo, consciencia e liberdade.

Un proxecto que agroma da vontade de xerar un espazo onde poder expresar as nosas inquedanzas e desexos a través da música.

Con este crowdfunding queremos poder costear os gastos do noso primeiro EP “Sempre Fixe”.

Gustaríache formar parte?

en concerto
en concerto

Sobre as recompensas

No panel que tes ao lado poderás atopar un listado de recompensas. Elixe a que prefiras e te encaixe mellor.

Tódolos CDs irán con adicatoria en agradecemento á vosa confianza e apoio. MIL GRAZAS de ANTEMÁN

E sabes que? ... A nosa compañeira cellista e multidisciplinar, Blanca Marigómez Subversiva Desing, foi a artista que fixo o deseño do logo e da carauta do disco. E non só iso, senón que fará unha a unha as vosas camisetas e bolsas coa técnica de sublimación. Así que se optades por esa recompensa que saibades que son produtos "muito fixe".

Sempre que poidamos (para aquelas persoas afincadas na provincia de Pontevedra) entregaremos as recompensas en man. Así de paso poderemos agradecervos a achega en persoa e coñecervos.

Se non vivides nesta provincia, podemos facer envíos cos custes que aparecen refrexados no panel de recompensas (nacionais e internacionais).

Bolsa co logo de Fixe Trío
Bolsa co logo de Fixe Trío

Camiseta coa portada do EP Sempre Fixe
Camiseta coa portada do EP Sempre Fixe

Quen somos

Xela Conde F.: voz e diversos instrumentos

Blanca Marigómez: cello e coros

Joel Fontán: guitarra e voz

E tamén contamos con máis xente marabillosa na equipa como; Xosé Liz, Paula Gómez, Pablo Dosio ...

... * E agora tamén tí!*


A que destinaremos as vosas achegas

Integramente a elaboración do CD e parte da súa publicidade.

1400€ - Fabricación de Cds

600€ - Edición musical

250€ - Deseño e materiais

250€ - Vídeo promocional

150€ - Publicidade

350€ - Xestión

moi ilusionadas gravando o disco
moi ilusionadas gravando o disco

Calendario previsto

Ao mesmo tempo que estás lendo isto nós estamos escoitando e escoitando a gravación para axeitar a mezcla e masterización.

A nosa idea e enviar o resultado a fabricar a finais de abril/principios de maio para poder ter o disco físico de cara mediados/finais do mes de maio e poder comezar a facer as entregas o antes posible.

Estamos traballando arreo para que isto sexa así, e co teu mecenazgo seguro que o conseguimos!

Nas vindeiras semanas iremos poñendo por aquí e nas nosas redes os concertos de presentación que teremos próximamente e nos que estaremos encantadísimas de recibirvos coa nosa música e gratitude.

+ Info

Pódesnos atopar en:

Facebook: @fixe.trio

Instagram: @fixe.trio

E se tiveras algunha dúbida ou suxestión podes comunicarte con nós a través de Verkami ou cunha mensaxe nas nosas redes.

MIL GRAZAS DE NOVO!

VÉMONOS PRONTO!

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

19 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Blanca Marigómez

    Blanca Marigómez

    4 anos

    Miña aportación é un CD para mi hermana-colrga María

  • Fixe Trío

    Fixe Trío
    Autor/a

    4 anos

    Esta achega vai de parte de Itziar :-)

  • Mariana

    Mariana

    4 anos

    Vamos Fixeamigos!!

  • Marta Córdoba

    Marta Córdoba

    4 anos

    ÁNIMO FIXE TRÍO!!!!!

  • Juanpi

    Juanpi

    4 anos

    Deseando escoitarvos!

  • Fixe Trío

    Fixe Trío
    Autor/a

    4 anos

    Esta achega vai de parte de Jacobo :-)

  • Ina

    Ina

    4 anos

    Forza e resistencia

  • Mowgli

    Mowgli

    4 anos

    Yupiii camiseta Muller talla M

  • Mowgli

    Mowgli

    4 anos

    Yupiii camiseta Muller talla M

  • Fixe Trío

    Fixe Trío
    Autor/a

    4 anos

    Esta achega vai de parte de Nieves :-)

#03 / Concerto-Presentación Sempre Fixe EP

Din dirindin! 🎏✨

Estamos tan ledas de anunciarvos que o próximo día 9 de Xullo ás 21h30 faremos o concerto de presentación do EP nos Xardíns do Pazo de Mos (Vigo).

Contaremos coa colaboración de artistas e músicas moi queridas e próximas ao proxecto, e algunha que outra sorpresa. 🔮

⬇️⬇️⬇️

Reserva de entradas ata completar aforo

no seguinte enlace:
bit.ly/3dwIBeT

bit.ly/3dwIBeT
bit.ly/3dwIBeT

ler máis

#02 / Sempre Fixe EP xa está no forno!

Bo día, mecenxs

Queremos compartir con vós a ilusión de saber que as recompensas xa está en proceso de fabricación! Iuhuuu!

En relación aos CD's, previsión é que saian do forno a comezos de Xullo e de ahí que cheguen ás vosas mans durante as primeiras semanas do mes.

Moitas grazas a todas as que preenchestes os formularios, nos facilita moito a xestión das recompensas. E para as que ainda non o fixestes, ainda estades a tempo!

Saúdos,

Fixe Trío

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies