❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Discover the 10 most exciting projects of 2019!

GUIA DEFINITIVA DOS PEIXES DA GALIZA

Unha guía naif, culta e definitiva para coñecer os peixes e peixiños dos mares galegos.

Category

73%
32
days
158
Pledges
4.775€
From 6.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Benvinda

Benvidas e benvidos á páxina do proxecto de subscrición popular da Guía definitiva dos peixes da Galiza. Somos Pancho Lapeña e Nacho Munilla e solicitamos á vosa axuda para sacar adiante esta nosa segunda guía definitiva.

O que a guía contén

Na «Guía Definitiva dos Peixes da Galiza» describimos 51 peixes dos mares galegos, damos conta dos seus múltiples nomes e máis arrexuntamos algúns dos ditos, contos e fantasías que eles protagonizan.

Presentados e representados por parellas en fermosas ilustracións orixinais, a meirande parte deles cumpren coas condicións seguintes: son de tamaño pequeno ou mediano; son comúns; e son doados de observar nas augas das costas atlánticas ibéricas no radio de acción dunha persoa que saiba mergullar a pulmón (ou cando menos propulsarse pola superficie da auga cos óculos de mergullo postos).

A guía é igualmente útil en todo tipo de peixarías.

Aqui un exemplo dunha observación que será doadísima de identificar coa axuda da nosa guía:

Definitivaa?

É definitiva porque quere ser o segundo volume dunha colección de guías definitivas (a primeira foi a Guía definitiva das aves da Galiza). As definitivas son guías concebidas como obras de divulgación totais, úteis e atractivas para pequenos e maiores, para legos e iniciados, para espíritos sistemáticos e para espíritos románticos.

As orixes desta guía

O proxecto que propiciou este libro de peixes que tes nas mans é consecuencia dunha teima impulsora que ficou latente por moitos anos no corazón do máis novo de nos, de Pancho, a quen sempre lle buliu no corpo a idea de desfacer o galimatías dos nomes dos peixes na Galiza.

Despois de ter asistido ao longo dos anos a centos de debates espontáneos entre xentes do mar sobre cal era ou cal non era o nome de tal ou cal peixe, un día da primeira decena do mes de xaneiro de 2017, segunda feira, Lapeña, toucado de pucho de la, calzado cunhas deportivas Converse e vestido cunha camiseta mordida na fita do pescozo, pantalon de camuflaxe multipetos e casaco, saíu da casa no seu carro, levando por únicas armas un cartafol con 26 láminas orixinais de peixes en parellas disposto a comezar coa recompilación dos nomes que se lle dan aos peixes no país.

Nos catro portos que percorrera naquela primeira aventura faláronlle dela. Nos catro lle dixeron que xa unha muller pasara por alí hai moitos anos preguntando como preguntaba el polos nomes dos peixes. E foi por iso, porque o seu plan orixinal xa non tiña sentido, que o traballo previsto sobre o léxico asociado aos peixes mudou, ao mesmo dia de comezar, nunha investigación detectivesca sobre a identidade dunha lexicógrafa que se lle adiantara 50 anos. A solución do enigma, a chave da identidade desa muller foi resultado dun xiro insospeitado nun lugar ata certo punto inverosímil: a máis traxica e deserta das illas galegas, Coelleira.

A illa Coelleira, lugar tráxico aínda que propicio ás revelacións.
A illa Coelleira, lugar tráxico aínda que propicio ás revelacións.

Sobre nós mesmos

Nacho Munilla e Pancho Lapeña comparten estirpe, modos de afrontar a vida e actitudes parellas fronte as marabillas da natureza, que eles adoitan ver nas cousas pequenas e minúsculas. O da estirpe compartida ven do feito de proceder ambos da unión dunha muller de Ourense cun home de Soria. Tan improbable circunstancia explica o nome que lle dan ao seu proxecto editorial conxunto: sorianourensana de libros. Nacho é doutor en bioloxía amante do estudo e contemplación dos mares e das criaturas que neles viven. Pancho fai por combinar disciplinas aparentemente inmiscibles como a arte musivaria e a filosofía. Pancho é un gran mergullador, Nacho deféndese mellor na superficie.

Do destino das vosas achegas

Concretamente, o proxecto consiste na maquetación e edición de 1000 exemplares dun libro ilustrado de 120 páxinas a toda cor (4/4 tintas CMYK) en papel offset reciclado e con cubertas duras de 17 x 24 cm.

Os cartos que pedimos vanse invertir logo en tres partidas.

  • Partida grande: Imprenta = 5500 euros;

  • Partida mediana: Maquetación = 750 euros;

  • Partida pequena: Outros menesteres = 250 euros;

A suma das anteriores partidas debería dar os 6500 euros que marcan o noso obxectivo!!

Calendario previsto

Nestes momentos a edición está practicamente rematada e xa comezaron as labores de maquetación a cargo de Masako Hattori. Contamos logo con rematar a edición durante a campaña convosco para xa mandar o libro ao prelo canto antes. Despois haberá que contar con 2-3 semanas de imprenta. Se todo vai ben a xente recibirá o seu libro persoal, único e intransferible ao pechar a campaña. Si, queremos telo listo para o Nadal.

Reparto das recompensas

Enviaremos as recompensas polo Correo, os libros en sobres con camisa de burgullas e as láminas en sobres de cartón estreitiños e grandeiros. Chegaravos unha notificación a casa para que pasedes a recoller a vosa recompensa pola Oficina de Correos.

+ Info

Dado que non formamos parte de rede social dixital ningunha non temos perfil que vos amosar. Mais se de verdade queredes facervos unha idea boa das nosas habilidades editoriais por favor visitade a páxina de Verkami do noso anterior proxecto a Guia definitiva das aves da Galiza. Varios dos deseños de Pancho pódense contemplar aquí. Nacho desenvolve a súa actividade profesional baixo o paraugas de MunillaBiodiversidade.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

8 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Mercedes de la Torre García

    Mercedes de la Torre García

    2 days

    Es precioso. Espero que el proyecto llegue a buen puerto ;-)

  • Thais Núñez

    Thais Núñez

    2 days

    Polo vento e polo ar! Fermosura de recursos. Parabéns!

  • Pablo

    Pablo

    2 days

    Ánimo

  • Daniel Cáceres

    Daniel Cáceres

    3 days

    Hola! Soy Daniel Cáceres :) me gustaría la lámina de la solla y el rodaballo :D Gracias

  • quimet

    quimet

    3 days

    moitas grazas por este segundo libro!

  • MIGUEL MUNILLA

    MIGUEL MUNILLA

    4 days

    TEDES QUE FACER ALGO TAMEN EN CASTELAN..

  • Ola Carolina! Polo de agora non temos artellado o xeito de vender láminas por separado. É unha cousa da que temos falado máis nunca a demos resolto. Sentímolo.

  • CAROLINA FERNANDEZ

    CAROLINA FERNANDEZ

    6 days

    Boas noites. Pódense mercar as láminas por separado da compra do libro? Grazas e bo comiño tamén con este libro!

#02 / PASAMOS DO 50%!!

Obrigadísimos ás persoas todas que están a impulsar esta travesía. O barco navega dereito e albíscanse xa as luces do porto!!

Proa á illa
Proa á illa

#01 / XA CHEGAMOS AO 25% DO NOSO OBXECTIVO!!

Hoxe ás 20:00 chegamos ao 25% do noso obxectivo. Estamos emocionados!! Moitisísimas grazas polas vosas aportacións. Con mecenas coma vós esta travesía vai ser ben doada.

Alí ao lonxe, xa falta menos!
Alí ao lonxe, xa falta menos!

Cookies help us to offer you the best experience. Settings