❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Campaña de catalogación e difusión ano 2021

Programa de catalogación e difusión de seis elementos do patrimonio industrial da ría de Vigo durante o ano 2021.

Vigo Industrial

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
39
Aportaciones
1.202€
De 1.800€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

Vigo Industrial naceu a comezos de 2018 como un proxecto colaborativo de catalogación, difusión e posta en valor do Patrimonio Industrial dos concellos da Ría de Vigo (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Redondela, Vigo, Nigrán, Gondomar e Baiona).

Dende comezos deste 2020 (xusto antes da pandemia), Vigo Industrial tamén está constituída como asociación cultural, para así poder tamén desenvolver axeitadamente os obxetivos do proxecto polas canles oficiais.

Pero a parte central do noso proxecto segue a ser a elaboración dun catálogo web no que mediante fichas individualizadas recóllense documentos (fotos, planos, patrimonio documental,...) e informacións (historia, descriptiva arquitectónica, situación urbanística,...) dos elementos máis interesantes do noso patrimonio industrial. Así mesmo, a elaboración destas fichas implica unha activación da cidadanía, xa que os traballos de investigación e recopilación desenvoltos polo equipo de Vigo Industrial establecen contactos e colaboracións entre diversos axentes do contexto da antiga fábrica (veciñanza, ex-traballadores/as, empresas, institucións, investigadores/as,...).

Cargadoiro de Coto Wagner, foto de Zacarias Abad
Cargadoiro de Coto Wagner, foto de Zacarias Abad

Nestes case tres anos de vida, o catálogo de Vigo Industrial incorporou quince fichas dos once concellos do noso ámbito, pero agora queremos acadar un novo pulo.

En concreto, precisamos axuda para realizar un programa de traballo anual, que permita investigar e documentar seis elementos do noso patrimonio industrial durante o ano 2021, e que antes de que acabe ese ano, seis novas fichas (con todos os seus contidos: textos, fotos, planos,...) estén a disposición de todo o público no catálogo da nosa web.

Tamén, dentro desta campaña de catalogación e difusión do ano 2021, realizariamos algunhas actividades e materiais divulgativos para difundir os valores dos elementos catalogados.

Conserveira Alfagame, foto de José Chas.
Conserveira Alfagame, foto de José Chas.

Este programa incluiría catro fichas de elementos xa escollidos polo equipo de Vigo Industrial:

  • O cargadoiro de Coto Wagner, en Cedeira, Redondela.

  • A conserveira Alfageme en Bouzas, Vigo.

  • A estación de tranvía de Canido en Oia, Vigo.

  • A canteira do Cocho en Meira, Moaña.

... e outras dúas que serán asignadas ao longo do ano. Deixamos estas dúas fichas sen asignar incialmente co obxeto de ser flexibles e estar abertas a realizar a catalogación dalgúns elementos de patrimonio por razóns de urxencia, aportacións de calidade, demanda popular,...

O tranvía do Val Miñor nunha foto de J. Pacheco de 1929.
O tranvía do Val Miñor nunha foto de J. Pacheco de 1929.

Sobre as recompensas

Nota importante: O prezo de todas as recompensan inclúen o envío a domicilio por Correos ordinario, excepto as chaquetas e sudadeiras (e os packs Panificadora e Mega Fan que as conteñen), que deberán ser recollidas na tenda Grosella´s (rúa Andalucia nº 12, Vigo) en horario comercial.

Imán

Imáns de neveira de 50 mm de diámetro co deseño da torre de Massó ou a foto dos silos da Panificadora.

Artigo incluído nos packs Massó e Panificadora (co deseño respectivo) e, nos packs Super Fan e Mega Fan. Non se ofrecen individualmente.

Postal

Serie de serigrafías feitas por David Amoedo Losada en colaboración co equipo de Vigo Industrial (18x13 cm).

Serie de debuxos de Tomás Barreiro Vescovo en colaboración con Vigo Industrial (impresión dixital, 21x14,8 cm).

Artigo incluído nos packs Massó e Panificadora (con deseños das respectivas fábricas) e, nos packs Super Fan e Mega Fan (non se pode escoller deseño). Non se ofrecen individualmente.

Dúas postais das series Massó e Panificadora de David Amoedo e as dúas postais da Panificadora e Baleeira Massó que se inclúen nos packs destas dúas fábricas.
Dúas postais das series Massó e Panificadora de David Amoedo e as dúas postais da Panificadora e Baleeira Massó que se inclúen nos packs destas dúas fábricas.

Alzado

Serie de láminas de alzados feitos por David Amoedo Losada en colaboración co equipo de Vigo Industrial.

Dous tamaños posibles: A3 / 31x31 cm e A4 / 19x19 cm .

Impresión dixital sobre cartulina de 315 gr/m2.

A escoller entre 10 deseños: Panificadora, Santa Clara, La Artística, Massó, Alfageme, Albo, Talleres Alonarti, Coto Wagner, Carburos Laforet e La Metalúrgica.

Cinco dos dez alzados dispoñibles en formato A4 e A3
Cinco dos dez alzados dispoñibles en formato A4 e A3

Póster

Serie de debuxos de Tomás Barreiro Vescovo impresos en calidade de póster.

Dous tamaños posibles: A3(29,7x42 cm) e A2 (42x59,4 cm).

Impresión dixital sobre papel fotográfico de 200 gr/m2.

Tres deseños a escoller: Ría de Vigo, Cidade de Vigo e Panificadora.

Os tres deseños disponibles en calidade poster e tamaños A3 e A2.
Os tres deseños disponibles en calidade poster e tamaños A3 e A2.

Alzado panorámico

Serie de láminas de alzados en gran formato, feitos por David Amoedo Losada en colaboración co equipo de Vigo Industrial.

Impresión dixital sobre cartulina de 315 gr/m2.

A escoller entre catro deseños:

  • La Metalúrgica de 113x27 cm

  • La Artística de 107x31 cm

  • "Skyline" de 109x22,5 cm

  • Naves do recheo de Ojea de 110x24 cm.

La Metalúrgica e o Skyline, dous dos catro alzados panorámicos dispoñibles
La Metalúrgica e o Skyline, dous dos catro alzados panorámicos dispoñibles

Camiseta

Serie de camisetas cos deseños Coto Wagner, de Tomás Barreiro, e Panificadora, de David Amoedo.

Impresión por serigrafía. Tecido de algodón ecolóxico certificado de 155 gr/m2.

Pódese escoller o deseño, a cor ( branca, negra ou gris mestura ) e talla (XS, S, M, L, XL ou XXL).

Os seis modelos de camisetas disponibles.
Os seis modelos de camisetas disponibles.

Bolso

Bolsos co deseño Coto Wagner, de Tomás Barreiro, ou Panificadora, de David Amoedo.

Impresión por serigrafía. Tecido de algodón ecolóxico certificado de 315 gr/m2.

Dimensións exteriores: 42x40 cm.

Os dous modelos de bolsos disponibles
Os dous modelos de bolsos disponibles

Sudadeira sinxela

Sudadeiras co deseño Coto Wagner, de Tomás Barreiro.

Impresión por serigrafía. Tecido de 50% algodón e 50% poliester, de 280 gr/m2.

Pódese escoller entre dúas cores, Burdeos e Azul Mariño, e seis tallas (XS, S, M, L, XL ou XXL).

Os dous modelos de sudadeira sinxela, cor burdeos e azul mariño.
Os dous modelos de sudadeira sinxela, cor burdeos e azul mariño.

Sudadeira con capucha

Sudadeiras con capucha cos deseños Coto Wagner, de Tomás Barreiro, e Panificadora, de David Amoedo.

Impresión por serigrafía. Tecido de 50% algodón e 50% poliester, de 320 gr/m2.

Catro modelos a escoller:

  • Co deseño Coto Wagner, en cor army ou chocolate*.

  • Co deseño Panificadora, en cor gris mestura ou gris escuro.

Como é lóxico, tamén pódese escoller a talla (XS, S, M, L, XL ou XXL).

Os catro modelos de sudadeira con capucha.
Os catro modelos de sudadeira con capucha.

Chaqueta

Chaqueta de cremalleira e capucha co deseño Panificadora de David Amoedo.

Impresión por serigrafía. Tecido de 50% algodón e 50% poliester, de 280 gr/m2.

Dúas cores a escoller: Antracita Mistura ou Gris Mistura.

Tallas disponibles: S, M, L, XL ou XXL.

Os dous modelos de chaquetas disponibles, gris mestura e antracita mestura.
Os dous modelos de chaquetas disponibles, gris mestura e antracita mestura.

Quen somos

Vigo Industrial é un proxecto colaborativo e dinámico que incorpora achegas e participacións de diversas asociacións e persoas individuais.

Entre as persoas colaboradoras habituais están: Uxío Reinoso Maset (historiador), David Amoedo Losada (debuxante gráfico e delineante),Tomás Barreiro Vescovo (arquitecto e debuxante), Sandra Villar Soliño (arquitecta),Monste Piñeiro (deseñadora e fotógrafa),Zacarias Abad (fotógrafo), José Chas (fotógrafo), o explorador Manuel Calavera, ...

Nos contidos das nosas fichas do catálogo web xa teñen colaborado un gran número de asociacións, institucións e familias: Asoc. Entremos na Panificadora, Asoc. Salinas do Ulló, Asoc. de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas, Asoc. Rande Patrimonio Europeo, Centro Cultural e Social de Pontesampaio, Instituto de Estudos Miñoráns, Clube Espeleolóxico Mauxo, herdeiros de "Conservas Sueiro", hros. de "Langostas Serapio Puerta Oviedo", hos de "Ángel Valverde Prado", CPI Manuel Padín Truiteiro, o blog "Noncommon",o blog "Entre Ruinas", o blog "Donde solo habita el tiempo", os concellos de Baiona, Vilaboa e Redondela, os arquivo municipais de Vigo, Redondela, Nigrán, Baiona,...

Presentación de Vigo Industrial en xaneiro de 2018
Presentación de Vigo Industrial en xaneiro de 2018

A que destinaremos as vosas achegas

O obxetivo deste crowfunding é conseguir un fondo presupuestario para pagar os traballos de elaboración de seis fichas do noso catálogo web, así como a produción de materiais e actividades de difusión entre o público xeral.

O presuposto de cada ficha será de 150 euros. Dividido nunha parte fixa de 70 euros e outra variable de 80, repartidas en tres capítulos:

  • 1: Un fixo de 70 euros para os traballos básicos de investigación e cumprimentación das fichas (creación de textos, galerías de imaxes,...), e a difusión dos seus contidos polas redes sociais.

  • 2: Un variable de 50 euros para gastos continxentes de produción das fichas (desplazamentos, taxas administrativas, fotocopias,...) e traballos de investigación e creación de documentación específicos (levantamento de planos, reportaxe fotográfico, dixitalización de documentos, deseños explicativos,...).

  • 3: Un variable de 30 euros adicado á produción de materiais e actividades de difusión entre o púbico xeral dos resultados do proceso de elaboración das fichas, así como dos valores culturais e outros aspectos do elemento de patrimonio industrial tratado (charlas, folletos divulgativos, videos,... ).

Detalle dunha foto dun plano da Massó.
Detalle dunha foto dun plano da Massó.

As fichas elaboradas neste programa anual de 2021 incorporarán un informe dos custos da súa produción.

En caso de non ser preciso (ou directamente, non proceder) o gasto da totalidade do presuposto da parte variable (ou sexa dos 50+30 = 80 euros, dos capítulos 2 e 3), os cartos remanentes serán empregados nos mesmos capítulos das seguintes fichas. E, no caso de non se gastar a totalidade do presuposto variable da derradeira ficha do programa anual do 2021, o remanente será adicado á produción dunha sétima fichas no ano 2022.

En caso de superarse ampliamente o obxetivos de recadación desta campaña, o excedente adicarse a produción de novas fichas no ano 2022.

Os cartos recadados nesta campaña de crowfunding repartiranse nas seguintes cantidades e proporcións:

  • Produción e difusión das fichas: 150 euros c/u x 6 fichas = 900 euros. (50%)

  • Impostos e comisións bancarias = 450 euros (25%).

  • Produción e envío de recompensas = 450 euros (25%).

Calendario previsto

Esta campaña de crowfunding rematará nos primeiros días de decembro. A partir de entón contactaremos cos/as mecenas para preguntarlle a súa escolla (se procede) e o enderezo de entrega.

Vigo Industrial xa ten a maior parte das recompensas listas ou preparadas para a súa inmediata produción.

O envío das recompensas comezará na segunda semana de decembro. Agardamos poder expedir todas as recompensas antes do día de Nadal, e en calquer caso antes de Fin de Ano. De tal xeito, se Correos funciona correctamente e a pandemia o permite, os/as mecenas teredes a vosa recompensa para antes do día dos Reis Magos.

+ Info

www.vigoindustrial.com
facebook.com/vigoindustrial
instagram.com/vigoindustrial

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

2 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Vigo Industrial

    Vigo Industrial
    Autor/a

    más de 3 años

    Moitas grazas a todos e todas. Non conseguimos o noso obxetivo, pero seguiremos traballando para a catalogación e difusión do noso Patrimonio Industrial. Axiña dirixiremonos a vós por correo electrónico e mediante as nosas redes sociais: FaceBook e Instagram.

  • Xesús Freire

    Xesús Freire

    más de 3 años

    Parabéns pola iniciativa. Que teñades moita sorte!!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies