"VACALOURA" é o novo álbum LP de Zeltia e Irevire, con este novo e recompilatorio proxecto pretendo grabar unha rebelión da ialma.
Por primeira vez con banda, quero recoller e impulsar o traballo destes anos con dez cancións en galego, inglés e gaélico, entrelazando as culturas atlánticas.
Agardamos que nos axudedes a crear este bosque da música con nós. A grabación será nos estudios Son Natural, en Angueira de Castro (A Coruña).
Sobre as recompensas
Ao participar como mecenas do noso proxecto teredes a opción de escoller ofertas exclusivas co noso crowdfunding.
En tódalas recompensas está a opción de descarga dixital anticipada. Isto quere dicir que ao participar como mecenas poderedes escoitar o álbum antes que ninguén.
Ao rematar a campaña, vos enviaremos un correo electrónico co enlace de descarga.
Mais, non sexades hackerlarvas, hai moitas recompensas únicas que podedes escoller sendo mecenas. Dende ter o cd en formato digipack ou pendrive de corcho ata un concerto navegando en embarcación tradicional pola Ría de Arousa.
Ademais de camisolas personalizadas do álbum, chapas e pósters.
Para tódalas recompensas mencionadas existe a opción de entrega en man ou envío por correo postal en toda España. Excepto claro, as que a propia recompensa é desfrutar da experiencia da navegación coñecendo a ría coa nosa música.
Moi importante, coa vosa achega mercades os nosos productos de maneira anticipada, as recompensas son ofertas personalizadas co crowdfunding. Ademais, estaredes mercando o novo álbum por un precio máis económico que terá cando saia á venta.
Estamos agradecidas da vosa axuda!
Sobre nós
"VACALOURA" é o novo álbum LP de Zeltia e Irevire.
Zeltia e Irevire formouse á metade do 2018, mais tódolos seus compoñentes teñen unha carreira musical xa percorrida.
Zeltia Acuña Barros é da ría de Pontevedra, tocando dende hai anos en distintas escenas da música local en Galicia e tamén en Galway, Irlanda. Xunto con Migui Carballido ao bodhran tocan en formación dúo sacando un EP a principios de 2019, "Directos na Ponte". Tanto o bodhran como a batería van formar a base do proxecto "Vacaloura".
Con Cibrán Seixo Pazos ao violín a formación colle máis solidez e forza. Desfrutando da fluídez musical que nos da o seu estilo vai a encaixar moi ben coa intención das composicións.
Vai ser polas verbas de Roberto Ledesma que nos animemos a probar outra formación, ter máis carácter de banda e grabar o noso traballo.
Xunto con Xabier Olite ao baixo e co estudio "Son Natural" comezaremos a traballar nos temas no estudio para que podades escoitalos en calquer lar, en calquer momento.
Non paramos, non deixamos de crear seguir tocando e compoñendo, sempre inspirándose a música no noso contorno. Por iso con este novo e recompilatorio proxecto pretendo grabar unha rebelión da ialma. Por primeira vez con banda, xunto coa gran voz de Edu Apariz, artista e chamán musical de Cambados,complétanse as cancións dando xogo a que acontezan colaboracións especiais que irei descubrindo co tempo.
Con este traballo quero facer un álbum no que poidades escoitar toda a miña música e sintades o que sinto.
Agardamos que nos axudedes a crear este bosque da música con nós.
A que destinaremos as vosas achegas
Con esta campaña esperamos xuntar os fondos necesarios para cubrir os gastos da preproducción, edición e masterización do disco no estudio "Son Natural". Tamén temos que contar cos gastos de merchandising, aluguer de material, desplazamento e salarios dos que traballen con nós. Para elo, temos unhas recompensas moi orixinais agardando por vos pra animarvos.
Estimación dos gastos do proxecto álbum "Vacaloura":
Gastos no estudio, preproducción, masterización e edición aproximadamente 2000€
Gastos da edición en formato físico: estaría a opción do cd de toda a vida, cun diseño orixinal en cartón, formato digipack cun diseño orixinal. Por outro lado está a opción de ter o álbum en pendrive de corcho co logo e o nome da banda. Faremos 250 pendrives cuns gastos de 780€. Os gastos dos dous formatos sería aproximadamente de 1500€. (Dependendo do número final que pidamos de cds en digipack).
Gastos de Merchandising: Temos boas ideas e un diseño moi chulo co que enfeitizarvos, para facervos chegar camisolas, pósters, chapas e máis recompensas. Para ilo, necesitaremos un presuposto duns 500€.
Como vedes os gastos exceden o noso crowdfunding, xa que considero que con esa marca, dos 3500€, xa podo sacar adiante este proxecto. Se todo vai ben... quen sabe! ¡¡Igual superamos a marca!!
Calendario previsto
Tendo xa o estudio reservado, entraremos a gravar á metade de Xaneiro e levarános case todo Febreiro ter a punto o disco. Polo que estimo que o 21 de Febreiro sería o día no que comezaríamos cos envíos á fábrica e calculamos que a mediados de Marzo poderíamos comezar cos envíos e entregas das recompensas.
Unha vez que todas vos recibades as vosas recompensas, daremos comezo a subir o disco nas plataformas dixitais.
+ Info
Podedes seguirnos e comunicarnos directamente con nós a través das nosas redes sociais:
● Facebook.com/zeltiairevire
● Instagram.com/zeltia_irevire
● Canal de YouTube
25 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Lamontagne
Weeeeesaaaaa💛💛💛💛💛💛💛
Zetia e Irevire
Autor/a
GRAZAS. É increíbel o apoio. Abofé que faremos un discazo. Grazas.
alberto
JULIA (Lenteji)+Bertoaku+Polluelo
TU SOBRINA quiere el nuevo album :) pa este verano....
Ja
Ester
Larpeira
Xa estou desexando escoitalo. Adiante!!!
Sons de Breogán
Espero que saia adiante <3
Ja
Mila
Ja
Mila
Ja
Mila
Adrian
A topeee!!