❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

"TROTASONGS, GARDACOSTAS DE CANCIÓNS" LIBRO-CD, unha historia de aventuras a través da música do mundo!

Unha historia de aventuras musicais, dende unha perspectiva defensora da igualdade de xénero, o respecto á diversidade e do valor cultural.

IRIA ESTÉVEZ

A project of

Category

Created in

0
seconds
62
Pledges
2.880€
From 1.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

**

AVISO!

** O DÍA 11/12/2019 ÁS 12am REMATA O TEMPO PARA ADQUIRIR AS RECOMPENSAS QUE INCLÚAN O AGRADECEMENTO NOS CRÉDITOS. SE ALGUÉN ESCOLLE ESTA RECOMPENSA FORA DESPOIS DESTA HORA, INCLUIRASE NA CARTA DE AGRADECEMENTO AOS MECENAS.

Dámoste a benvida á páxina da campaña de crowdfunding para recadar fondos para a edición do noso libro-cd "OS TROTASONGS, gardacostas de cancións"

Agradecémoste que queras apoiarnos e así formar parte desta gran aventura.

Lembra que tódalas achegas son importantísimas para acadar o noso obxectivo; a túa tamén.

A continuación, contarémosche detalladamente de qué se trata o proxecto e como desenvolveremos a campaña.

Para calquera dúbida podes contactar con nós.

imos aló!

Sobre nós


En primeiro lugar queremos presentarnos:

A COMPAÑÍA

CONTICÁNTICOS xorde por unha necesidade vital: crear para medrar.

Dende que somos pequenos, queremos ser escoitados, que nos permitan manifestar as nosas inquedanzas, expresar sentimentos, compartir experiencias, sentirnos comprendidos e sobre todo, RESPECTADOS.

Sabemos que cando se nos permite ser creativos, coñecernos, explorar o mundo a través da experiencia vivenciada e dende o noso propio corpo, crecemos; é por isto que a través das nosas personaxes, as historias, e toOoOoda a fantasía que os envolve, motivamos a cada neno e nena a expresarse libremente para ser respectada/o e así, poder MEDRAR FELICES!

Deste xeito creamos o espectáculo TROTASONGS, no que se mostra dende unha visión máxica e heroica, o labor dos recolledores/as de música tradicional e popular, dando a coñecer a importancia desta labor; ademais co espectáculo perséguense o achegamento a outras culturas en relación á nosa propia a través da música, ademais da aprendizaxe e práctica de escoita, a danza, o canto e descubrir así o propio corpo como o mellor instrumento musical.

O proxecto "OS TROTASONGS, gardacostas de cancións" LIBRO-CD


Ao comprobar o éxito da misión dos Trotasongs en directo, detectando a ausencia libros-CD deste tipo na nosa lingua, galego, que conten unha historia de aventuras en base a este tipo de labor ao redor dun cancioneiro popular, válido para tódolos públicos, decidimos editar este LIBRO-CD.

A historia desenvólvese dende unha perspectiva defensora da igualdade de xénero, o respecto á diversidade, o valor da cultura popular propia e allea e o goce de escoita activa para favorecer a atención e memorización mostrando aos máis pequenos, outras vías de entretemento fóra dos dispositivos audiovisuais dixitais. Todo iso axuda a fomentar o bo desenvolvemento da saúde emocional e física, entre outras.

Este proxecto ademais incluirá a historia en formato audio, para favorecer a accesibilidade a nenos con dificultades para a lectoescritura, supoñendo unha ferramenta para facilitar a inclusión destes nenos e nenas.

Sobre as recompensas


As recompensas foron deseñadas exclusivamente para a campaña, polo que o que consigas durante esta, será único!

Cada recompensa está explicada na súa sección, pero se tedes algunha pregunta, podedes consultarnos.

A medida que avance o proxecto iremos mostrando detalles das cantigas, do conto e recompensas.

Estamos seguros de que vos entusiasmarán!

Máis info sobre nós


IRIA ESTÉVEZ

Mestra de Educación Infantil, con estudos de Master en Artes Escénicas, cantante profesional en proxectos de exitoso e longo percorrido como Clave de Fado ou Arifi (gañadores do Castilla Folk 2017) e en proxectos infantís de plataformas dixitais como Asubío Media, ou colaboracións con outros artistas.

Conta cuhna ampla formación autodidacta e tomou clase con recoñecidos cantantes, como Mariola Membibres, Mónica de Nut, ou con Chisco, durante a súa formación no programa profesional da ETRAD; ademais conta con formación e experiencia en danzas do mundo (danzas orientais/indias, ritmos latinos, danza tradicional de Galicia, etc). Iria Estévez ten un amplo percorrido no mundo da música profesional, tendo actuado xunto a artistas relevantes no panorama musical de Galicia e Portugal como Sebastiao Antúnes o Uxía Senlle, entre outros. Actualmente a parte dos proxectos anteriormente citados, é mestra de canto e está a traballar no seu novo proxecto musical.

GONZO PIÑA

Músico de formación principalmente autodidacta, comeza a súa andadura musical dende moi pequeno; tomou clase de baixo e guitarra en varias escolas da xeografía española, como no Taller de musics *(Barcelona), Laboratorio de creatividade musical (Vigo) ou *Presto Vivacce (Coruña).

A súa formación como sonidista nunha das escolas máis prestixiosas do momento , o SAE INSTITUTE, e as súas experiencia na composición de música electrónica, fan de Gonzo un músico completo. Foi en Barcelona onde desenvolveu a súa faceta como productor e creador sonoro para teatro, circo, radio e televisión. Algúns dous seus traballos para público infantil e familiar, acadaron gran sona;“Contes sonors” unha recopilación de contos de C.Andersen, gravados en tres idiomas para radiodifusión en cadeas catalanas, españolas e de fala inglesa. En colaboración, entre outros, co recoñecido pianista Ignasi Terrasa.Técnico de son para TV FLASH(GESTMUSIC ENDEMOL), para as dúas primeiras tempadas da serie infantil “Los Algos”, para a cadea nacional CUATRO; Creación dos soundtracks de efectos orixinais e técnico de son de rodaxe en plató.

A que destinaremos as vosas achegas


Esta campaña é un apoio ao proxecto, non pretendemos de entrada cubrir todos os gastos que se derivarán da súa realización porque teriamos que pedir unha cantidade máis elevada e queremos asegurar o éxito da campaña. Como estamos seguros de que isto sucederá, previmos os gastos básicos como primeiro obxectivo e se se supera esta cantidade, temos en conta o seguinte obxectivo.

Para levar a cabo o proxecto necesitamos:

  1. Creación do libro*: con textos propios (escritos por Iria Estévez, así como a idea e deseño orixinal) e ilustracións e maquetación da man do gran **Iván Mouronte

INSTAGRAM: https://www.instagram.com/i. mouronte.

  1. Gravación de audios: Necesitaremos o aluguer dun estudo de gravación para a que contaremos cos xeniais oídos de Gonzo Piña quen se encargará ademais da produción e postproducción de todos os elementos musicais, así como das narracións e ambientacións sonoras. Contaremos ademais co traballo de varios músicos para a instrumentación e voces.

  2. Imprenta: calculamos un mínimo de 100 exemplares, pero contemplamos a posibilidade de que o éxito sexa tan grande que necesitemos máis copias. Por tanto, se superamos o primeiro obxectivo, o seguinte será a produción de máis exemplares ademais de cubrir o total de gastos da realización de todo o proxecto.

Calendario previsto


O proxecto xa está en marcha, polo que calculamos que o libro-cd máis as recompensas estarán listas para entregar na segunda semana de decembro.

As Recompensas poden ser enviadas ou podedes recollelas nalgunhas das presentacións do libro que faremos a partires da segunda quincena de decembro (iremos confirmando datas e lugares).

Poderedes seguir o avance do proxecto nesta páxina e nas nosas redes, xa que iremos actualizando toda a info cada pouco.

+ Info


PARA COÑECER MÁIS SOBOR O NOSO TRABALLO PODES PINCHAR SOBRE OS SEGUINTES ENLACES

Instagram Iria Estévez
Facebook Iria Estévez
Web Iria Estévez


Presentámosvos á Gran Xefa dos Sioux Lacota, Vaca Deitada, unha das persoaxes desta historia de aventuras.

Como vedes o proxecto vai avanzando e a campaña de crowdfunding tamèn. Onte acadamos o 25%do primeiro obxectivo. MOITAS GRAZAS A TOD@S! Seguimos, quedan 29 días!

Imaxe: Detalle da ilustración de Iván Mouronte

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

14 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • jcarval2

    jcarval2

    about 5 years

    Impresionante traballo que plasmastes neste proxecto , quedou todo estupendo, a extructura , as ilustracións ,os contos ,a música, as voces , en unha palabra, " PERFECTO " .Parabens a todos.

  • Emma Royle

    Emma Royle

    about 5 years

    Muchos abrazos!!!

  • Yue

    Yue

    about 5 years

    Soy bibi la amiga de Yosi!

  • Yue

    Yue

    about 5 years

    A tope con todo!!

  • IRIA ESTÉVEZ

    IRIA ESTÉVEZ
    Author

    about 5 years

    Gracias Adrián!

  • IRIA ESTÉVEZ

    IRIA ESTÉVEZ
    Author

    about 5 years

    Alejandro, muchísimas gracias. Y nos alegramos por la felicidad de Manuel!

  • Adrián Martín Prieto

    Adrián Martín Prieto

    about 5 years

    Fantástico proyecto!

  • Alejandro Ro

    Alejandro Ro

    about 5 years

    Manuel Rodríguez Prendes estará muy feliz 🤗🤗

  • IRIA ESTÉVEZ

    IRIA ESTÉVEZ
    Author

    about 5 years

    Gracias Tere! 🥰💜

  • Teresa Grau Lopez

    Teresa Grau Lopez

    about 5 years

    Feliz por ayudar a algo tan chulo!!!

#04 / Presentación del LIBRO-CD

OS TROTASONGS, gardacostas de cancións libro-CD ya está aquí!

Mañana, viernes 3 de enero del 2020 a las 20.15 en el MIHL, Museo Interactivo de la Historia De Lugo, tendrá lugar el acto de presentación del libro-CD, en el que además de las correspondientes exposiciones relativas al proyecto (explicación pedagógica, breve exposición sobre la evolución y elaboración, cuestiones técnicas, etc) por parte de cada persona implicada en el proyecto, realizaremos una pequeña actuación.

Será también momento para la entrega de las recompensas de cada mecenas.

Contamos con vuestra presencia. Gracias de antemano y recordad que compartiendo esta info, nos ayudáis a llegar a personas a las que también les interesa.

Hasta mañana y FELICES AÑOS 20😉

NOTA: POR FAVOR, CONFIRMAD ASISTENCIA CONTESTANDO A ESTE MAIL, PARA PODER HACER ENTREGA DE VUESTRAS RECOMPENSAS.

#03 / ACADAMOS O PRIMEIRO OBXECTIVO!!!

Boas tardes queridísim@s MECENAS!

HOXE É UN GRAN DÍA, porque ...

ACADAMOS O OBXECTIVO PRINCIPAL!!!!

E ademais, estamos moi preto de acadar o SEGUINTE OBXECTIVO!!!

Isto supón que poderemos facer unha tirada maior e ademais poderemos enriquecer as grabacións, mellorando o son tanto das músicas como do conto.

Estamos xa traballando nisto e moi prontiño teremos rematado o proxecto. Estamos desexando compartilo con vós.

A verdade é que estamos emocionados e sorprendidos da gran acollida que está a ter a campaña!

MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S

#02 / Onte gravamos as voces dos peques no estudio.

Onte gravamos as voces dos peques no estudio.

Foron uns profesionais!

Gracias a Brais, Antón, Sofía, Tare e Ari por cantar tan lindo e formar parte deste proxecto!

Lembra que tí tamén podes formar parte converténdote en mecenas da nosa campaña!

Seguimos!!!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy