❗️ Per poder utilitzar Verkami has de fer-ho des d'un altre navegador. Instal·la o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha deixat d'actualitzar el navegador Internet Explorer que estàs utilitzant i ha deixat de ser compatible amb la majoria de llocs web.

Dominó de Animais

O Domino de Animais xa ten financiamento, agora imos tentar ter mais tarxetas

Acuto

Un projecte de

Categoria

Creat a

Santiago de Compostel·la
0
segons
81
Aportacions
1.152€
De 1.000€
Aporta al projecte

Escull la teva recompensa

Dona-li suport amb una donació

Aporta sense recompensa
Fes una donació altruista al projecte sense rebre cap recompensa a canvi:

O xogo é unha parte fundamental da vida dos nenos. Ter materiais e xogos para que os nenos xoguen na súa propia lingua é clave para a súa aprendizaxe e normalización na súa vida desde unha idade temperá.

O proxecto "Dominó de Animais" é un proxecto para facer unha versión infantil con animais deste xogo tradicional. Utilizar a lingua para aprendela, utilizar a lingua para que os nenos a normalicen na súa vida, son os obxectivos da publicación deste xogo.

Prototipo do Dominó de Animais
Prototipo do Dominó de Animais

O xogo de 28 cartas ten unha dinámica rápida e divertida, onde os nenos poden xogar uns cos outros ou cos adultos. O xogo consiste en xuntar o nome do animal que está nunha tarxeta co seu debuxo que está noutra, facilitándolle ao neno aprender os nomes dos animais e ser consciente do idioma no que xogan.

Nenos xogando na versión asturiana do Domino de Animais
Nenos xogando na versión asturiana do Domino de Animais

Sobre nós

O proxecto "Dominó de Animais" está a desenvolver Acuto Xogos e Edicions, unha iniciativa centrada na publicación de xogos en asturiano e agora queremos ofrecer un dos nosos xogos máis exitosos en galego.

Este é o noso segundo proxecto en galego despois de que o ano pasado tamén publicásemos a través de crowdfunding O Xogo das Parellas.

O Xogos das Parellas, o noso primeiro xogo en galego
O Xogos das Parellas, o noso primeiro xogo en galego

Acuto Xogos e Edicións vén de rematar con éxito outro crowdfunding para facer un xogo trivial en asturiano: vkm.is/cualaye

Podes atopar máis información sobre nós en facebook.com/acutoxuegos

A que asignaremos as contribucións

A cantidade de diñeiro solicitada para a realización do proxecto divídese en: 70% gastos de impresión, 15% gastos de envío, 8% comisións Verkami e 7% custos de deseño.

Calendario programado

En canto alcanzemos o obxectivo mínimo de financiamento, remataremos o traballo de deseño do xogo e cando remate a campaña enviaremos o traballo directamente á imprenta. O xogo entregaríase entre os meses de outubro e novembro.

Preguntes freqüents

Encara no n'hi ha cap publicada

Tens algun altre dubte o pregunta?

Pregunta a l'autor/a

4 comentaris

Si ja ets mecenes, Inicia sessió per comentar.

  • Ramón Coira Luaces

    Ramón Coira Luaces

    más de 5 años

    Boa idea!

  • Davide Leira

    Davide Leira

    más de 5 años

    Toda a forza do mundo, e avante toda! As nosas crianzas (e nós mesmxs) precisan deste tipo de iniciativas.

  • Acuto

    Acuto
    Autor/a

    más de 5 años

    Moitas grazas! 🙂

  • anxoscabada

    anxoscabada

    más de 5 años

    Moito ánimo! Polas nosas crianzas, para que poidan brincar na súa fala. Obrigada por darnos recursos para facelas sorrir.

#07 / Moitas grazas!!

Fixémolo! grazas! Grazas a ti é posible facer un xogo infantil en galego e que centos de nenos poidan ter momentos de xogo no noso idioma.

En breve recibirás máis información no teu correo electrónico

seguir llegint

#05 / Moitas grazas!

O Domino de Animais xa está financiado grazas a todos vós. Moitas grazas!

E agora? O xogo ten financiamento para ser de 28 cartas, agora imos tentar obter financiamento para que teña máis. En breve informaremos.

seguir llegint

#02 / Nova achega

Poñemos as últimas unidades dispoñibles do Xogo das Parellas a un prezo moi especial só para persoas que colaboran no Domino de Animais. Son as 15 últimas unidades dispoñibles, a 5€.

Xogo das Parellas
Xogo das Parellas

seguir llegint
Fem servir cookies pròpies essencials per poder oferir el nostre servei i de tercers per conèixer l'ús de la pàgina. Política de cookies