❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

LOIROS

Edición do novo álbum

Loiros

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
84
Aportaciones
2.569€
De 2.000€
Aporta al proyecto
Ver proyecto en English

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

No nadal de 2018, Loiros rematamos a gravación do noso primeiro LP. O disco foi gravado e mesturado por Hevi (Malandrómeda) no Laboratorio Soyuz (Trazo, Galiza) e masterizado por Cem Oral de Jammin´ Masters (Berlin, Alemaña). Nel inclúense seis cancións orixinais do grupo coidadosa e amorosamente compostas, executadas e gravadas

Aquí un adianto: Inner War

Sobre as recompensas

Temos unha grande variedade de recompensas e diferentes packs para que elixas o que máis che encha o ollo. Estes son os artigos que ofrecemos:

  • LP Rebirthmark (12"), planchado en exemplares de 140g con portada deseñada por Sara Traba.

IMPORTANTE: Os vinilos inclúen tarxeta de descarga dixital e CD.

  • CD do noso primeiro EP Arp (2017) nunha edición de colecionista numerada, totalmente feita a man e con portada de Miguel Peralta.

  • Camisetas do grupo con deseño de Miguel Peralta.

  • Telecaster Loiros Signature totalmente montada, acabada e personalizada polos membros da banda.

Sobre nós

A banda nace no verán de 2016 en Vigo, Galiza, onde Héctor Agulla (batería) e Virxilio da Silva (guitarra e voz) comezan a traballar xuntos na idea dun novo proxecto. Nas súas primeiras composicións conciliaban rock alternativo e jazz a través dun prisma acústico, co uso das voces sen letra como un instrumento máis. Coa entrada dos membros que completan a formación, o alemán Felix Barth (baixo e voz) e o francés Wilfried Wilde (guitarra), o son endurécese, aparecen as primeiras letras e as composicións adquiren máis forma de canción, configurando a idea do que na actualidade é Loiros.

As aportacións do imaxinario musical dos catro compoñentes, dan como resultado unha interesante mestura estilística na que están presentes tanto influencias do Shoegaze, o Grunge, o Post Rock e a Psicodelia, como do Jazz Moderno, o Impresionismo Francés ou a rítmica africana. O seu directo, de certo carácter intimista, é intenso e crú, con cancións longas, desenrolos inesperados e momentos para a improvisación que fan de cada concerto unha experiencia única.

Froito da súa primeira xira, en marzo de 2018 sae á luz o seu primeiro traballo Arp, un EP completamente autoproducido e autoeditado cunha edición limitada feita a man de 150 exemplares. En decembro dese mesmo ano, reciben o premio da Deputación de Pontevedra ao Mellor Traballo Musical coa canción Rebirthmark.

Actualmente, coa axuda desta campaña de crowdfunding, ultiman a edición do seu novo traballo.

A que destinaremos as vosas achegas

A vosa axuda é moi importante. Sen ela, a publicación deste traballo sería imposible. De feito, toda achega será destinada aos costes de edición:

  • Master: 300 €

  • Producción vinilo + Cd: 1500 €

  • Outras recompensas: 200 €

A nosa meta é acadar os 2000€.

Calendario previsto

Recibiredes as vosas recompensas coincidindo coa xira de presentación do traballo, entre setembro e outubro de 2019.

+ Info

FACEBOOK:Loiros_FB

INSTAGRAM:Loiros_IG

YOUTUBE:[Loiros_YT](https://www.youtube.com/channel/UCZubI7UK6Zu8ucoahGxCu5A

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

10 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Sonia

    Sonia

    casi 5 años

    Another record to my small but growing collection. Thanks Will!

  • Sonia

    Sonia

    casi 5 años

    Another record to my small but growing collection. Thanks Will!

  • Ricardo

    Ricardo

    casi 5 años

    OiEEEE!

  • cecichuschispa

    cecichuschispa

    casi 5 años

    👯‍♀️💪🏿

  • Faus

    Faus

    casi 5 años

    Aupa ai

  • Iago Fernández

    Iago Fernández

    casi 5 años

    Oie

  • rafabajo

    rafabajo

    casi 5 años

    Go guys!, great work, looking forward to hear the album!!!

  • trmagarinos

    trmagarinos

    casi 5 años

    veña! festa!!!

  • Diego Alonso Álvarez

    Diego Alonso Álvarez

    casi 5 años

    Oie! Como que soy vuestro mecenas de acuerdo? Aúpa ai

  • Diego Alonso Álvarez

    Diego Alonso Álvarez

    casi 5 años

    Oie! Como que soy vuestro mecenas de acuerdo?

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies