In order to interact successfully and get the best performance from our website, we recommend upgrading your browser to a more recent version or using another browser such as Chrome or Firefox.

Discover the 10 most exciting projects of 2018!

O Neno e a Sombra - Curtametraxe

O Neno e a Sombra é unha curtametraxe de folk horror e drama psicolóxico ambientada na Galicia rural dos anos 80.

O Neno e a Sombra

A project of

Category

Created in

0
seconds
158
Patron
7.695€
From 6.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Novas metas acadadas!

Moitísimas grazas a todos!

Aínda quedan 5 días de crowdfunding e xa acadamos as dúas novas metas establecidas.

Por iso, todos os mecenas con recompensa física ides recibir un amuleto a maiores e ademais, como prometemos, imos incluir un novo agasallo por ter acadado os 7000 euros.

Trátase dun ramallete de herba de namorar ou namorareira. Unha potente herba que na natureza medra xunto o mar e que ten múltiples usos. Emprégase para elaborar filtros de namorar, serve para facilitar o embarazo e é útil contra os meigallos.

Aínda quedan uns días de crowdfunding, así que podedes seguir colaborando con nós e axudarnos a chegar máis lonxe!

Título: O Neno e a Sombra
Xénero: Fantástico/Terror
Idioma: Galego
Duración: 20 min aprox.
Lugar de rodaxe: A Mariña
Formato: 4K

O Neno e a Sombra é unha curtametraxe de folk horror e drama psicolóxico ambientada na Galicia rural dos anos 80.

O Neno e a Sombra é un conto de realismo máxico baseado no noso patrimonio inmaterial: as meigas, o mal de ollo ou os ritos curativos conforman o substrato no que se desenvolve esta historia.

O Neno e a Sombra é tamén unha dolorosa viaxe interior cara ó enfrontamento co lado escuro da nosa psique, na que se exploran outros temas universais como a infancia, a paternidade, a educación ou a relixión.

O Neno e a Sombra é un descenso a fonduras descoñecidas. Estás disposto a baixar?

Manuel, un pai desesperado pola indiagnosticable mala saúde do seu fillo, acode a unha reputada meiga, Dona María, na procura dun remedio.

Aguilloado pola situación, Manuel accede a tomar un bebedizo que lle ofrece a meiga. A beberaxe lévao a cruzar a fronteira da realidade cotiá e embárcao nunha arriscada viaxe a fonduras descoñecidas.

Alí, é perseguido por unha forza escura, A Sombra. Coa guía duns inesperados aliados, Manuel enfróntase a ela para descubrir a fonte dos males do seu fillo e aprende como evitar que as tebras que nacen no interior enraícen inadvertidas, e se fagan co control da vida.

Na tradición galega, as sombras son unha fonte de enfermidade. A sombra dalgunhas persoas (vivas ou mortas), dalgúns animais, dalgunhas árbores ou mesmo dos astros, poden afectar e ser daniñas, especialmente nos nenos, que enfraquecen e non medran.

O Neno e a Sombra nace dun relato non publicado escrito por Carlos Fernández. O relato está inspirado nun caso real e fala de como a transmisión de modelos de paternidade opera como unha enfermidade vírica social que se vai transmitindo de xeración en xeración. Como unha maldición familiar que corre no sangue. Como unha sombra que se cerne asfixiante sobre todos nos.

O Neno e a Sombra é unha historia que nos fala de aspectos universais da condición humana dende un marco concreto no espazo e no tempo. A curtametraxe está ambientada na Galicia de finais dos anos 80. Unha época de grandes cambios sociais, económicos e culturais na que aínda era frecuente acudir a un curandeiro e na que os posuídos aínda acudían a ser exorcizados ao santuario da Virxe do Corpiño. E é que as meigas, os males de ollo e os ritos curativos formaban parte do día a día do rural galego ata hai ben pouco. Eran parte dunha realidade que pouco a pouco foi esvaecendo. Aínda quedan restos, pero a globalización cultural e o cambio social que supuxo, entre outras cousas, o abandono do rural, provocaron unha ruptura na cadea de transmisión que supoñía a tradición oral. O abandono dos espazos tamén supuxo un abandono da cultura que os habitaba. Palabras, receitas, cancións, contos e costumes que pouco a pouco van desaparecendo.

En consecuencia, O Neno e a Sombra pódese emparentar co rexurdimento que está vivindo o folk horror. Un subxénero de orixe británica, ambientada no rural, e que incorpora lendas, supersticións e mitoloxía pagá como elementos de misterio, perigo e terror. Non obstante, con O Neno e a Sombra non buscamos caracterizar o rural galego como un lugar atrasado, refuxio de escurantismos e prácticas exóticas. Polo contrario, queremos poñer en valor un universo do que somos parte.

A principal fortaleza de O Neno e a Sombra é o seu reparto. Temos o pracer de contar cun elenco de calidade incuestionable. Actores e actrices que pertencen a distintas xeracións, pero que posúen unha ampla experiencia e unha traxectoria consolidada tanto no mundo audiovisual como no teatro.

O equipo de O Neno e a Sombra está formado por profesionais das distintas disciplinas do audiovisual que xuntamos toda a nosa experiencia e motivación para facervos chegar este proxecto no que levamos moito tempo traballando con ganas!

Director: Xaime Miranda
Guión: Carlos Fernández
Produtores: Uxío Corbelle, Sabela Blanco
Xefa de produción: Lucía Ramiro
Script: Maite Señoráns
Dirección de Fotografía: Elena Lombao
Dirección de Arte: Mariña de Toro
Xefe de eléctricos: Iago Vilariño
Son: Lucas Pardo
Música Orixinal: Nuno Pico

As localizacións xogarán un papel esencial en O Neno e a Sombra, tanto no plano narrativo coma no artístico. Non só nos teñen que transportar á Galicia rural dos anos 80, tamén teñen que transmitir a esencia máxica dun mundo de contos e lendas.

É por iso que imos a rodar no interior da Mariña, a terra das nosas infancias, en lugares destacados polo seu valor patrimonial, arquitectónico ou natural.

Rodaremos no concello de A Pontenova, en Vilarxubín e San Pedro de Bogo. Vilarxubín é un lugar inalterado no tempo, de gran valor patrimonial e arquitectónico. Unha aldea única en Galicia, onde os cabazos galegos e os hórreos de influencia asturiana se atopan, formando un inigualable conxunto rural de pedra e lousa. Pola súa parte, a Igrexa de San Pedro de Bogo é un espectacular miradoiro que se asoma á Fraga das Reigadas, un dos montes atlánticos mellor conservados na provincia de Lugo.

Outra parte dos exteriores será rodada na contorna da Fraga Vella, unha paraxe natural entre as montañas de Abadín e Mondoñedo, barreira entre a Mariña e a Terra Chá, de gran singularidade paisaxística.

A rodaxe de O Neno e a Sombra terá lugar a finais de febreiro ou inicios de marzo, en datas que están por definir segundo a dispoñibilidade dos actores. Serán 4 días de rodaxe que se levarán a cabo nas localizacións mencionadas. Unha vez rematada a rodaxe, o proceso de posproducción comezará no mes de marzo.

- Preprodución: Novembro 2018 - Xaneiro 2019
- Rodaxe: Febreiro 2019
- Postprodución: Marzo 2019

O Neno e a Sombra é un proxecto ambicioso. A curta terá secuencias de acción, escenas nocturnas, criaturas sobrenaturais e a todo iso queremos darlle un acabado cinematográfico de calidade. Nós achegaremos a maior parte da financiación, pero o voso apoio é esencial para que poidamos chegar á liña de meta e sacar adiante o proxecto. Precisamos a vosa axuda!

As vosas aportacións permitirán que aluguemos o material de iluminación, cámara e son máis axeitado para acadar ese acabado de calidade que buscamos. Ademais, axudarédesnos a facer fronte a gastos de distribución para lograr que O Neno e a Sombra se vexa no maior número de festivais posibles.

Na barra da dereita atópanse os diferentes niveis de aportación cos que nos podedes axudar e as recompensas que recibiredes con eles. Entre todas elas atópanse amuletos, pósters, camisetas e moitas cousas máis!

Amuletos

Para agradecer a todos os que colaboredes co noso proxecto, imos a recompensarvos con amuletos tradicionais galegos que vos outorgarán sorte e vos protexerán de males. Cada un dos amuletos irá acompañado dunha tarxeta informativa, realizada polo antropólogo Rafael Quintía (Ab Origine), na que se indicará o seu poder e xeito de uso.

Camiseta e Poster

O deseño que levará a camiseta está baseado nos personaxes de O Neno e a Sombra e foi creado polo deseñador Xosé Blanco, artista natural do Valadouro que desenvolveu a súa carreira no Gabinete de Deseño de Sargadelos durante máis de trinta anos.

Ademáis, Xosé Blanco tamén diseñará o poster da curtametraxe, que tamén poderedes conseguir como recompensa!

Banda Sonora Orixinal

A música orixinal de O Neno e a Sombra será composta por Nuno Pico, músico e membro da banda Oh! Ayatollah, e será gravada e mesturada no Laboratorio Soyuz xunto ao músico e produtor Hevi. As composicións integrarán instrumentos analóxicos, como a zanfona ou a trompa galega, tocados por músicos acostumados á súa execución no ámbito tradicional e logo pasados por un proceso de edición dixital, xunto a elementos puramente electrónicos, como sintetizadores, secuenciadores e caixas de ritmos. Colaborando co proxecto poderedes facervos cunha ligazón exclusiva de descarga da BSO!

Botella de licor café

Os que nos axudedes un pouco máis, poderedes levar como recompensa unha botella de licor café "Avoa Dolores", elaborado en Ourense seguindo a receta tradicional, por cortesía da viñoteca O Lagar. Ao igual que os nosos amuletos este licor café tamén é efectivo contra diversos tipos de males!

Rituais curativos

Para aqueles máis comprometidos co proxecto temos reservada unha experiencia especial. Unha ruta guiada pola entorna de Santo Estevo do Ermo, un dos lugares máis máxicos da Mariña, onde poderedes levar a cabo diferentes rituais curativos tradicionais coa axuda de expertos.

Podedes mantervos ao tanto de todas as novas do noso proxecto a través das nosas RRSS:

Facebook
Instagram
Twitter

E para resolver calquera dúbida que teñades, podedes contactar connosco a través da sección de Preguntas e Respostas ou enviarnos un correo electrónico a:
onenoeasombra@gmail.com

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

15 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Marga

    Marga

    3 months

    Sorte

  • Aine

    Aine

    3 months

    Moitas ganas de ver o filme!! :)

  • María José P

    María José

    3 months

    Moito ánimo!!

  • Chus Colmenero Torres

    Chus Colmenero Torres

    3 months

    Sorte!

  • Carlos Bello

    Carlos Bello

    3 months

    Sorte!

  • lucialombardero

    lucialombardero

    3 months

    Pasadeo ben, un saúdo

  • Alfonso

    Alfonso

    3 months

    Muchísima suerte con el proyecto y que de éste salgan otros.

  • cfraganovo@hotmail.com

    cfraganovo@hotmail.com

    3 months

    Sorte compadre!!! E sorte para todo o equipo!

  • Jesus Daniel Fernandez Lopez

    Jesus Daniel Fernandez Lopez

    4 months

    Moita sorte con este proxecto!

  • Carlos

    Carlos

    4 months

    Moira merda!

Go back to all the updates

#01 / 25% superado!

Xa superamos o 25% do obxetivo! Moitas grazas aos nosos mecenas!

Pero aínda nos queda moito para acadar a nosa meta, así que anima aos teus amigos, familiares, veciños e demais achegados a participar neste proxecto e descender a fonduras descoñecidas!

0 comments

Log in or Sign up to comment this entry.

#06 / Chegamos ao final!

Despois de 40 días de campaña, chegamos ao final! 159 mecenas colaborástedes co proxecto, superando as metas e axudando a que O Neno e a Sombra se faga realidade.

A nós tócanos seguir traballando. Como xa sabedes, a finais de febreiro rodaremos a curtametraxe e en marzo comezaremos o proceso de posprodución. Tamén en marzo comezaremos o reparto das vosas merecidas recompensas.

Moitas grazas a todos!

#05 / Novas Metas Acadadas!

Moitísimas grazas a todos!

Aínda quedan 5 días de crowdfunding e xa acadamos as dúas novas metas establecidas.

Por iso, todos os mecenas con recompensa física ides recibir un amuleto a maiores e ademais, como prometemos, imos incluír un novo agasallo por ter acadado os 7000 euros.

Trátase dun ramallete de herba de namorar ou namorareira. Unha potente herba que na natureza medra xunto o mar e que ten múltiples usos. Emprégase para elaborar filtros de namorar, serve para facilitar o embarazo e é útil contra os meigallos.

#04 / 100% Acadado! Continuamos!

Moitísimas grazas a todos os mecenas!

Moitas grazas a todos. So un par de días despois de chegar á metade da campaña chegamos ao obxectivo que nos marcamos en Verkami.

Como xa vos dixemos, as vosas achegas van facer posible esta curtametraxe na que estamos traballando con toda a nosa ilusión.

Pero a andaina non remata aquí! Se seguides colaborando con nós podemos chegar máis lonxe. Cada nova achega conta para dispoñer de máis recursos para a rodaxe. Por iso vos propoñemos dous novos obxectivos e algunha sorpresa. Aquí os tedes:

#03 / 75% superado!

Grazas a todos os mecenas!! Xa estamos máis preto do obxectivo, pero ainda precisamos da vosa axuda para acadalo. Ainda quedan moitas recompensas por repartir!

#02 / 50% superado!

Que gran agasallo nos trouxo o Apalpador! O noso crowdfunding acaba de superar o 50% do seu obxectivo!

Moitas grazas a todos os mecenas! Seguimos cara a meta coa vosa axuda.

#01 / 25% superado!

Xa superamos o 25% do obxetivo! Moitas grazas aos nosos mecenas!

Pero aínda nos queda moito para acadar a nosa meta, así que anima aos teus amigos, familiares, veciños e demais achegados a participar neste proxecto e descender a fonduras descoñecidas!

5€
5 backers
Aire de toupa

Recibirás un saúdo noso nas redes sociais!

10€
22 backers
Aire de pinchorra

Enviarémosche un enlace protexido para ver o filme.
+ Agradecemento en RRSS

20€
40 backers
Aire de gata preñada

Enviarémosche a Castaña da envexa, un potente amuleto contra a envexa, nun paquetiño personalizado xunto unha tarxeta informativa. Tamén recibirás o enlace de descarga da BSO.
+ Enlace protexido para ver o filme
+ Agradecemento en RRSS

30€
13 backers
Aire de alacrán

Recibirás o cartaz oficial do filme, deseñado por Xosé Blanco.
+ Fotos da rodaxe e Making Of
+ Amuleto: Castaña da Envexa
+ Enlace de descarga da BSO
+ Enlace protexido para ver o filme
+ Agradecemento en RRSS

40€
10 backers
Aire de cobra

Con esta recompensa conseguirás a camiseta oficial de O Neno e a Sombra, con deseño de Xosé Blanco. Ademais, enviarémosche un paquetiño personalizado con ollomaos atopados nas praias da Mariña, para repeler o mal de ollo e atraer á boa sorte.
+ Storyboard do filme en PDF
+ Fotos da rodaxe e Making Of
+ Enlace de descarga da BSO
+ Enlace protexido para ver o filme
+ Agradecemento en RRSS

50€
31 backers
Aire de morto

Nesta recompensa incluimos a camiseta e o cartaz oficial de O Neno e a Sombra xunto cunha copia do guión. Ademais, recibirás unha mención especial nos créditos da curtametraxe!
+ Amuleto: Ollomao
+ Storyboard do filme
+ Fotos da rodaxe e Making Of
+ Enlace de descarga da BSO
+ Enlace protexido para ver o filme
+ Agradecemento en RRSS

70€
8 backers
Mal de aldrope

Enviarémosche unha copia do Storyboard do filme asinado polo equipo! E tamén conseguirás unha pedra do raio para protexerte da tormenta!
+ Camiseta "O Neno e a Sombra"
+ Póster do filme
+ Guion do filme
+ Storyboard do filme
+ Fotos da rodaxe e Making Of
+ Enlace de descarga da BSO
+ Enlace protexido para ver o filme
+ Mención nos créditos da curtametraxe
+ Agradecemento en RRSS

100€
8 backers
Colleitizo

O teu crédito aparecerá en IMDB!
+ Dúas camisetas "O Neno e a Sombra"
+ Storyboard e póster do filme asinado polo equipo
+ Amuleto: Pedra do raio
+ Guion do filme
+ Storyboard do filme
+ Fotos da rodaxe e Making Of
+ Enlace de descarga da BSO
+ Enlace protexido para ver o filme
+ Mención nos créditos da curtametraxe
+ Agradecemento en RRSS

150€
8 backers
Enganido

Con esta recompensa recibirás unha botella de licor café e tamén terás unha invitación persoal a unha proxección do filme.
+ Crédito en IMDB
+ Amuleto: Alicornio
+ Guion, Storyboard e póster do filme asinados polo equipo
+ Camisetas "O Neno e a Sombra"
+ Guion do filme
+ Storyboard do filme
+ Fotos da rodaxe e Making Of
+ Enlace de descarga da BSO
+ Enlace protexido para ver o filme
+ Mención nos créditos da curtametraxe
+ Agradecemento en RRSS

250€
3 backers
Tangaraño

Invitación aos rituais curativos para dúas persoas.
+ Invitación a unha proxección privada do filme
+ Crédito en IMDB
+ Botella de licor café
+ Surtido de amuletos
+ Invitación a unha proxección do filme
+ Guion, Storyboard e póster do filme asinados polo equipo
+ Dúas camisetas "O Neno e a Sombra"
+ Guion do filme
+ Storyboard do filme
+ Fotos da rodaxe e Making Of
+ Enlace de descarga da BSO
+ Enlace protexido para ver o filme
+ Mención nos créditos da curtametraxe
+ Agradecemento en RRSS

500€
6 left (of 6)
Sombra

Crédito de Produtor Asociado
+ Todo o anterior

1.000€
3 left (of 3)
Mal de ollo

Crédito de Produtor Executivo
+ Todo o anterior

100€
10 patrons (sold out)
Colleitizo - Edición Limitada

Con esta recompensa limitada recibirás unha botella de licor café cunha dedicatoria especial do equipo e o teu crédito aparecerá en IMDB!
+ Botella de licor café
+ Camisetas "O Neno e a Sombra"
+ Storyboard e póster do filme asinado polo equipo
+ Amuleto: Pedra do raio
+ Guion do filme
+ Storyboard do filme
+ Fotos da rodaxe e Making Of
+ Enlace de descarga da BSO
+ Enlace protexido para ver o filme
+ Mención nos créditos da curtametraxe
+ Agradecemento en RRSS

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.