Queremos gravar la curtametraxe de ficción As mans frías con Tito Rodríguez, veciño de Cee, como protagonista.
É a historia de Lois, un home de mediana idade que sufre unha depresión da que pouca xente sabe. Unha visita inesperada será a súa oportunidade para mellorar.
TÍTULO: As mans frías
FORMATO: Curtametraxe
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 15 minutos
LOCALIZACIÓN: Cee e outros concellos
PAÍS DE PRODUCCIÓN: España
LINGUA ORIXINAL: Galego
DATAS DE RODAXE: 12/04/2020 - 16/04/2020
FORMATO DE RODAXE: Arri Alexa Mini, 25fps, 1:85:1, Cor
SON: Dolby Digital 5.1
Sobre as recompensas
Non dades unha aportación a saco roto. Queremos facer unha festa de estrea e temos un sistema de recompensas.
Ademais das recompensas, o director, Federico A. Rioboo dará catro clases de cine para rapaces de 11 a 14 anos organizadas polo concello de Cee durante o mes de abril do 2020.
Dependendo da túa contribución, podes obter:
● A nosa gratitude e a mención nos títulos de crédito.
● Unha ligazón da curta para visualizar a curta online unha vez faga o seu recorrido por festivais de cine.
● Unha invitación para a estrea no auditorio de Cee.
● Cartel da curta firmado polo equipo.
● O teu fillo/a, neto/a ou sobriño/a participe no curso de cine que impartirá o director no concello de Cee.
● Unha caixa cunha botella de Alvariño e unha copia do guión en pdf adicado personalmente por todo o equipo.
● Crédito de PRODUCTOR EXECUTIVO.
Sobre nós
En maio do 2019 gravei con Tito e a sua filla Danna unha curtametraxe que estreamos no auditorio de Cee. Esta curta está sendo enviada a festivais actualmente.
Queremos filmar a continuación daquela historia gravada en Laxe con Cee coma protagonista. Conseguimos parte do orzamento grazas a alcaldesa do Concello de Cee. Pero precisamos moito máis para levar a cabo o proxecto de maneira profesional. Xa só na postproducción e a distribución da curta vaise a metade do presuposto.
Desexamos seguir con esta colaboración e contar esta historia de inverno, soidade, loita e redención.
Axúdanos a facelo realidade!
Teaser de "MARIÑA", o noso anterior proxecto:
A vosa achega
A vosa achega vai servir para alugar:
● A cámara, o material de iluminación e material de son.
● Os desprazamentos, o aluguer dunha furgoneta e o aloxamento da equipa técnico-artística durante a rodaxe.
● Os gastos de posproducción: montaxe e misturas de son, corrección de cor, composición da banda sonora.
● Distribución e recorrido da curtametraxe: queremos que "As mans frías" chegue os mellores festivais de cine de todo o mundo.
1 comentario
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Fernando Rey García
Sorte!!!