Vale... pode que non sexamos o grupo revelación...
O certo é que acabamos de rematar o noso primeiro disco de estudio, gravado con moitísima ilusión e cheo de cancións que cremos que vos poden gustar moito.
Estamos desexando amosalo ao mundo e para iso necesitamos a vosa axuda :)
Entón... quen sodes?
Levamos xuntos dende 2010 e os catro coñecémonos dende moito antes, cando algúns de nós nin sequera tocaramos un instrumento máis aló da frauta HOHNER. Entre todos aprendimos a tocar, versionando cancións de grupos que nos gustaban só por pasalo ben. Pouco a pouco fomos creando cancións e saíndo do noso local de ensaio.
En todo este tempo vivimos un montón de cousas que nunca imaxinaríamos: gañamos o concurso acústico Liberty Music Play 2013, gravamos un EP en 2015, vimos como a revista Mondo Sonoro situaba a ese EP como a 6ª mellor demo galega do ano, gañamos o FEST 2015 e os 15 Bolos 2016, tocamos nas Sesións Anecoicas do Festival Sinsal, gravamos 3 vídeos musicais, compartimos cartel con grupos aos que admiramos, teloneamos a Tulsa e a Dorian e, hai pouco, gravamos o noso primeiro disco de estudio en Garate, un lugar incrible onde tamén gravaron grupos como Vetusta Morla, a M.O.D.A. ou León Benavente.
Agora estamos cos últimos detalles deste disco que esperamos publicar pronto.
De que vai o novo disco?
Este novo disco supón un salto cara diante para nós.
O noso anterior traballo, "Punto de Partida", gravado no noso propio local de ensaio, naceu máis coma unha "demo", unha mostra da música que estabamos a facer naquel momento.
Con este proxecto queremos dar un paso máis alá. Un traballo máis serio dende o comezo, á hora de afrontar as composicións, máis maduradas e cunha idea estética máis definida.
Para axudarnos a plasmar esas ideas volvimos contar coa fundamental dirección e experiencia de Juan Hernández na produción.
O lugar e a compaña para levalo a cabo non puideron ser máis axeitados. En Garate Studios a convivencia entre as oito persoas alí presentes fixo que pesara máis a ilusión que a nosa inexperiencia nun estudio profesional. O alí plasmado foi levado a término nos sucesivos meses en ronettstudio, dando lugar ao disco que estades a piques de facer posible coa vosa axuda.
Por agora é todo o que vos podemos contar do disco...
Iremos desvelando máis detalles durante a campaña de Verkami, así que atent@s ás nosas redes sociais! Facebook, Instragram, Twitter...
Que recibo eu a cambio de colaborar?
Preparamos diferentes paquetes para que poidades colaborar aportando dende 6 € ata 500 €.
Nas recompensas veredes un montón de opcións, pero en realidade son combinacións dos seguintes produtos que preparamos especialmente para este disco, todos con deseños preciosos feitos por Ana Seoane que iremos descubrindo pouco a pouco:
O disco en formato CD: por suposto, o disco non podía faltar.
O disco en formato vinilo: para @s máis romántic@s.
Camiseta de La Casa: cun deseño exclusivo para o novo disco.
Mochila festivaleira de La Casa: seguro que tes algunha por casa, pero ningunha tan molona ;)
Caixa de 4 cervexas de La Casa: cervexas do grupo feitas por Cervezas Silvestres en Barro (Pontevedra) cunha receita única e exclusiva. Se vos decidides por esta recompensa, poderedes asistir a un pequeno concerto acústico exclusivo na fábrica de cervexas, onde se vos entregarán as vosas recompensas.
Ademais, só por participar na campaña, poñeremos o teu nome nos agradecementos do disco :)
Unha vez remate a campaña, poderedes recoller as vosas recompensas en calquera dos concertos da nosa xira ou, se o preferides, volas enviaremos a casa. Poderán cobrarse gastos de envío para envíos fóra da Península.
A que destinaremos as vosas aportacións
A maior parte do recadado irá destinado á fabricación das copias físicas do disco. Queremos fabricar unha pequena tirada de 500 CDs en formato digipack e 275 vinilos de 12''.
O demais empregarémolo para facer os envíos das recompensas, para os gastos da propia campaña de Verkami e para pagar parte do merchandising.
Calendario previsto
A nosa idea é publicar o disco a principios de verán e comezar cos envíos das recompensas durante as semanas anteriores, para que todas as persoas que colaborastes poidades desfrutalo antes que ninguén.
Estas son as datas aproximadas, aínda que poden variar lixeiramente, xa que non só dependen de nós:
Fabricación de discos: Maio e xuño de 2018. Ao incluír vinilos na produción, o tempo estimado de fabricación é de entre 5 e 9 semanas.
Fabricación de merchandising (camisetas, mochilas): Maio de 2018.
Fabricación de cervexa: a produción xa está en marcha e agardamos tela en maio de 2018.
Envío de recompensas: Entre xuño e xullo de 2018.
Síguenos nas redes!
Nas nosas redes sociais poderedes ir vendo todas as novidades do disco. Pouco a pouco iremos dando a coñecer todos os detalles: título, portada, deseños e algunha cousiña máis :D
10 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
César Augusto Arana Rojas
Gran grupo y sobre todo grandes personas.
César Augusto Arana Rojas
Gran grupo y sobre todo grandes personas.
Smorga
👍🏻
Patricia
Suer
Fernando Castro Díaz
Lo conseguiremos!!
Pablolavandeira
Me venís a dar el concierto acústico a Madrid? Jejejejej Venga que lo conseguís sin problemas! Bicos!!
Gloria
Mucha suerte, lo vais a conseguir
Marián Castro
Moita sorte!!!
Marián Castro
Moita sorte!!!
Marián Castro
Moita sorte!!!