A nosa iniciativa trata de poñer cara e nome ós causantes da actual situación económica e social, explicar como nos levaron ata aquí e como se enriquecen á nosa costa; baseándonos en fontes ás que calquera podería acceder. De este xeito, pretendemos crear unha exposición, unha web e un vídeo.
O NOSO TRABALLO
Plantexámonos nun primeiro intre como explicalo dunha forma sinxela e visual. O primeiro paso será realizar unha exposición itinerante con catro paneis de 200 cm de alto por 80 cm de ancho, dividindo a información por temas ("O planeta", "Quénes son os ricos", "Cómo nos destrúen" e "Hai alternativas"). Ademais, recolleremos as opinións de quenes vexan a exposición, achando certa interacción entre nós e eles.
No sitio web, desenrolarase a información dos paneis, enlazando coas fontes e novas orixinais, intentando analizar máis extensamente os temas da exposición. A web crecerá conforme avance o proxecto e servirá de aloxamento pra o vídeo. Atoparala aloxada nos servidores do Observatorio da Deuda na Globalización (ODG), que moi amablemente prestounos o seu apoio.
O vídeo inclúe unha entrevista realizada en formato documental a Arcadi Oliveres, catedrático de economía da Universidade Autónoma de Barcelona e director de Xustiza e Paz en Barcelona, organización pola promoción e defensa dos dereitos humanos .
POR QUÉ PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN
Cando chegou ás nosas mans o libro "Cómo os ricos destrúen o planeta" de Hervé Kempf, un grupo de alumnos da Universidade Politécnica de Valencia (UPV) unímonos e puxemos en marcha o proxecto.
Pra financiarnos recurrimos ó Centro de Cooperación ó Desenrolo (CCD) da universidade, dentro do seu programa de axuda a campañas de sensibilización. Solicitamos 2000 euros prá realización da exposición, presentación e gastos derivados da mesma. A subvención foi concedida polo CCD en abril do 2011, coa idea de realizala pra decembro do mesmo ano. Eses 2000 euros incluían traer ó devandito Arcadi Oliveres pra apadriñar a exposición e dar unha charla inicial. Finalmente, por incompatibilidade de datas, optamos por desprazarnos a Barcelona pra entrevistar a Arcadi Oliveres in situ, co conseguinte gasto.
Comezamos en decembro a difundi-la exposición mediante carteis na UPV. Nesas estábamos, cando recibimos dende a dirección do CCD a orden explícita de retirar dos carteis os logotipos da universidade. Do mesmo xeito, negounos a difusión da exposición dende o centro, aducindo unha falta de supervisión do proceso creativo que nunca foi pedida e retiráronnos a subvención. Segundo seu criterio, a exposición áchase desenfocada e a UPV non pode manifestarse nestes extremos.
Así pois, encontrámonos cunha exposición xa editada, ademais dun sitio web e un vídeo en cernes; con gastos xerados, pero sen os medios económicos pra afrontalos. É por iso que recurrimos a Verkami como medio de financiamento e pedímosche a túa colaboración, coa intención de comezar a move-la exposición ó inicio do vindeiro curso escolar.
12 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Pau Miró
Autor/a
Tens tota la raó. Ara ja es definitiu i en breu, per fi, rebreu les recompenses.
Mil disculpes pel retras.
virgil11
Ja m'havia oblidat d'açò, però no em pareix honest que no haja rebut res del projecte. Error, desidia??
Pau Miró
Autor/a
Ho sentim!
Esperem poder enviar les recompenses abans de Juliol.
Gracies per la paciència!!!
lidia_vila
Hola xics!
Sabem alguna cosa de l'estat del projecte? Anem camí dels 2 anys...
Gràcies!
Pau Miró
Autor/a
El projecte encara no l'hem pogut acabar. Estem ultimant els retocs al DVD. Quan estiga tot ho farem saber, i als mecenes els primers.
Sentim el retras.
Salut
Grup Herve
virgil11
El projecte ja fa que va acabar i jo no he rebut ni cd ni samarreta, ni res. Hi ha algun problema?
Mason
It is a great site and also interesting and enjoyable to study. I am a massive of the topics spoken of. Also get pleasure from checking the observations, nevertheless observe that a lot of people might stick to the topic to add value to the original article. I'd also really encourage everybody to bookmark this web page in your favourite service to help spread your message. Mason http://www.purevolume.com/FridaMoss/posts/1212613/An+Introduction+To+Shoe+
test
Quiero ver si esto me deja hacer spam...
Pau Miró
Autor/a
Hola Pere
Bones preguntes, molt estaria canviant l'esglesia si ens abonara els 2000 eurets.
Respecte a la referència a l'Arcadi, la seva participació al projecte es una entrevista com a Catedràtic d'economia però ja ens vendria be a totes tindre més cristians com ell.
Salut
Grup Hervé
Pere Ferrer Gallego
L'església no té 2000 eurets gastadors per promoure una alternativa com la vostra? Perquè sí en té per passejar al Papa? Hem de ser nosaltres qui paga la crisi, qui subvenciona la subversió i qui suporta l'insult feixista religiós? No t'entenc Arcadi