Somos polvo. Pero non só nós, todxs somos polvo xD. Cinco tolos, pasamos dos trinta, traballos precarios ou non traballos, estudos, fillxs vidos e vindeiros, soños, ilusións y tamén frustracións...
Como moitas outras bandas vimos de diferentes proxectos como Myself, Primitive ou Nao, xurdindo das cinzas daqueles entrañables ForHomeUseOnly. Como case todas as bandas atopamos moitas dificultades económicas para tan se quera pagar un estudo de gravación. Seguimos dando cera e ó fin, despois de seis anos de traballo no local de ensaio, imos gravar o noso primeiro disco, FixPoint.
E dicimos imos gravar con todas as letras xa que é unha necesidade vital que cumprimos independentemente do resultado desta campaña de crowdfunding, así teñamos que endeudarnos pedindo créditos. De feito xa gravamos o disco así que dicimos... xa gravamos!!!!! :D :D :D
Agora ben, sería gratificante recompensa que despois de tanto tempo e esforzo, ademáis de ter un disco poidésemos fabricar cds y camisolas que compartir convosco. Como sabedes é unha parte importantísima para crear unha imaxen de grupo e facilita labores de promoción e contratación para a banda. Porque si, teremos que darnos uns bos concertos :D
Por todo isto solicitamos o voso mecenazgo, que entendemos simplemente como que vós adquirides cds e camisolas por adiantado e desta maneira facedes posible que podamos escalar o noso primeiro chanzo. Unha colección de 8 cancións inéditas gravadas, producidas e masterizadas nos estudos PousadaSon de Ames con Iago Pico e 3 bonus tracks, os tres temas que temos ata o de agora e cuxos videos vos deixamos de seguido.
O primeiro deles, Red Sky, é unha versión de Thrice para o recopilatorio benéfico HCxHC Vol.2 contra o cancro que aquí estreamos cun lyric video cortesía de TheCoreInside, responsable ademáis da nosa imaxe gráfica
A que destinaremos as vosas aportacións
Éste é o desglose dos nosos gastos que ascende ó total de 3.325€:
Gravación FixPoint -> 2000€
Fabricación de cds -> 500€
Camisolas e púas -> 500€
Envíos recompensas -> 200€
Gastos xestión -> 125€
Nun comenzo pensabamos nunha cifra maior para rodar un videoclip xa que hoxe en día o audiovisual convírtese en parte indispensable. No canto diso, axustamos ó máximo ceñíndonos únicamente á gravación e fabricación de merch en troques de engadir unha recompensa extra para todxs: Se acadamos a completar satisfactoriamente esta campaña de crowdfunding, todo o que recaudemos a maiores destinarémolo a videoclips da man da produtora Ziwa e, se nos micromecenas, o teu nome sairá nos créditos de dito videoclip :D :D
Sobre as recompensas

Se alguén está interesadx en recibir unha recompensa fora da Galiza/España tratarémolo particularmente, facéndose o mecenas cargo dos gastos de envío neste caso ;)
Calendario previsto
Para cando esteas lendo isto, la gravación, edición e mástering do disco estará completada. Si acadamos o noso obxectivo, enviaremos o CD e o merch a fábrica y só terás que agardar como moito un mes para recibir as túas recompensas :D


0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.