Dixie Town necesítavos a todos para poder sacar o noso 4º disco de estudio titulado 'O Furacán' e o que será o segundo realizado con cancións absolutamente propias!
Necesitamos os 2.000€ para poder cubrir a gravación, un desenvolvemento gráfico completo a cargo de El Pulpo Estudios, así como a fabricación de 320 Vinilos de 180 gr con Kankana Records e 500 jewel box con Rock CD.
CANDO O LEVAREMOS A CABO
O disco gravarase entre o 13 e 17 de agosto en 5 sesións e mesturarase e masterizarase no estudio da elección do noso produtor Mike Mariconda.
QUEN SOMOS
Dixie Town somos o grupo de power blues creado a principios de 2007. Ata o de agora editamos tres discos conseguindo distribución só para o último deles titulado Fat and Superb (distribuído por Lonxa Cultural desde outubro de 2010). O novo disco gravarase nos estudios Tigruss de Gandía contando coa produción do neoiorquino Mike Mariconda (The Excitements, Guadalupe Plata, Los Chicos...).
O proxecto Dixie Town obtivo boas críticas na prensa especializada nacional como MONDOSONORO ou Ruta 66 e poden consultarse algunhas destas recensións na nosa web A nosa web na sección “Fotos”
A banda é solvente en directo e máis de 25 conciertos por toda España no último ano demóstrano Ver vídeo!.
RECOMPENSAS
• 10€ / max. 150
Novo Cd de Dixie Town O Furacán
• 15€ / max. 300
Novo disco en Cd O Furacán + unha entrada para o concerto da xira de presentación que o usuario patrocinador escolla.
• 15€ / max. 100
Vinilo O Furacán (180 gr)
• 20€
Preescoita do disco antes da súa saída ao mercado + Descarga dixital do LP + Envío do CD co teu nombre no libreto como co-produtor, dedicado e asinado por todos os compoñentes + Entrada para un concierto presentación.
• 20€ / max. 200
Novo disco en Vinilo de O Furacán + unha entrada para o concerto da xira de presentación que o patrocinador escolla.
• 30€ / max. 150
Discografía completa de Dixie Town: Hardnighters, Bluesbelievers, Overdrive, Fat & Superb e o novo disco O Furacán.
• 40€
Preescoita do disco antes da súa saída ao mercado + Descarga dixital do LP + Envío do Vinilo co teu nome no libreto como co-produtor, dedicado e asinado por todos os compoñentes + Entrada para un concerto presentación.
• 50€
Vinilo O Furacán (180 gr) + Mención exclusiva nos agradecimentos do disco.
• 1.500€
Inserción na gráfica do novo disco O FURACÁN do logo do mecenas. Presenza en 320 Vinilos, 500 Cd e en toda a cartelería xenérica da xira de presentación e en todos os emalings de comunicación da banda.
0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.