❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

"AMENAZA DE MUERTE - FALSE PROPHETS" novo CD

Axuda a Amenaza De Muerte a facer realidade o seu novo CD "False Prophets". Cuarto traballo da banda galega, estará cargado dun impecable e brutal Death Metal/Deathcore/Beatdown que non che deixará indiferente.

Amenaza De Muerte

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Malpica
0
segundos
33
Achegas
586€
De 2.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano e English

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Axuda a Amenaza De Muerte a facer realidade o seu novo CD "False Prophets" a través desta campaña de crowdfunding.

Cuarto traballo da banda galega, o máis profesional e perfeccionista ata o momento, cargado de brutalidade, escuras melodías, pesados breakdowns, aplastantes baterías e desgarradoras voces guturais que caracterizan o seu estilo integrado nun Death Metal/Deathcore/Beatdown.

Quenes somos

Amenaza De Muerte é unha banda de Death Metal/Deathcore/Beatdown, formada en Malpica de Bergantiños (A Coruña, 2008).

Cunha demo (Vive o Muere, 2009) e un CD (Atrapado, (2011) as súas cosatas, tocaron en diversas salas e festivais en España e Portugal, como o Resurrection Fest (Viveiro), Criminal Hardcore Fest (Madrid), Hell Sweet Hell (Oporto), Galicia Metalhead Festival (Santiago) ou o Rock Galicia Metalfest (Ourense), compartindo cartel con importantes bandas como Slayer, Lamb Of God, Devil In Me, We Butter The Bread With Butter, Exodia, Sound Of Silence, Soldier, Mutant…

O seu último traballo ata a data, Deathcoast (2014) permitiulles formar parte de recopilatorios nacionales como Mother Of Deathcore Vol. 4; Brutal Family, A Spanish Compilation Vol. 3; Tan Real Como El Puto Infierno, Vol. 12; A Casa Do Rock, Vol. 1... e foi criticado por diversos medios de prensa especializada: Subterráneo Heavy, [Metal Korner](http://metalkorner.com/entrada/2016/03/22/3147/peque%C3%B1o-desglose-de-%22deathcoast%22-(2014)...

Este EP constitúe un preludio do seu próximo larga duración, "False Prophets", cuxo futuro está nas vosas mans.

Apareceron recentemente no programa Pobos con Música da TVG.

A qué destinaremos as vosas aportacións

Sobre as recompensas

  • Prezos exclusivos para a campaña de crowdfunding ¡Faite con iso que queeres agora!

  • Recompensas exclusivas: algunhas recompensas só se poderán obter durante a campaña de crowdfunding, como as entradas para os ensaios ou a cea cos membros da banda.

  • Escótao antes que ninguén: posibilidade de escoitar "False Prophets" antes da súa saída oficial.

  • Aforra os gastos de envío: escollendo recompensas nas que podades vir a un concerto, ensaio, cea... coa banda. Saitravos máis rentable, e coñecerémonos en persoa (se aínda non nos coñecemos jejeje)

  • Sorteos entre os mecenas, que se irán anunciando ao longo da campaña.

Se sobrepasamos o obxetivo notablemente

Destinaremos o beneficio obtido á la gravación dun videoclip dun dos temas do novo disco.

Calendario previsto

  • O novo logo, novo símbolo, deseño das novas camisetas e portada do CD xa están realizadas.

  • A gravación finalizou.

  • A mestura e remasterización están en curso.

  • O artwork do CD xa está en curso.

Ao final do crowdfunding:

  • Mandaránse as pistas de audio e o artwork do CD para lanzar as copias físicas de "False Prophets"

  • Enviaránse os deseños das camisetas para lanzar o merchandising.

A data de entrega de recompensas dependerá do tempo requerido para este proceso, pero esforzaremonos para que sexa o antes posible.

Séguenos en:

Facebook
Instagram
Twitter
Bandcamp
Youtube

Contacto

E-mail: [email protected]

Teléfono: 616 13 11 10

¡¡¡Moitas gracias a tod@s!!!

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies