Preséntovos ESD, que é o nome do meu novo proxecto e do meu próximo disco. Esta banda é un cuarteto de jazz-rock formado por dúas guitarras ( Virxilio Da Silva e Wilfried Wilde), teclados (eu mesmo, Xan Campos) e batería ( Iago Fernández). En varios temas contamos tamén coa colaboración de Yoel Molina (guitarra).
ESD, o disco
O disco gravámolo en Copenhague en xuño do 2015 e, a pesar de que tardou un pouco máis do esperado, está listo para ser lanzado en breve coa discográfica Free Code Jazz Records.
Como moitos saberedes, este é un selo de autoprodución, para o bo e para o malo, e polo tanto todos os gastos corren da miña conta.
Ata o momento calculo que gastei preto de 2000€ na gravación deste disco. Os CD's están xa en fábrica e pronto vou ter que pagar tamén este proceso. Todo isto é asumible e sei pola miña experiencia noutras ocasións que vou ir recuperando a inversión pouco a pouco.
O problema vai ser facer os vinilos. Moitos dicídesme que vos gustaría comprar o disco en vinilo, e a min faríame moita ilusión poder ofrecelo neste formato. Pero o prezo dispárase moito e desgraciadamente non podo facer fronte a ese gasto neste momento.
Por iso vou necesitar a vosa colaboración, tanto para axudarme a pagalo como para ver ata que punto os vinilos van ter saída.

A que vamos destinar as vosas aportacións?
Os cartos recaudados van ir na súa totalidade a pagar a fabricación dos vinilos. O custo vai ser de case 2000€, pero a cantidade mínima que puxen para que o proceso sexa viable é de 1500€.
As recompensas
As recompensas non inclúen os gastos de envío. Se estás en Galiza podes achegarte ata un dos nosos concertos ou podemos ver o xeito de facer a entrega en man. Se estás fóra voume poñer en contacto contigo para pedirche os custos do envío no seu momento.
Custo aproximado dos envíos:
CD: España 3'50€; Europa 5€; Mundo 6€.
CD + Camiseta: España 4'50€; Europa 9€; Mundo 12'50.
Vinilo e outros packs: España 7€; Europa 15'50€; Mundo 24€.
Tampouco están incluídos os gastos de desprazamento no caso dos concertos.
Calendario previsto
A fabricación dos vinilos vai demorar uns dous meses, polo tanto debería estar todo listo a comezos de outubro. Quizais antes.
Graciñas!!

0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.