O noso proxecto
SMART Como un teléfono intelixente pode convertirte nun idiota é unha comedia sen palabras sobre o mundo das apps móviles, un show de clown na era dixital.
Tres pallasas adictas aos seus teléfonos acoden a probar unha nova e misteriosa aplicación. Cando quedan sen os seus celulares, terán que aprender a relacionarse de novo analóxicamente. Unha sátira social sobre os nosos comportamentos fronte á tecnoloxía. Unha historia de descubrimento e de amizade, nunha época de máxima conectividade coa rede e de absoluta desconexión entre as persoas.
Paos de selfi, soños con app, WiFis que fuxen, coros de ringtones, cubos táctiles, clowns dixitais nativas, diálogos con emoticonos, habitacións virtuais e video mapping. Benvidas a SMART, un universo delirante, onde os teléfonos son máis intelixentes que as persoas.
Quenes somos
Antón Coucheiro é clown, actor, director e guionista galego, con 15 anos de experiencia nas artes escénicas e na TV, cunha traxectoria especialmente adicada ao humor. Nesta nova produción de clown e teléfonos, xuntou a tres das mellores pallasas galegas: Marta Iglesias, Natalia Outeiro "Pajarito" e Akira Valero. As tres, ao igual que o director, traballan coas súas compañías de impro, TheMomento Impro e Los Duguis, e cos seus espectáculos de clown en teatros, na rúa e no hospital.
Conseguimos ademáis xuntar a un grupo de artistas e profesionais arredor do proxecto para poder realizalo:
O EQUIPO
Idea, dramaturxia e dirección: Antón Coucheiro
Elenco: Natalia Outeiro "Pajarito", Marta Iglesias, Akira Valero
Iluminación e composición de Video mapping: Dani Pais
Música: Túlio Rosendo
Vestiario: Olalla Tesouro
Produción: Eva Triñanes
Asesoría vocal: Mónica de Nut
Cartaz: Jara Zambrano
Video e promo: VEMO TV
Distribución: CULTURACTIVA
Sobre as recompensas
Xa que estamos ante un espectáculo que une o clown cos móviles, as recompensas teñen que ser ao mesmo tempo divertidas e dixitais. Así que ofrecemos dende simpáticos GIFs do show e ringtones personalizados coa voz da pallasa que ti elixas, ata un pack de emoticonos coa túa cara, video-agradecementos personalizados para que botes unhas risas ou a realización dun video sketch con guión personalizado sobre o tema que ti queiras. Por suposto, haberá entradas para asistir á estrea do espectáculo (intercambiable por algunha outra función), camisetas, o cartel firmado pola deseñadora Jara Zambrano e materiais inéditos de ensaios. Tamén ofrecemos un tapeo, selfi e charla co equipo, aos mecenas con Mención Especial, e a contratación dos nosos servizos coma clowns e improvisadoras para o animar o teu evento.
Se che intereresa algún dos nosos combos pero non vives en Galicia, ou se non podes asistir á estrea nin a ningunha das funcións, podemos cambiar as entradas por algunha outra recompensa sen problema. Só tes que dicilo!
A que destinaremos as vosas aportacións
Contamos cunha axuda de AGADIC para esta produción, pero non chegamos a cubrir certos gastos, tales coma o deseño do cartaz, uns zapatos de pallasas especiais, o merchandising, o segundo proxector, a grabación e edición do video do espectáculo, así como os carteis, programas de man e publicidade en xeral. Así que as vosas achegas servirán para cubrir estes gastos e que non nos empufemos, axúdanos!
Calendario previsto
Actualmente estamos na terceira fase da produción de SMART. En setembro-outubro do 2015 tivemos os primeiros ensaios para a creación da dramaturxia, en xaneiro-febreiro do 2016 comezamos cos ensaios para a montaxe, en marzo do 2016 fixemos unha residencia técnica no Concello de Negreira, onde probamos o material creado ata o momento. A verdade é que gustou moito!
Nesta terceira fase temos que montar os dez minutos finais do espectáculo, así como posproducir algúns videos e músicas, introducir algunhas melloras e poñer en marcha o material de publicidade e o merchandising.
A estrea oficial vai a ser o 18 de maio en el Teatro Principal de Santiago de Compostela, e nós durante esta campaña imos seguir traballando para que ese día esté todo listo para o voso disfrute. Contamos con vós!
0 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.