Sindicato da noite é un proxecto de música pop-rock liderado polo contrabaixista cubano José Manuel Díaz Iglesias. Durante os meses pasados estivemos preparando unha serie de cancións coa finalidade de gravar o noso primeiro CD, por iso agora estamos lanzando esta campaña de financiación. Neste CD temos pensado gravar 12 cancións orixinais, todas compostas por José Manuel Díaz, con letras suxerentes, bos arreglos e moita enerxía.
A qué destinaremos as vosas achegas
As vosas achegas estarán destinadas integramente a cubrir os gastos de gravación, deseño e fabricación do CD.
Sobre as recompensas
Non pretendemos montar unha feira para poder lograr a financiación, a maior recompensa debería ser a música que gravaremos no CD, por iso vos pedimos que o compredes por adiantado. A maiores, incluímos algunhas láminas do noso deseñador cubano Fidel Alonso para os amantes da pintura e o deseño gráfico. E a posibilidade dun concerto privado da banda. Persoalmente creo que é unha recompensa escoitar a Felipe Villar nas guitarras, a Máx Gómez na batería, a Alex Salgueiro nos teclados e a Su Garrido na voz. Será un pracer facer este traballo discográfico para todos vostedes. Grazas de antemán.
Calendario previsto
Esperamos ter o CD listo para entregar no mes de xuño.
+ Info
Podedes escoitar algunhas das nosas cancións. Estas gravacións forman parte da nosa primeira maqueta:
0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.