❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Colabora con Xarabal para participar no desfile de San Patricio en Nova York

A "Banda de Gaitas Xarabal" está invitada a participar no desfile de San Patricio pola 5ª Avenida de Nova York o vindeiro dia 17 de Marzo. Con este motivo realizaremos diferentes actividades para poder sufragar os gastos que supón mover un colectivo tan numeroso o outro lado do Atlántico.

Category

Created in

Vigo
0
seconds
15
Pledges
640€
From 3.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

A "Banda de Gaitas Xarabal" foi seleccionada para participar no 254 Desfile de San Patricio que se celebrará o día 17 de Marzo de 2016 polas rúas de Manhattan (Nova York), nesta viaxe contará coa colaboración do grupo de baile "Lembranzas Galegas".

Para qué precisamos a vosa colaboración

Para poder acudir a tan importante cita necesitamos sufragar os gastos derivados do desplazamento do grupo de 40 persoas ademáis dos correspondentes hospedaxe e manutención durante a estancia.

A nosa actuación ainda que sexa o día 17 no desfile tamén propiciou a posibilidade de tocar na Casa de Galicia en Queens, polo que a estadía da banda e bailadores en terras americanas será dende o dia 15 o 20 de marzo.

Obxectivos da nosa participación no desfile de San Patricio

A "Banda de Gaitas Xarabal" xunto con "Lembranzas Galegas", coa súa participación no desfile de San Patricio en Nova York, pretenden a consecución dos seguintes obxectivos:

  • Difundir a música e a cultura galega fóra das nosas fronteiras.

  • Dar a coñecer o nome de Xarabal e de Galicia, xunto coa do Concello de Vigo á cidade de Nova York.

  • Valorar a gaita e a música e baile tradicional galegos como formas da música actual.

  • Fomentar a unión de culturas a través das diferentes actividades a realizar.

  • Promocionar a marca galega en Estados Unidos.

  • Enriquecer ás novas xeracións da Escola de Gaitas coa mestizaxe de culturas que hai no desfile de San Patricio.

  • Axudar á proxección das bandas de música tradicional galega en Estados Unidos, coa colaboración da Casa Galega de Nova York.

  • Contribuír a visibilizar a imaxe dos organismos cofinanciadores galegos no estranxeiro.

Qué vos ofrecemos a cambio

Como recompensa a tódolos mecenas que farán posible a nosa participación en tan importante acontecemento, teremos a honra de contar con eles no concerto que se realizará no Teatro García Barbón o vindeiro 21 de Febreiro con artistas convidados da calidade de Xose Manuel Budiño, Riobó, Anxo Pintos, Ernesto Campos, o grupo de baile Lembranzas Galegas entre outros membros e ex-compoñentes da banda.

Ademáis de conseguir diferentes obsequios personalizados co noso logo para que no día a día poidades acordarvos da nosa banda.

Sen máis , gracias por ler estas líneas e axudarnos a facer posible este soño aportando a vosa axuda tan valiosa.

+ info

www.xarabal.org
facebook.com/bandadegaitasxarabal

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy