Caros mecenas , gracias a todos vós, o libro De Kuala Lumpur a Beijing xa é un feito !
Conseguimos os 4000 euros, pero como ainda temos uns días de campaña, propoñovos un segundo obxectivo: 5500 € para mellorar a edición !
Na ligazón ao blog están todos os detalles.
Proxecto
Chámome María Meijide e son pintora. Hai anos que fago diarios gráficos das miñas viaxes mais esta é a primeira vez que me embarco nun proxecto de autoedición.
En febreiro de 2015 aterrei en Kuala Lumpur, Malaisia, e alí comezou unha viaxe de cinco meses a través de paisaxes paradisíacas e emblemáticas pero ás veces tamén míseras e descoñecidas.
De Kuala Lumpur a Beijing é o caderno de viaxe de toda esta travesía.
Un proxecto que, gracias ás vosas achegas, será un libro de tinta e acuarela impreso a toda cor cunha selección de máis de 100 debuxos feitos ao vivo durante a viaxe.
A medida que avanzan as páxinas poderemos recoñecer a icónica ponte sobre o río Kwae no noroeste de Tailandia, a contorna tribal de Inle Lake en Myanmar, as augas do Mekong nas ribeiras de Laos, os cemiterios de Dien Bien Phu no norte de Vietnam, rúas ateigadísimas nas incríbles metrópoles asiáticas, a gran muralla chinesa... e moito máis!!
ver máis


¿Cales son as vantaxes de contribuir a esta campaña?
Pois en primeiro lugar, gracias a Verkami e ás vosas achegas será posible editar un libro precioso, íntimo e exótico. Doutro modo este libro estaría condenado a un formato moito más restrinxido de exposición (libro de artista).
Gracias a este crowdfunding todos poderemos desfrutar desta viaxe asiática nunha edición libre de intermediarios e a un prezo asequible, mais baixo que o de saída no mercado. (A través desta plataforma o libro adquírese a 20 €, en tanto que o seu prezo en librerías será de 24 €)
Ademais, achegando a esta campaña tamén se poderán obter acuarelas orixinais e láminas personalizadas, editadas en alta calidade.


Formato
O libro asemellarase o máis posible ao caderno orixinal.
17x18 cm.
148 páxinas.
Tapas semiduras.
Levará un pequeno prólogo en galego-español/inglés/chinés.
A primeira tiraxe será de 750 exemplares.


A que destinaremos as vosas achegas
Impresión do libro e complementos.
Embalaxe e envío.
5% impostos crowdfunding + 21% IVE + 1,35% impostos bancarios.
Se o proxecto excede o orzamento dedicarei o diñeiro a sufragar os gastos de maquetación e deseño, a ampliar a tiraxe do libro, e se é posible a cobrar honorarios de autora.

Sobre as recompensas
Para aqueles que queirades facer as vosas achegas, ofrezo diferentes posibilidades:
Libro asinado e dedicado.
Reproducións do caderno en láminas de 22x22 e 20x40 cm.
Mapa emocional de Santiago de Compostela, un cartaz de 50x70 cm, cartografía de autor(a) colorista en tubo de cartón.
E para mecenas coleccionistas a opción de acceder a obra orixinal: unha serie de acuarelas ou tamén a posibilidade de facerse co caderno de viaxe orixinal.
Estes son as opcións en lotes:







SUPER-PACK OBRA ORIXINAL, para mecenas interesados en acuarelas orixinais:

SUPER-PACK COLECCIONISTAS, para mecenas interesados en cadernos de viaxe orixinais:

Calendario previsto
Cara finais de decembro, farei unha presentación do libro en Santiago de Compostela. O libro está xa pronto. A maquetación finalizou e o prólogo foi traducido, polo que só resta esperar ó pulo económico que permita levar o libro a imprenta.
Os envíos realizaranse a partir de 21 de decembro.





1 comentario
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Alfonso
Ya lo presentaste en Santiago? Te vi en el mercado de abastos con la cantante de ópera que pintaba las uñas.
Proyecto precioso.....somos una editorial de libros....tienes cerrada la edición en imprenta?
Noraboa