Consolidamos o anuario pikaro
Pikara Magazine é unha revista dixital que ofrece xornalismo e opinión con enfoque feminista, crítico, transgresor e disfrutón (de aí o vídeo tolo deste ano, obra do colectivo feminista Txokorro. Despois da incrible acollida que tiveron os anuarios en papel nº1 e nº2, lanzamos o terceiro número botando a casa pola fiestra: imos imprimir 5000 exemplares de golpe, o dobre que o ano pasado.
Que hai de novo?
Esta edición terá, como o ano pasado, unhas 140 páxinas a toda cor, cun papel de calidade e un deseño máis coidado que nunca (xa que aprendemos ano a ano), feito por Emma Gascó, que voltará abraiarnos con capas moi chulas, e Señora Milton, que repite como maquetadora. O anuario inclúe unha selección de contidos publicados en pikaramagazine.com entre novembro de 2012 e de 2013, con contidos inéditos e sorpresas.
Priorizamos as reportaxes, entrevistas e análises en profundidade que convidan a unha lectura queda fronte ó consumo rápido que impera en internet. Abordaremos temas tan variados como saúde mental, moda, economía feminista, CIEs, feminismo islámico ou gordofobia. Tamén incluíremos artigos inéditos de colaboradoras como Barbijaputa ou Lucas Platero.
O contido inédito con maior protagonismo será unha selección das ilustracións e carteis da plataforma gráfica contra a lei Gallardón, Wombastic, como forma de celebrar que logramos parar este retroceso en materia de aborto.
E outra novidade divertida é que Alicia Murillo atreveuse a probar un novo formato: a fotonovela.
Por último, destacamos que este ano tivemos chegado a acordos de troco de publicidade para ofrecervos recompensas moi apetecibles.
Por que é boa idea ser mecenas?
É unha forma de pre-mercar a revista, con vantaxes e comodidades. Custarache un euro menos que nos puntos de venda e presentacións, recibirala en casa e antes de que se poña á venda en outros establecementos.
Iso se aportas 9 euros (no caso da Península Ibérica). Pero mediante o crowdfunding tamén ofrecemos diferentes fórmulas para que recibas merchandising de Pikara, para que apoies o noso proxecto e que o teu apoio se reflicta na nosa web.
Este ano Pikara conta con tenda online, pero a través de Verkami organizamos packs que che permitirán conseguir moitos produtos pikaros sen engadir gastos de envío.
Por que subimos o prezo da revista?
Lembraredes que o nº2 custaba 7 euros no Verkami e 8 euros en puntos de venda e presentacións. Veredes, ese prezo fixámolo antes de rematar a maqueta, cando tiñamos previsto que a revista tería unhas 80 páxinas (como no número 1). A nova maqueta levou a ampliar a extensión a 140 páxinas. Isto disparou os gastos de envío, xa que a revista pesa máis de 500 gramos.
O envío dun anuario dentro da península custa 4'08 euros, 7'02 a Baleares, Ceuta e Melilla e 9'39 euros a Canarias. Estes prezos son de Correos e como envío certificado, que é a opción que nos garante envíos rápidos e sen risco de perdas ou danos. Tiñamos dúas opcións: ou subir o prezo ou baixar a gramaxe do papel. E valoramos que unha revista anual en papel merece a mellor calidade. Este ano o prezo da revista é de 9 euros a través do Verkami, pero para compensar a subida, regalámosche unha bonita lámina con algunha das ilustracións de Emma Gascó, Señora Milton ou Núria Frago.
A que destinaremos as vosas aportacións
Primeiro obxectivo: 11.200 euros
É o xusto para cubrir os gastos de produción máis grandes, da revista e as recompensas, así como as comisións do crowdfunding:
Imprimir 5.000 exemplares: 8.000 euros
Producir recompensas (1.000 bolsas, 2.000 láminas e 500 calendarios): 2.426 euros
Estimación da comisión de Verkami: 630 euros
Estimación da comisión de Paypal: 144 euros
Segundo obxectivo: 12.700 euros
En Pikara parécenos moi importante dignificar o traballo das persoas e non precarizar en nome da militancia. Por iso, precisamos contar con orzamento para remunerar ás profesionais que garanten un produto de calidade.
Honorarios para maquetación e ilustración: 900 euros
Honorarios para corrección de textos: 300 euros
Pago por contidos inéditos: 200 euros
Imprevistos: 100 euros
Terceiro obxectivo: 15.000 euros
Este obxectivo permitiría contar cun presuposto amplo para costear unha segunda posible tiraxe ou máis recompensas e para contribuír á sostenibilidade de Pikara Magazine, incluída unha aportación ós salarios das dúas coordinadoras do proxecto, June Fernández e Andrea Momoitio.
As recompensas
- Produtos de Pikara: bolsas de tela (coa imaxe da abella que ves en portada e o lema ¿Algo te pika?), láminas de algunhas das ilustracións máis bonitas de Pikara Magazine e calendarios para o ano 2016, que tamén levan unha ilustración por mes.
Se non tes os números anteriores de Pikara, fíxate na opción de conseguir un de cada por 25€
Faite amiga de Pikara! Interésanos empregar o Verkami como forma de atraer novxs socixs. As vantaxes son: recibirás nos próximos anuarios en papel na túa casa, beneficiaraste de sorteos e ofertas, e sentiraste máis parte da comunidade de Pikara. Normalmente propoñemos unha cota mínima de 30 euros ó ano pero, para animarte a facelo xa a través do crowdfunding, ofrecemos tres tipos de cotas, cada unha cun obsequio especial:
Cota de 35?/ano: Llevas o CD de rapeiras feministas 'Femcees' que lanza o Fondo de Mujeres Calala.
*Cota de 50€/ano:*A editorial Txalaparta regálache o libro ['Vírgenes catódicas y putas recalcitrantes'], no que varias autoras feministas analizan series de televisión de éxito.
Cota de 60€/ano: O regalazo neste caso á a antoloxía de autoras de cómic ['Enjambre']
Finalizado el envío, el anuario se pondrá a la venta en puntos de establecimiento, y en octubre empezaremos una nueva gira de presentaciones.
Calendario previsto
Xullo: Edición de textos, deseño e maquetación
Agosto: Produción de recompensas
Setembro (primeira semana): Impresión de revistas
Setembro (segunda semana): Pedir datos a mecenas
Setembro (terceira semana): Envío de recompensas
Finalizado o envío, o anuario poráse á venda en puntos de establecemento, e en outubro comezaremos unha nova xira de presentacións.
Youtube
Instagram
23 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Elsa
Hola, no veo la opción de conseguir el anuario nº1, el nº 2 y el nº 3 más la lámina, la bolsa y el calendario 2016, ¿cómo puedo conseguirlo y a qué precio) Milesker!
Patricia
Hola! Hay alguna forma de que me lo envíen a Ecuador?
Pikara Magazine
Autor/a
¡Hola! Escríbenos a [email protected]
Patricia
HOla! Yo hice mi aportación en agosto, pero no he recibido el formulario para indicaros mi dirección. Qué tengo que hacer?
Pikara Magazine
Autor/a
¡Claro! Puedes comprarla en tienda.pikaramagazine.com
Eva Gnz
Hola! ¿Puedo conseguir desde internet la revista? He tenido la oportunidad de ver la versión impresa y me gustaría conseguirla, compra doña desde internet.
Gracias
Gracias
Tarsís
Aporto per al projecte! Així mateix he vist que s'ha acabat el pack amb la recompensa del cd femcees? Podrieu dir-me com el puc aconseguir? Mil gràcies!!!
Pikara Magazine
Autor/a
Hemos tenido un problema y no hemos visto estas preguntas hasta ahora. ¡Más vale tarde que nunca!
Los datos se piden una vez finaliza el proyecto. Ya debería haberte llegado un formulario para darnos tu dirección.
¡Un abrazo!
Laura
Hola! primero enhorabuena por el proyecto Pikara, gracias! mi pregunta es, dónde os tengo que indicar mi dirección para recibir mi pack? qué ganas!
Pikara Magazine
Autor/a
Hemos tenido un problema y no hemos visto estas preguntas hasta ahora. ¡Más vale tarde que nunca!
Los datos para la recogida de datos se hacen una vez ha finalizado el proceso. Ya os hemos mandado los formularios para que nos deis vuestras direcciones. Rellenadlo cuanto antes, por favor :)
Un abrazo y disculpános por no haberte contestado antes.