❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Cabalgando Galizia

Dante, o noso anfitrión, emprende unha viaxe a cabalo a través da Galiza oculta, por lugares que quedaron fora dos principais camiños, para documentar e difundir o modo de vida nesa rexión, no seu marco de beleza natural. Última odisea mes, a fin de amosar a auténtica Galizia.

Pedro H. Lajara

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Londres, Reino Unido
0
segundos
14
Achegas
500€
De 3.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano e English

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Dante, o noso anfitrión, emprende unha viaxe a cabalo a través da Galiza oculta, por lugares que quedaron fora dos principais camiños, para documentar e difundir o modo de vida nesa rexión, no seu marco de beleza natural.

A medida que o noso anfitrión viaxa, irase sumerxindo na cultura diaria galega: dende receitas caseiras, música, vestimenta e paisaxes agochados, ata personaxes perdidos no tempo que nos presenta o camiño.

O noso documental distínguese do resto grazas a que moverse a cabalo permítelle acceder a lugares insólitos, onde as vellas tradicións consérvanse practicamente intactas. Ao mesmo tempo o noso documental reivindica este singular medio de locomoción animal, con un fiel cabalo que nos acompañará debuxando sendeiros.

E por se fora pouco, o noso anfitrión agrega o seu toque de humor interactuando cos habitantes de diversos pobos e caseríos, para así mostrar a esencia galega, e invitar á xente de todo o mundo a unha viaxe diferente.

Índice

  1. EN QUÉ SE DISTINGUE O NOSO DOCUMENTAL DO RESTO?

  2. CABALGA XINETE, CABALGA. POLO MENOS 1000KM GALEGOS.

  3. ¿POR QUÉ GALIZA?

  4. NINGUÉN É PROFETA NA SÚA TERRA.

  5. CIRCUITO INICIAL.

  6. DIFUSIÓN E IDIOMAS.

  7. MUSICALIZACIÓN.

  8. ¿CÓMO FUNCIONA O CROWDFUNDING?

  9. ¿PODERÍAMOS FACER O DOCUMENTAL SEN CROWDFUNDING?

  10. SOBRE AS RECOMPENSAS.

  11. ORZAMENTO.

  12. CALENDARIO PREVISTO.

  13. ¿QUÉ PASA SE SUPERAMOS O 100%?

  14. ¿QUEN SOMOS?

Buscamos que o noso documental sexa único. Distinguímonos do resto polo modo específico no que escollemos coñecer esta rexión, xa que moverse a cabalo permite acceder a lugares insólitos, onde as vellas tradicións consérvanse prácticamente intactas, así como tamén permítenos acceder ás belezas naturais que non están nas rutas turísticas máis transitadas.

Irémonos sumerxindo na cultura diaria galega: dende as receitas caseiras, música, vestimenta e paisaxes escondidos, ata persoaxes perdidos no tempo. Contamos coa amabilidade do pobo galego, o que nos permitirá cociñar e comer con eles, aloxarnos en zonas rurais e ate axudalos en traballos típicos de cada rexión, para poder mostrar a través da cámara a esencia galega.

Ademais o noso anfitrión agregará o seu toque de humor a través de coloridas conversacións e charlas con personaxes que se presenten no camiño. Tamén sumará unha cota de aventura polo feito de moverse a cabalo abrindo sendeiros e marcando ruta.

IR AO INICIO

Eliximos realizar este documental cabalgando porque parécenos moi claro que grazas a trasladarnos a cabalo, imos ter a liberdade de acceder a lugares que moi poucos documentalistas acceden, o cal permitiranos filmar esta gran obra sobre Galiza.

Parécenos que podemos reivindicar o cabalo como compañeiro de viaxe, non so pola súa fidelidade e xenerosa presenza, senón tamén como permanente invitación á aventura, ó disfrute da natureza e ao modo amigable no que un relaciónase con a xente, ao ser visto có compañeiro equino. Mil quilómetros non é tanto comparado cos viaxes que realizábanse no pasado, pero é moito máis do que estamos acostumados a cabalgar hoxe en día.

IR AO INICIO

Sóbrannos as razóns, en primeiro lugar mostrámoslle esta cita, moi interesante, de un libro de Alberto Vilanova Rodriguez:

“Cuantos penetraron en España en el curso de milenios, cualesquiera fuera su patria de origen y la puerta de su entrada en la Península; ya llegaran del lejano septentrión europeo, de la Europa Central, del valle del Danubio o de las tierras de Iliria; ya procedieran del Cercano Oriente, de Grecia o de África; ya entrasen en España por los Pirineos occidentales o por los orientales; ya desembarcasen en el sureste almeriense, ya cruzasen el Estrecho, todos sin excepción avanzaban, avanzaban atravesando la Península hasta llegar a Galicia. Pero allí eran detenidos por el mar, y en Galicia quedaban junto a sus predecesores. Éstos, desde los tiempos más remotos en la vida del hombre en nuestra patria, hubieron de habituarse a defenderse de los recién llegados.”

Entón, por se a idea de cabalgar nesta terra chea de atractivo histórico, xeográfico e cultural no é suficiente razón, en segundo lugar comentámoslles que o anfitrión do documental ten ascendencia galega.


IR AO INICIO

Isto non é un segredo, o anfitrión e xinete é un novo arxentino, como xa falaramos, con antepasados galegos. ¿Por qué non seleccionamos algún novo galego? Xustamente porque creemos que alguén de fora pode revalorizar costumes, lugares e tradicións que aos habitantes do lugar, por ser o cotidiá, poden pasarlles inadvertidas, e por conseguinte non percibir a riqueza que os rodea.

En adición, estamos convencidos de que un anfitrión estranxeiro daralle un tinte internacional ao documental, permitíndonos mellor entrada en outros contextos e países, e así poder difundir ao máximo a fermosura da Galiza, vista polo ollo da nosa cámara, e motivar a xente de todo o mundo a visitar estas terras maravillosas.


IR AO INICIO

Como a nosa intención é presentar unha Galiza oculta, puxémonos en contacto con diferentes entidades e habitantes galegos para que nos brinden información de lugares que non podemos deixar de visitar. Igualmente é sabido que viaxando a cabalo toparémonos con territorios e escenarios imprevistos de sumo interés, de feito, esa é a nosa idea, pero non podíamos deixar de consultar expertos para recoletar a maior cantidade de información posible.

No caso de superar as expectativas presupostarias temos unha ampliación de ruta, como explicarase máis adiante (link), para recoñecer as cidades máis importantes e así facer unha segunda montaxe incluíndo estes lugares turísticos. Con isto conseguiríamos ampliar o rango de espectadores.

IR AO INICIO

O idioma orixinal do documentario será castelán, e será subtitulado en galego. Ao querer difundilo ao máximo, subtitularémolo en polo menos sete idiomas máis: catalá, euskera, francés, italiano, inglés, alemán, holandés e dependendo da difusión e do éxito, poderemos agregar máis.

O proxecto é para difundilo na televisión galega, así como tamén en canles de viaxes e documentais, ao longo do mundo.

Tamén un integrante da produción será o encargado de levalo e expoñelo en Arxentina, onde é tan querida a rexión de Galicia, debido á enorme a cantidade de emigrantes galegos nesas terras.

Sabemos que gran parte do mundo fala en chinés e árabe, pero para chegar a este nivel vamos precisar unha gran post-produción, e con isto referímonos a soporte económico. Xa que ningún de nos pode facer este traballo, requiriranos contratar tradutores e dobladores. Polo conseguinte, so o faremos nestes idiomas en caso de superar o presuposto inicial.


IR AO INICIO

Rafael Estrela é un músico e compositor español con máis de 15 anos de experiencia, nos cuais traballou con artistas como Joaquín Pascual (Surfin´ Bichos, Mecromina e Travolta) e Jorge Pérez (Ciudadano, Tórtel) entre outros.

Escollémo-los seus servizos xa que coñecemos a súa traxectoria e sabemos que é un moi bon compositor de música orixinal cunha gran sensibilidade para expresar musicalmente o que as imaxes precisen, calquera que sexa o estilo.

Poden visitar a sua web para conoñecer o seu traballo.

IR AO INICIO

Creemos que se chegaches ate aquí é porque xa sabes cómo funciona, pero ninguén naceu sabendo, así que eiquí vai unha explicación do máis sinxela posible. Crowdfunding significa “financiación coletiva”, e é unha gran idea que permite concretar proxectos en base a moita xente aportando unha pequena parte, seguindo o principio de “a unión fai a forza”. Resumido en pasos:

1) Verás que ofrécense diferentes recompensas según o teu aporte. Escoll a recompensa que se amolde a ti.

2) Verás unha pantalla de confirmación onde podes seleccionar o medio de pago.

3) Na pantalla de pago ingresarás os teus datos.

4) So cobrarase o diñeiro no caso de que o proxecto triúnfe, iso significa que academo-lo 100% de aportes que pedimos. Se non o logramos, non se che cobrará nada.

5) Recibirás a túa recompensa no prazo acordado.

IR AO INICIO

Non o creemos. Unicamente acudindo a algún usureiro, ou atracando un tren dende os cabalos, como nos vellos tempos. A razón de acudir ao Crowdfounding é porque sempre que realizamos algunha produción audiovisual (xa sexa unha curta ou un documental), gastamos diñeiro que non temos, e rematamos sempre endebedados, despois debemos salda-la débeda, e así volver a endebedarnos e poder voltar a filmar.É un lindo círculo financeiro. Pero non é infinito, e esperamos que este proxecto sexa o noso golpe de gracia, polo que precisamos facelo de gran nivel profesional, con isto refírome á calidade de imaxe, son, post-produción, etc. E isto xa nos excede na posibilidade de financialo, a pesar de que por suposto estamos financiando máis da metade do presuposto desde os nosos petos, así que por iso acudimos a vos, pero non sen ofrecer grandes recompensas, e incluso a posibilidade de participar.

IR AO INICIO

Como sabemos que isto do Crowdfunding é un pouco complicado, explicámoste as recompensas que podes obter de forma resumida. E no final deste apartado atoparás unha imaxen resumo. Os envíos incluídos son na Península e nas Baleares. Consultar por envíos máis afastados.

Convérteste no CARA DE CABALLO, XEFE DE BAÑOS EQUINOS, PERRUQUEIRO EQUINO, AMO DA ALFALFA, REI DO TERRÓN DE AZÚCAR, FORXADOR DE FERRADURAS, SUSURRADOR DE CABALLOS, XNETE SIN CABEZA ou convérteste no glamoroso XINETE GALLEGO

A tua EMPRESA gaña o recoñecemento do VETERINARIO GALEGO, VETERINARIO INTERNACIONAL, ou convertese na DONA DO ESTABLO

Camiseta, etiquetas e o cartel promocional do documentario son co deseño exclusivo feito polo noso Director Artístico Seba Taux.




IR AO INICIO


20% RECOMPENSAS

35% MOVILIDADE

12% ALIMENTACIÓN DA EQUIPE (un mes)

15% POST-PRODUCIÓN

12% ALUGUER DOS EQUIPOS (Xa temos moitos, pero ten cousas que nos faltan)

6% COMISIÓN VERKAMI

IR AO INICIO


  • A odisea levarase a cabo dende o 15 de Xullo ate o 15 de Agosto de 2015.

  • A post produción realizarase durante o 4to trimestre de 2015.

  • Entrega de recompensas durante fines de 2015 e principios de 2016.

  • Presentación do documentario principios de 2016.

    IR AO INICIO


  • Se chegamos a 4.000€: incluiríamos un “drone” para facer planos espectaculares, ao nivel da BBC.

  • Se chegamos a 6.000€: gravaríamos tamén en cidades grandes para realizar unha segunda montaxe.

  • Se chegamos a 10.000€: faremos unha terceira montaxe creando unha serie de documentais de 13 episodios.

  • Se chegamos a 12.000€: subtitularémolo en árabe e chinés.

    IR AO INICIO


O produtor Pedro H. Lajara licenciouse en Comunicación Audiovisual en 2006 e dende entón traballou en múltiples producións televisivas en Valencia, Madrid, Barcelona e Londres. Como director dirixiu a súa primeira curtametraxe en 2011 e dende entonces non parou de viaxar e escribir. O pasado ano terminou a súa primeira novela curta e produciu o canal de Youtube EXpats London.Tamén podes visitar súa web Showreel.

O director Dante Sendyk Viñao é un estudante de Deseño en Imaxe e Son na Universidade de Buenos Aires (UBA), de onde tomou un ano de licenza para adicarse a este proxecto e a escribir guións. Realizou diferentes traballos como director e como actor, tanto en ficción como en documentais.



...
..
.
...e un agasallo dos vellos tempos...

!GRAZAS!
IR AO INICIO

FIN

cabalgandogalicia.com
facebook
twitter

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies