A idea
A curta "Forcadiña" é unha peli de ficción basada na lenda do Home de Sagres, (Illa de Sagres, Aguiño, Riveira).
Promovida por Antonio Parada, un mariñeiro xubilado natural de Aguiño, amante da fotografía, e gran conocedor da costa barbanzana e das suas lendas.
Defensor dos nosos costumes, lendas e cultura, foi quen propuso inicialmente levar a cabo este audiovisual.
Para elo, contamos coa sua experiencia en fotografía, conocedor da zona de rodaxe, e documentación da lenda de Saepes (home de Sagres).
O guión adaptado desta lenda correrá a cargo do poeta francés afincado en A Coruña, François Davo, e o traballo de animación dixital para algunhas das escenas da peli, será realizado polo artista multidisciplinar Luis Iglesias.
A dirección correrá a cargo do artista plástico e audiovisual Delio Sánchez, natural de Noia e gran amante da costa barbanzana.
A banda sonora correrá a cargo do músico de Jazz, Abe Rábade.
Os actores están aínda sen decidir, faremos un casting próximamente.
Calendario previsto
Xuño : pre-producción, casting de actores, estudio do lugar e rodaxe de primeiras tomas (localizacións, recursos, etc)
Xullo e Agosto: realización do traballo de animación dixital
Setembro: rodaxe final con actores. Inicio de entrega de recompensas.
Outubro: post-producción. Montaxe e edición. Entrega de recompensas.
Novembro: edición de DVD´s e entrega final de recompensas.
Decembro: estrea da peli en distintas salas.
Todos os mecenas serán convidados á estrea nas Salas de exhibición que se elixan no seu dia. (Seguramente Ribeira, Vigo, Santiago e A Coruña).
A que dedicaremos as aportacións:
Dietas, hospedaxe e honorarios de equipo (os actores, axudantes, cámaras, etc, teñen que cobrar polo seu traballo, ainda que sexa un mínimo decente)
Gastos de desprazamento e dietas a colaboradores (gasofa para as lanchas, mariñeiros colaboradores, etc)
Recompensas, edicion de dvds, camisetas, etc
Equipa
Antonio Parada - documentación e fotografía
François Davo - guionista
Luis Iglesias - dirección de animación
Iria Sobrado - casting e dirección de actores
Abe Rábade - banda sonora
Cristina Otero - Making Off
Alexandre Fernández - Sonidista
Afonso Sestelo, Sebas Rozas e Delio Sánchez - Cámaras
Ernesto Rey - cámara subacuática
Petronila Daza - Xefa de producción
Delio Sánchez - Dirección de producción, de arte e fotografía. Director.
Elenco de actores (casting)
Forcadiña
Saepes
Mariñeiro
Nena
Mais Info:
Sobre Antonio Parada:
facebook Tierra de leyendas
Sobre Luis Iglesias:
YouTube
Vimeo
Sobre Delio Sánchez:
facebook Deli Sánchez
facebook factoría de ideas
deliosanchez.com
vimeo
2 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Delio Sanchez
Autor/a
todavía estamos pendientes de fechas. en facebook / forcadiña avisaremos de todo, gracias
Alexandre Solla
Quería saber cuando y donde seria el casting para la película ya que me interesaría participar. Un saludo