Rancor
"Rancor" é unha curtametraxe galega, con guión orixinal en galego que nos chega a MT Producións co propósito de dar imaxe a un texto sinxelo pero cheo de dramatismo.
Unha curtametraxe ambientada en Galicia e o seu marco rural nos anos 80 até a actualidade, onde Teo, o protagonista, tras recibir unha noticia, e a modo de "road-movie" revive o seu pasado desde a nenez até a adolescencia.
"Rancor" fálanos do Rancor (é a tradución do título ao castelán) do protagonista a un pai que tras perder o seu "valía" como home e pai de familia por circunstancia laborais e económicas abandona a súa familia.
Fala do medo e a soidade, os logros, a tristeza...
A curtametraxe será rodado en galego e por suposto estará subtitulado ao castelán para que o seu alcance sexa maior.
Dentro do proxecto contamos cunha metade que consta dun equipo técnico e artístico cunha gran traxectoria profesional en cinema e televisión que se están envorcando ao máximo para colaborar connosco nesta aventura audiovisual. A outra metade sodes vós que sodes quen nos podedes axudar a conseguir coas vosas achegas os mellores medios técnicos que fagan que esta batalla que leva moito tempo aberta chegue a ser un triunfo.
Diante das cámaras
Os Actores
Eles, entre outros, son algúns dos principais actores que quixeron colaborar connosco en RANCOR.
Mara Sánchez
Comezou no mundo audiovisual coa curtametraxe "Mañá vai morrer", e en cinema traballou baixo as ordes do director Juan Pinzás na película "Érase outra vez". Tamén protagonizou a película "A Noiva de medianoite", que lle valeu un nomeamento a un premio AGAPI.
O seu traballo céntrase principalmente en diversas series de televisión da coñecida canle autonómica galego (TVG), como "Libro de Familia", "Pratos Combinados" "Mareas Vivas", "Chapa e Pintura" ó a serie que actualmente se emite en prime-time "O Faro" entre moitas outras onde puido mostrar diversos rexistros do cómico ao dramático.
A súa extensa carreira proporcionoulle diversos premios como mellor actriz:
- Premio María Casares por "Vapores" (1997)
- Premio María Casares por "Mulleres" (2003)
- AGAPI por "A Noiva de medianoite" (1997)
Santi Romay
Comezou a súa carreira en televisión de pequeno con papel en fixo na recoñecida serie da autonómica galega (TVG) "Mareas Vivas" aínda que este actor tocou todos os paus no que a intrepretación refírese xa que traballa en teatro, cinema e tv.
Desde 1998 até hoxe traballou continuamente na canle autonómica noutras series como "Matalobos" "As leis de Celavella", "A miña sogra e mais eu", "Rias Baixas" entre outras que lle deron o salto a series a nivel nacional como "Hospital Central" . No campo de curtametraxes comezou en 2002 con "O Doce" de Elsa Suaces e en cinema traballado baixo as ordes de Ignacio Vilar na película "Vilamor".
Hoxe podemos verlle tamén na web-serie "Clases do Social"
Miguel Borines
Actor de teatro desde 1977, traballou en diversas compañías como "Antaxura", "Cirigaita" e "Tanxarina Monicreques", tamén en "Teatro do Morcego" ó o "Centro Dramatico Galego (CDG)".
Diversas curtametraxes suman experiencia á súa carreira até chegar á gran pantalla en películas como "Heroína" dirixida por Gerardo Ferreiro, Os luns ao Sol" de Fernando León de Aranoa...
Series da canle autonómica galego TVG, como "As leis de Celavella", "A miña sogra e mais eu", "Pratos Combinados" ó actualmente "Serramoura" seguen aumentando a súa ampla traxectoria profesional.
María Mera
Actriz e presentadora, é outra das grandes profesionais que se suman a colaborar no noso proxecto.
Na súa faceta de actriz, traballou en numerosos curtos, pero é na canle autonómica TVG onde gana especial protagonismo en series como ”Matalobos” ou actualmente na serie que se emite en prime-time ”O Faro”*.
Esta nova promesa da televisión, tamén é presentadora e foino durante moito tempo en diversos espazos, "Como o da Casa non Hai”, ”O clan dos Impostores” ou ”Luar” entre outros.
Martín Máez
Este novo actor e cantante que nestes momentos atópase de xira co seu disco ”Segredos Perdidos” compaxinándoo con diversos papeis en musicais como ”O Mago de Oz” ou ”O Libro da Selva”, fai un oco na súa axenda, para unirse ao proxecto. Na súa traxectoria conta con algunhas curtametraxes e mediometrajes entre eles ”DMus”. Na súa intensa carreira, participou en longametraxes como ”Un Conto para Olivia”, ”A noite que deixou de chover” ou ”Agallas”.
Brais Yanek
Traballa en audiovisual e teatro. Curtametraxes como ”Antígona”, ”Todo teu”, ”Barbullas” e algúns máis, xunto cos seus traballos en teatro ”A Horta dos Roxos" ou ”Malasombra” fan que a súa curta carreira sexa intensa e variada levándolle a participar nalgún capítulo da serie ”Escoba” emitida na canle autonómica TVG.
Iago Novoa
A pesar da súa corta idade ten xa unha gran experiencia posto que formou parte da xira de La Bella y La Bestia en Galicia facendo un dos papeis protagonistas! Sin duda sorprenderá a máis de un este pequeno actor.
A que destinaremos as vosas achegas
A esta pequena lista de cousas, queremos destinar a vosa axuda:
Sobre as recompensas
Se queres, ti tamén podes formar parte desta produción!
Como vedes na columna da dereita, están as achegas que podedes facer e as recompensas que se entregarán unha vez finalizado a rodaxe e a post-produción.
Unha pequena achega é un gran paso para a consecución do noso soño na que tanta xente está a confiar.
Anímache e Colabora!
Calendario previsto
A rodaxe está previsto para os días 7 e 8 de Marzo de 2015.
Entrega de recompensas: Tras a rodaxe e a post-produción.
Irémosvos informando!
Detras das cámaras
Equipo técnico
dirección e guión orixinal MIGUEL MORALES
dirección de produción MIGUEL DÍAZ
xefe de produción BRENDA BARREIRO
dirección de fotografía XOAN MORGADE
axudante de dirección SHEILA BERTAT
axudante de produción IVÁN VIDAL
axudante de cámara MAURO LONGARELA
eléctricos BRUNO MARTÍNEZ
dirección de arte CRISTINA AMADO
maquillaxe e perruquería ANA VILLAR (Jean Louis David Lugo)
vestiario VICTORIA TRABAZO
script ROCÍO RODRÍGUEZ
grafismo cartel ANGEL TOREN
foto fixa CRIS SANZ DE SIRIA
música orixinal XAN DURÁN
0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.