Por que é tan importante o teu apoio
Vítimas e familiares do accidente de tren ocorrido en Santiago de Compostela o 24-07-2013, que constituímos unha asociación sen ánimo de lucro, queremos producir unha longametraxe-documental independente. Coa túa axuda queremos contar o que ninguén se atreveu a publicar, documentos e testemuñas inéditas que queren ocultar.
Despois de máis dun ano recompilando información, consultando a enxeñeiros e expertos ferroviarios, queremos destapar o que non queren que os cidadáns saibamos. Colabora a difundir o que nunca contaron do gravísimo accidente de alta velocidade, que se levou por diante 81 vidas e deixou máis de 140 feridos.
Nós subimos a ese tren sen saber que non reunía as mínimas condicións de seguridade. Milleiros de viaxeiros arriscaron a súa vida dende que inauguraron a liña, ata que ocorreu a catástrofe.
NA MEMORIA DOS QUE DEIXARON A SÚA VIDA NAS VÍAS E PARA QUE NON VOLVA OCORRER, necesitamos o financiamento e o apoio dos que non vos conformades coa versión oficial.
A que imos destinar as túas aportacións
O diñeiro que se recade a través da plataforma Verkami vai ir destinado á produción e distribución do documental e dun libro, no que se vai contar como se fixo o documental, recollerase documentación e testemuñas relevantes. O libro contará coa participación desinteresada de Alberto Vázquez-Figueroa , un dos autores contemporáneos mais lidos do mundo, Cándido Pazó, Premio da Cultura Galega 2014, e deTeresa Gómez-Limón psicóloga forense dos xulgado do Madrid e supervivente da catástrofe.
Tamén se pode colaborar facendo un ingreso ou transferencia a conta ES66 1491 0001 212131496123 Asociación Plataforma Vitimas Alvia04155, indicando o voso nome. Segun a túa aportación obterás a recompensa .Se se usa esta via e finalmente conseguimos o obxetivo serás tú quen se poña en contacto con nós [email protected]) para mandarte o que corresponda : libro,DVD,etc..e poñer o teu nome nos títulos de credito como queiras aparecer. Se non o conseguimos devolvemosche a túa aportación.
Equipo de traballo: Un redactor, un operador de cámara e un sonidista, director de fotografía, estudo música, director longametraxe-documental, guionista longametraxe-documental e produtor executivo longametraxe-documental. Os 3 últimos asumidos pola produtora.
Dietas equipo de traballo 35 días de gravación en diferentes lugares (Galicia, Madrid, Valencia, etc..): 4 persoas: director, sonidista, operador cámara, director fotografía
Previsión de gasto de combustible e peaxes 3 meses de gravación
Edición e maquetación do libro.
Distribución coa entrega aos colaboradores económicos de DVD's- Libros. Inclúe gastos de envío.
TOTAL: 38.800€ aos que se sumarían os impostos, os gastos da plataforma de Verkami 5% máis IVE e gastos da realización dos vosos pagamentos como mecenas. (Comisións de Pay-Pal e Tarxeta). En total 50.000€.
Por outro lado, a produtora asumiría outros gastos pola súa conta, por ofrecemento propio: Pre-produción, post-produción coa distribución por festivais durante 12 meses, subtitulado en 2 idiomas, aluguer de equipos, cámaras, son, produción durante o período de gravación e, como xa se indicou, a dirección, guión e produción executiva.
No caso de acadar o primeiro obxectivo, tratariamos de acadar un segundo obxectivo para pagar o asumido pola produtora, de maneira que obteñan unha recompensa polo traballo feito.
Calendario previsto
A duración total prevista para a produción de Frankenstein-04155 será de 8 meses repartido este tempo nas seguintes etapas: Pre-produción 2 meses, Gravación 3 meses (en diferentes localizacións), edición e montaxe 3 meses e posta en marcha da distribución nacional e internacional e loxística de comunicación para poder estrear cara ao 24 de xullo de 2015 (aniversario da traxedia) ou nalgún festival segundo se valore a estratexia de difusión. Despois a produtora continuará distribuíndo e promocionando o documental polo menos 1 ano máis a partir da data da estrea.
As recompensas poderán darse, xa que logo, no mes de xullo ou, a máis tardar en setembro do ano próximo.
+ Info
Podes seguir as nosas accións e apoiarnos na difusión e búusca de mecenas para este documental a través do noso blog, Facebook e Twitter, nos seguintes ligues:
Para máis información podes escribirnos a [email protected]
62 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Víctimas Tren Santiago
Autor/a
Hola Ces MoCa,
envíanos tu nueva dirección a [email protected] , diciéndonos también el usuario/email que utilizaste en Verkami
Muchas gracias
Ces MoCa
Hola! Enhorabuena por el proyecto. Yo fui uno de los contribuidores, por lo que estoy esperandolo con ganas. Una cosa, hace poco me mude, como os doy la nueva direccion? Por Verkami o directamente a vosotros? Gracias!
Víctimas Tren Santiago
Autor/a
Estimada Blanca,
perdona la tardanza pero se nos pasó por alto tu pregunta. El contenido está en manos del director del documental, aunque en la asamblea quedamos en centrarnos en la investigación y la denuncia.
De todas formas aprovechamos tu pregunta para reconocer, toda esa ola de solidaridad del pueblo gallego, tal y como hicimos una vez más el pasado 24 de julio.
Gracias y un saludo
Blanca
Me alegro de que lo hayamos conseguido! Quisiera preguntar a nivel de contenido, si además de la denuncia, en el docu se contemplarán pasajes positivos como la solidaridad de Angrois y la cola interminable de donantes q se formó la noche del Apóstol
Víctimas Tren Santiago
Autor/a
Gracias David!
Ahora nos pondremos a trabajar duro para no decepcionar a todos los que nos habéis apoyado. Nos habéis transmitido mucha fuerza.
Un abrazo en nombre de las víctimas y familiares de víctimas. Gracias!
David García Sánchez
Enhorabuena!!, ya se ha cumplido un hito importante para la realización del documental , ahora a seguir trabajando para conseguir plasmar la verdad y darle la mayor difusión posible.
Víctimas Tren Santiago
Autor/a
¡Muchas gracias a todos por el apoyo!
Saki1981
Os lo merecéis enhorabuena
Víctimas Tren Santiago
Autor/a
¡ Muchas gracias Alberto ! Este espíritu colectivo nos va a dar la oportunidad de contar a la gente lo que otros están intentado tapar.
Alberto
Enhorabuena!