Diariodeverano
Somos un proxecto de pop-electrónico desde A Coruña capitaneado por Iago Gordillo. Tras varios anos participando e colaborando con algunhas bandas locais comezamos en marzo de 2013 a andaina con Diariodeverano. Acabamos de grabar e mezclar o noso primeiro EP, El extraordinario hombre estacionario, en Drum&Roll Studios, na Coruña.
Seis son as cancións deste EP nas que hai sitio para experimentar con sons de percusión, teclados, ventos, vasos de auga, festas de palmas e tarareos, electrónica ou beatbox. Na gravación colaboraron músicos como Iago Blanco (SHINE) ou David Ferreiro (Hexany).
Podes escoitar xa as versións non masterizadas de 1829 e Vamos a bailar:
E podes preescoitar fragmentos de todo o EP aquí mesmo.
A qué destinaremos as vosas aportacións
Desde Diariodeverano cremos no proxecto e por iso invertimos case un ano de tempo, diñeiro e esforzo na composición, arreglos, gravación e mestura de El extraordinario hombre estacionario.
Polo tanto, destinaremos o diñeiro deste crowdfunding para terminar o diseño profesional da portada e o libreto, a realización do mastering e a fabricación dos CDs.
Así podemos asegurarvos que o proxecto verá a luz e ofrecervos algúns adiantos para que escoitedes a nosa música.
E se superamos o obxectivo antes de tempo...?
Ademáis de brincar coma tolos pola ledicia adicaremos eses cartos para costear os gastos da impresión de camisetas e o envío de CDs a prensa especializada.
Sobre as recompensas
Esta é a boa pinta que está pillando o Digipack co traballo da diseñadora Plástica:
Este é o lapis personalizado que temos preparado para vós, de agasallo con todos os EPs en formato físico. Ao finalizar a campaña escribirémosvos un e-mail para que poidades escoller o modelo:
E así fardarás de camiseta este 2015:
As imaxes do lapis e a camiseta son unha proxección, non é o modelo definitivo
Sobre as versións, atreverémonos a adaptar a piano, voz e percusión calquera canción que nos propoñas. Será nun vídeo cunha dedicatoria personalizada. Para que poidades escoller o pack que queredes coa vosa versión, é a única recompensa na que, como vedes, non vai incluido por defecto o EP. É dicir, que se queredes ter tamén El extraordinario hombre estacionario, deberedes facer unha segunda achega escollendo libremente entre todos os nosos packs.
Calendario previsto
Como o proxecto está moi avanzado, as recompensas non tardarán en chegar. En xaneiro entregaremos e enviaremos os CDs, camisetas e demáis recompensas físicas aos nosos mecenas. Tamén habilitaremos as descárregas dixitais e prepararemos as versións en vídeo. Os concertos de presentación con banda de "El extraordinario hombre estacionario" comezarán en marzo de 2015.
Se queres ler/escoitar/ver máis sobre Diariodeverano...
Visita estas ligazóns, escríbenos a través desta páxina ou envía un e-mail a [email protected] ¡Moitas gracias!
Páxina de Facebook
Conta de Twitter
Escoitanos en Bandcamp
Canal de Youtube
0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.