❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Ezetaerre - Aspiracións mínimas e urxentes

Ezetaerre somos un grupo de rap combativo en galego. Cunha maqueta ás nosas costas, estamos a preparar o noso primeiro disco de estudo: “Aspiracións mínimas e urxentes”. Axúdanos coa gravación e a distribución e consegue unha das nosas recompensas!

Ezetaerre

A project of

Category

Created in

La Coruña
0
seconds
55
Pledges
1.560€
From 5.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Que é Ezetaerre?

Ezetaerre somos un grupo de rap combativo en galego formado por Pedro (Petrowski), Miguel (Garchu) e Juan (Pirola). Coñecémonos estudando Comunicación Audiovisual na Coruña e decidimos montar o grupo tras o relativo éxito que tivo o noso primeiro tema, unha canción satírica en contra dos recortes na universidade. Dentro do noso pequeno percorrido autoproducimos a nosa primeira maqueta, gañamos o III Concurso Revenidas de Música Emerxente e sacamos un single, A herdanza do vento, facendo un repaso a todos os nosos referentes.

Que é Aspiracións mínimas e urxentes?

Aspiracións mínimas e urxentes é un intento por materializar nun proxecto musical a forza de séculos de inxustiza social. É a continuación natural dun momento primitivo no que, coa nosa primeira maqueta, decidimos mover ficha na batalla cultural. Agora, dende a humildade de saber que as aspiracións non son nosas, senón que forman parte dun proceso colectivo, queremos dar un paso máis e lanzarnos a editar o noso primeiro álbum de estudo, que contará con doce temas e diversas colaboracións con outros artistas.

Porque aspiramos, de xeito mínimo e urxente, a un mundo movido por outros valores, queremos aportar o noso graniño de area. E ti, axúdasnos co teu?

A que destinaremos as vosas aportacións?

  • Produción, gravación e masterización do disco en Pousada Son Studios.

  • Produción, rodaxe e postprodución de contidos audiovisuais (mínimo dous videoclips).

  • Edición de 1000 copias físicas do noso álbum en formato CD.

  • Gastos de difusión e distribución.

Calendario previsto

Finais do mes de xaneiro de 2017:

  • Disco editado.

  • Copias fabricadas.

  • Videoclips publicados.

  • Primeiras datas confirmadas da xira de presentación (nas principais vilas e cidades galegas: A Coruña, Compostela, Vigo, Pontevedra, Ferrol...)

Febreiro de 2017:

  • Comezo da xira de presentación.

  • Conxunto de recompensas entregadas.

Podes seguir a campaña nas seguintes redes:

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Sheila

    Sheila

    over 8 years

    ¿Volveréis a sacar algún Crowfunding? Me enteré tarde. :(

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy