❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Gravación do Novo C.D. de Os Cempés e a ELMPG

Faite mecenas desta nova aventura musical de Os Cempés. Formarás parte do proxecto dende o comenzo, recibirás o CD na casa, poderás escoitalo antes de que se edite, e ata podes organizar unha festa/concerto na túa casa con Os Cempés na que vos prepararemos unha sabrosa ración de percebes de Cedeira.

Os Cempés

Un proxecto de

Categoría

Creado en

San Sadurnino, Corunna, Spain
0
segundos
266
Achegas
9.775€
De 5.500€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano, English e Français

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

GRAVACIÓN DO NOVO CD DE OS CEMPÉS COA ESCOLA LIVRE DA MPG

Os Cempés estamos de volta, e facémolo con moita forza.

Andamos a rematar un novo traballo discográfico que se empezará a gravar en xaneiro de 2012. Este ano cumprimos o 20 aniversario da nosa primeira actuación, nun concerto benéfico en Cedeira no ano 1992.

Para celebrar o aniversario, queremos convidar á Escola Livre da Musica Popular Galega a colaborar na gravación deste disco. Este centro de ensino cumpre este ano, o décimo aniversario dende que se impartiran as primeiras aulas en 2001 como Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

O disco será unha mostra máis do espírito festeiro que Os Cempés sempre demostramos nas gravacións e nos concertos en directo, tan sinxelo e tan complicado como facer cantar e bailar. Para esta ocasión queremos, ademais, axudar a facer visibles iniciativas como a da Escola Livre da MPG e a músicos mozos que gustan de coñecer e interpretar a música popular.

O tema central do novo traballo é a xente nova, os pícaros, os rapaces, a enerxía e imaxinación da mocidade. Lembrando que a música que queremos facer está baseada na que aprendiamos doutros cando os mozos eramos nós.

No disco incluiremos novas pezas de autor, arranxos de temas clásicos da música galega … creemos que vai ser moi bonito e por suposto: ¡¡¡bailable!!!

CONVIDÁMOSVOS A COLABORAR

Propoñemos a todos os que simpaticedes con esta aventura musical financiar a gravación: ser mecenas do novo disco de Os Cempés coa Escola Livre da MPG.

O micromecenazgo, o financiamento en masa ou “crowdfunding” é un sistema no que moitas persoas identificadas co proxecto proposto e que desexan que se leve adiante, fan aportacións económicas segundo as súas posibilidades, e optan a diferentes recompensas.

Verkami aloxa a web na que se explica este e outros proxectos: os obxectivos, as recompensas e tamén xestiona as aportacións realizadas que só se farán efectivas na vosa tarxeta de crédito, se no tempo máximo de 40 días se consegue o obxectivo. Se neses 40 días non se chega á cantidade que precisamos, o proxecto terá que financiarse doutro xeito.

Este sistema de financiamento permite realizar o traballo creativo e de coordinación coa seguridade de que se vai poder pagar nun prazo razoable os servizos dos técnicos e os gastos de desprazamento, manutención, etc. dos músicos participantes.

O CD e o acceso á versión en formato en Mp3 en exclusiva antes da edición oficial, é a principal recompensa que ofrecemos aos mecenas, pero non a única.

No lateral dereito desta páxina descríbense detalladamente.

O OBXECTIVO

O custe estimado para rematar o “máster” ou a mistura final do traballo é de 5.500€ incluíndo a comisión do 5% de Verkami e os custes polas xestións bancarias.

Eses 5.500€ destinaránse ao pagamento duns 25 días de gravación, edición, mistura e masterización nun estudio profesional, así como os gastos dos músicos do grupo e os dos convidados durante as sesións de gravación.

Falamos de máis de 20 persoas: queremos que neste disco soen os acordeóns diatónicos, as frautas, os violíns, as zanfonas, a percusión, as gaitas e as voces da ELMPG. Teremos que realizar un complexo traballo de preparación de arranxos e de ensaios que xa comezou en xulio do pasado verán.

AS RECOMPENSAS E A DIFUSIÓN DO PROXECTO

As aportacións e recompensas que propoñemos son variadas e esperamos que para todas as posibilidades: o acceso á versión dixital en Mp3, o CD físico, aparecer nos créditos do CD como mecenas, invitacións aos concertos de presentación do disco, mesmo gozar dun concerto/festa con Os Cempés na vosa casa máis a degustación ese mesmo dia de percebes de Cedeira capturados e cociñados ¡¡¡polo mismísimo Serxio Ces!!

É moi importante que este proxecto teña a máxima difusión, que se comparta o evento coa maior cantidade de xente a través das redes sociais, coa familia, no traballo…

As aportacións pódense facer individualmente, en grupo, dende asociacións, ou tamén directamente aos Os Cempés, comprometéndonos a entregar as recompensas que veñen explicadas en Verkami por igual para todos os mecenas.

De conseguir o obxetivo fixado antes dos 40 días, poderanse seguir facendo aportacións. Isto proporcionará aínda máis marxe de manobra na realización da gravación, na calidade da edición, mesmo poderiamos optar pola auto-edición.

No Facebook de Os Cempés ou Os Cempés Volven, no blog poderedes seguir todo proceso de creación, facer suxerencias, críticas e ir coñecendo os prazos nos que se fará a entrega das recompensas.

Os Cempés dámosvos as grazas por adiantado pola vosa colaboración. ¡¡Opa iii!!

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

8 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Os Cempés

    Os Cempés
    Autor/a

    máis de 13 anos

    Ola Blues and Blues, a traves de Verkami xa non...

    So si contactas con nos... pero realmente as condicións xa non son as mesmas.

    Ainda non sabemos como facer, pero por exemplo, xa non podemos dar en recompensa máis entradas para as presentacións. (temos comprometidas unhas 400!!!!.)

    Contáctanos polo Facebook ou no meu correo: [email protected]

    Un Saudiño e gracias polo interés!!

    Oscar-Os Cempés

  • Bluesandblues

    Bluesandblues

    máis de 13 anos

    Unha pregunta rapida e simple...se pode seguir colaborando o xa unha vez conseguido o fin xa non se pode...ata cando se pode colaborar?

  • Os Cempés

    Os Cempés
    Autor/a

    máis de 13 anos

    Ola Xesus, non te adiantas!! da contratación encargase Montse ou Miguel, eles son unha axencia de promocion cultural, tamen levan a máis artistas. Podes contactar con eles nesta web:

    http://www.merlobranco.com

    telef, e enderezo electrónico:
    +34 981 807 642 / +34 615 400 050

    [email protected]

    Un Saudo Xesus.

  • Xesus

    Xesus

    máis de 13 anos

    Boas!! Quero felicitarvos por volver.Son un seguidor voso e da musica de raíz!!Por ese motivo, colaborarei com este tipo de proxectos sempre.Non sei se me adianto d+iado, pero gustariame saber como ou donde se pode falar de contratarvos. Unha aperta!

  • Os Cempés

    Os Cempés
    Autor/a

    máis de 13 anos

    Ola Bermuy, claro que podremos hablar de eso en el futuro... sigue en contaco por este web o a traves del feisbu.

    Un Saludo

    Oscar-Os 100pes

  • Bernuy

    Bernuy

    máis de 13 anos

    Salud; me ha gustado mucho la canción que tocáis en el vídeo. He visto imágenes en mi cabeza al escucharla. ¿Sería posible que me permitierais utilizar alguna de vuestras canciones para un proyecto de serie negra con toques fantásticos en el futuro?

  • Os Cempés

    Os Cempés
    Autor/a

    máis de 13 anos

    Alégrome que preguntedes iso!! está ben que se aclare:

    Antes de comenzar, pensamos en facer a edición por medio de Creative Commons, ainda estamos investigando a opción, ainda que cada dia o vemos máis lonxe.

    Realmente queriamos dar un toque de atención á SGAE da que somos socios 3 membros do grupo, dende que fixemos o primeiro C.D. xa que a mala fama que ten entre a xente no é por nada, tena ben gañada,e mais ultimamente.

    Pero tamen hai moito descoñecemento do que é a SGAE, e moita xente está confusa.

    Isto leerano os demáis mecenas, asi que intentarei expor un par de conceptos:

    O Copileft ou creative commons non significa que a descarga seña gratuita nin que se poida usar a grabación para todo o que queiras, hai varios niveis de protección das obras aos que pode acoller as obras o autor ou arranxista, o nivel máximo é prácticamente o mesmo que aplica a SGAE: (non reproduccion con fins comerciais, Non modificación da obra e inclusión noutra sin recoñecemento expreso ao autor...etc. ).

    A principal ventaxa de este modelo é que se permite (se o tipo de licencia que escolles o contempla) reproducir de xeito gratuito en medios de difusión, radio, internet (principalmente), sin que ninguén vaia reclamar nada aos medios.

    Isto é mui util cando un artista novel precisa a máxima difusión para un proxecto novo, e quere darse a coñecer.

    Tamén cando queres que esa obra seña interpretada por outros e modificada sin medo a que ninguén lle vaia pedindo contas cun xuiz.

    Pode ser unha boa filosifia, e por iso estamos enterándonos da posibilidade de usar este método.

    Non estamos mui dacordo con algunhas prácticas de SGAE, e nada de acordo con cousas como o Canon Dixital e perseguir interpretacións en concertos benéficos, etc. pero hoxe por hoxe é a única entidade de xestión de dereitos, que ten infraestructura para realizar o seu cometido teórico: cobrar polo uso das músicas que crean ou recrean os seus socios cando estas se reproducen nun ambito no que axudan a gañar cartos a outros cando se reproducen en locais de ocio, concertos nos que se cobra entrada ou ainda sendo gratuitos, vendense outros artigos, (alcohol por exemplo), radios comerciais, programas de televisión, cine...

    Existe a posibilidade de que a xente ao ver no C.D. o simbolo da licencia Creative Commons, considere que o CD se pode colgar en internet para descargar libremente ou usar en calquera situacion sin que se lles poida reclamar nada, co posible perxuicio para eles mesmos si se lle reclama dende a entidade de xestion.

    O tema é lioso, e mui extenso, e estamos mirándoo, pero respondendo xa á túa pregunta:

    É mui probable que o Disco se licencie na SGAE:

    As obras compostas por nos sendo nós os autores, e as que son arranxos de temas tradicionais e de obras de dominio público figurando como arranxistas quenes fagan os arranxos.

    Se temos a capacidade de autoeditar o disco, o 100% dos dereitos serán para os autores, (nós) se non é asi e temos que chegar a un acordo con unha editora. Probablemente teremos que compartir durante un tempo unha parte de eses porcentaxes con ela, para que recupere a sua inversión en fabricación, xestión e promoción da edición. pois na venda de discos de folc e tradicional hoxe so os músicos nos directos teñen oportunidade de rentabilizar a edición... as casa discográficas venden mi pouquiños discos nas tendas, e do que venden pouco lles queda (e menos aos que os grabamos).

    Espero ter respondido á pregunta.

    Se tedes máis preguntas adiante, responderémolas o antes posible.

    Oscar (por Os Cempés).

    Un Saudo.

  • Birnarem

    Birnarem

    máis de 13 anos

    Cales serán os dereitos de autor da obra gravada? Distribuirase de modo copyleft ou baixo copyright e xestionada por algunha entidade de dereitos de autor?

#14 / Xira de Inverno: de PAZOS e BARES

Atención!! estas son as datas e lugares.

Novembro:

Sábado 10

Casa da Estación, Pontedeume (Magosto).

Magosto na Casa da Estación,

Pontedeume, Avd. de Ferrol 71. 21h. 4€.

Xoves 29

Pazo da Cultura, Narón. (+ Invitados.)

(Aquí os que teñades dereito a invitacións poderedes retirar a vosa entrada presentando o DNI e media hora antes do concerto)

Decembro:

Xoves 20

A Regueifa, Vigo

Venres 21

O Aturuxo, Bueu.

Sábado 22

Taberna Marrucho, Baiona.

Domingo 23

Sala Discotasca, Redondela (sesión Vermú).

1ª PARADA: Sábado 10 de Novembro

Magosto na Casa da Estación,

Pontedeume, Avd. de Ferrol 71. 21h. 4€.

Dentro das IV Xornadas Micolóxicas, — en Pontedeume, Avda. de Ferrol 71.

ler máis

#12 / Os Nomes dos Mecenas están ou non están???

Ola amigas, amigos...  publicamos a lista dos mecenas, antes de incluilas no deseño do CD.    Comprobade que estades.  non queremos ter ningun disgusto despois!!

Mirade aquí:

http://oscempes.blogspot.com/

Se botades de menos a alguén contádenolo!!  ou escribide a [email protected]  ahí Inés mirará se hai algun erro.... que non creo.


Imos cumplindo os plazos, en A Finais de Abril  poderedes escoitar o Disco en versión MP3.  En Maio recibides os CDses na casa!!


Bicos-Os Cempés

#11 / último ensaio antes de grabar a Banda da ELMPG

Ola amigos, nova coleccion de fotos dos ensaios de Os Cempés e a Escola Livre da MPG feitas por Juan Luis Rúa. Esta vez no Estudio de grabación de Tomás Ageitos, onde se fará realidade o proxecto que axudáchedes a facer realidade.

En Febreiro comenzamos a rexistrar as intervencions das Zanfonas, acordeóns, gaitas, percusións, violins, gaitas e voces da ELMPG. Están traballando que da gusto.

Podedes ver as fotos aquí:

http://oscempes.blogspot.com/

Un saudo!!!  .-Oscar-Os Cempés

#08 / #FR - OS CEMPES REVIENT EN FORCE!!




OS CEMPES REVIENT EN FORCE !!

Actuellement, ils sont en train de finir un nouveau travail discographique qui sera gravé en janvier 2012.

Cette Année, ils fêtent leur 20ème année d’anniversaire de leur 1er direct, un concert bénéfique à
Cedeira en 1992.

Pour fêter l’anniversaire, ils veulent inviter la Escola Livre da Musica Popular Galega à collaborer pour l’enregistrement de ce disque. Ce centre d’enseignement a fêté cette année son 10ème anniversaire depuis ses premières classes en 2001, comme Conservatorio de musica internacional e Folke de Lalin.

Ce disque sera une démonstration supplémentaire de l’esprit divertissant que Os Cempes a toujours montré dans leurs albums et leurs concerts en direct.

Pour cette occasion ils veulent aider en rendant visible le travail et les initiatives de la Escola Libre Da Musica (MPG), dans laquelle de jeunes musiciens s’efforcent de connaitre et interpréter la musique populaire.

Le thème central du leur nouveau travail est les jeunes gens, les adolescents


















































ler máis

#07 / O noso Proxecto na Prensa, Radio, TV...

Ola amigas e amigos!!  envíovos un listado de ligazons de entrevistas e programas de Radio e TV onde estos últimos dias saeu a nova do proxecto no que estamos todos metidos!!
Os Ensaios estanse organizando, e soa (de verdade) impresionante cos artistas da ELMPG.

OS MÁIS EFICIENTES


-Galicia é
-El Diario de Ferrol
-El País Estes con bastantes erros:  (non é marzo, senon maio a data tope para que esté publicado o disco)
-A Voz de Galicia 01
-A Voz de Galicia 02

Radio:
Lume na Palleira
TVG: A Solaina: (peza do novo CD ao vivo con Fernando Barroso, Oscar Fernandez e Serxio Ces)
TVG 2: Zig Zag
ler máis

#06 / Hoxe 18 de Nov. Na TVG

Ola!  hoxe, Os Cempés  visitamos a TVG para contar no programa A Solaina cómo vai a aventura na que estades embarcados e para agradecer o apoio recibido.

Fernando, Serxio e Oscar tocaremos unha peciña do novo CD:

"Por Vela Filla de Juan dos Espidos"

será na TVG a partir das 17h,


#04 / # ENGLISH



New Recording of OS Cempes featuring A Escola Livre da MPG
Os Cempes are back, and we are back in really good shape.

We are working on a new project that will be recorded in Janury 2012.
This year, we'll be celebrating the 20th Aniversary of our first ever live gig, that was a benefit concert in Cedeira back in 1992.

To celebrate this event, we want to invite the Escola Livre da Musica Popular Galega to join us in the recording of this album. This school marked, last year, the 10th year since the first lessons started as the Conservatorio de Musica Tradicional e Folque de Lalin. These are 10 year devoted to shared among generations of musicians the knowledge and care for traditional music.

The album will be, once again, a display of Os Cempes' festive soul, that we always feel our recordings and live gigs with, as easy and yet as difficult as making people sing and dance. This time we want, as well, to help make visible, iniciatives such as the Escola Livre da MPG and young musicians that



























ler máis

#03 / Cancelado o directo en Luar.

Ola amigos, e a benvida aos novos mecenas dende o último post.
O concerto en directo en Luar previsto para este venres foi cancelado...   unha lástima,  tiñamos preparado un tema impactante para celebrar con moita alegria este evento.
No seu lugar estaremos na Radio Galega ás 18h.  (non lembro o nome do programa). pero esta vez si que é certo.
Saudiños.

#02 / Gracias, sodes os primeiros!!!

Moitas gracias a todos!!

Comenzou, son 40 dias.... pasan máis rápido do que parece, confiamos en conseguilo, pero non hai que despistarse:

Sen presa pero sin pausa hai que chegar a canta máis xente mellor. Contamos con vós para difundir o proxecto.

 E Lembrade que si non se chega ao obxectivo nos 40 dias, non se fai efectiva a vosa aportación... e polo tanto: traballo perdido.

Apertas e bicos.

Os Cempés

#01 / #CASTELLANO



GRAVACIÓN del nuevo CD de OS CEMPÉS y la ELMPG

Os Cempés volvemos, y lo hacemos con mucha fuerza.
Actualmente, estamos acabando un nuevo trabajo discográfico que se empezará a grabar en Enero de 2012. Ese año cumplimos el 20 aniversario de nuestra primera actuación, un concierto benéfico en Cedeira en el año 1992.
 
Para celebrar el aniversario, queremos invitar a la Escola Livre da Musica Popular Galega a colaborar en la grabación de este disco. Este centro de enseñanza celebró este año su décimo aniversario desde que se impartieran las primeras clases en 2001 como Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
 
El disco será una muestra más del espirito divertido que Os Cempés siempre demostramos en las grabaciones y en los conciertos en directo, tan sencillo y tan complicado como hacer cantar y bailar. En esta ocasión queremos además, ayudar a que se hagan visibles iniciativas como la de Escola Livre da MPG y a los músicos jóvenes se esfuerzan en conocer e






ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies