❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Mar e ferro

Arte denuncia nas rúas de San Valentín (Fene A Coruña). 30 artistas participaron nunha xornada arredor dos barcos e o mar o 15 de marzo do 2014. Agora queremos editar nunha publicación as imaxes daquel día.

Son Radiofusión

Un proxecto de

Categoría

Creado en

As Centieiras
0
segundos
4
Achegas
70€
De 2.550€
Achega ao proxecto

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Mar e ferro foi unha xornada de intervención artística realizada o 15 de marzo do 2014 en San Valentín (Fene A Coruña). 30 artistas plasmaron nas paredes do barrio a súa visión da construción de barcos, actividade que se desenvolve na ría hai centos de anos. Tamén se sumaban á festa dos 30 anos de Radio Fene.

Agora queremos editar unha publicación coas fotografías daquela xornada, imaxes tomadas por Xan Xe Corral Incidiremos na relación da arte co seu entorno social, cunha comarca que reclama a súa tradición de estaleiros, un traballo con futuro en todo o mundo

A QUÉ DESTINAREMOS AS VOSAS APORTACIONS

Edición da publicación "Mar e ferro" coas imaxes fotográficas de Xan Xe Corral sobre os murais dos 30 artistas.

CALENDARIO

As publicacións entregaránse o 8 de xuño nunha xornada festiva que se celebrará nos locais do CMI Unidade de Fene (A Coruña)

ARTISTAS PARTICIPANTES

Carlos Sardiña // Beatriz Seijo // Mónica Fernández // Xosé Manuel Pereiro "Ponche" // Dolores Fernández // Dulce Anca // Ladislao da Regueira // Carmen Sendón // Francisco Pérez Porto // Carme Romero // Gosia Trebacz // Carlocho // Ito Mosquera // Rosa Salanova // Suso Basterrechea // Viki Rivadulla // María // Piensos // Marcos Real // María Leal // Borxa López Muinhos // Chelo Facal // Amelia de Querol // Javier Caamaño Pérez (Bou, Raiden e Yuja) // Sara Díaz // Pilar Azpeitia // Mariña Gándara

Tamén participaron en Mar e ferro o presidente do comité de empresa de Navantia Fene Jorge Prieto, o alcalde de Fene Gumersindo Galego, os poetas Arsenio Iglesias, Mario Regueira e Amelia de Querol e o colectivo "Radio Buguina" que presentou o documental "Carga de dignidade". O dúo Alabama ofreceu un concerto no local do CPS de San Valentín.

O FOTÓGRAFO

Xan Xe (Xoán Xesús Corral Paz) é un artista multidisciplinar de formación autodidacta nacido en Pontedeume en 1966 e residente en Fene (A Coruña). A produción artística de Xan Xe actualmente está centrada na fotografía e no gravado ainda que a súa obra tamén esta formada por debuxo, pintura escultura e poesía.

Ten participado en numerosas exposicións e gañado diferentes certames dende que foi finalista no "Premio de pintura de la mar" organizado pola Autoridade Portuaria de Ferrol en 2002 ata tamén ser finalista no Certame fotográfico sobre Medio Ambiente organizado polo Ateneo ferrolán en 2013.

A PUBLICACIÓN

A publicación será a toda cór, 48 páxinas, con tapa dura e formato europeo (27 x 19 cm)

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

4 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Son Radiofusión

    Son Radiofusión
    Autor/a

    11 anos

    Enviámoscho ao teu domicilio. Apertas.

  • amelia de querol orozco

    amelia de querol orozco

    11 anos

    el día 8 de junio no podré estar en Fene, ofrezco un recital en Sabadell, pero me gustaría poder conseguir uno de los libros ¿Qué puedo hacer para ello? Siento mucho no poder compartir con vosotros esa jornada festiva.

  • Son Radiofusión

    Son Radiofusión
    Autor/a

    11 anos

    Claro que será posible.

  • amelia de querol orozco

    amelia de querol orozco

    11 anos

    Hola, soy Amelia de Querol, participante en el encuentro "MAR E FERRO", no sólo con dos murales, sino también con un pequeño recital de poesía. NO sé si será posible incluír al menos la poesía que dediqué, de forma específica a la reivindicación

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies