❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Xuventude Gruyère

"Xuventude Gruyère" é unha curtametraxe independente de corte futurista, levada a cabo por recén graduados en Comunicación Audiovisual e Escolas de Cinema. A través dun relato distópico, esbózase o berro de auxilio dunha xeración rota e desesperanzada.

OMEN

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Barcelona
0
segundos
34
Achegas
1.015€
De 1.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano, Català e English

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

SINOPSE 

Marcos, un xove produtor musical, mantén a duras penas un negocio musical pouco rendible, xa que a cultura vive nun momento de ausencia. Non obstante, Marcos oferta un factor diferenciador, unha nova forma de consumir a música en directo, conecta fisicamente o público có grupo executante, dirixindo directamente as sinais acústicas ás cavidades internas do cerebro do oínte. O dispositivo triunfa na clandestinidade, entre minorías asociadas á música underground, outorgando unha sensación pracenteira a todo aquel que decide "enchufarse". 

Os intereses por comercializar esta forma de vida aparecen por parte dun "peixe gordo", dono dunha marca de bebida, chamada Azul, converténdose na bebida habitual dos músicos e asistentes destes concertos silenciosos. Marcos verase obrigado a colaborar na masificación social do seu invento, para que o Azul chegue e se expanda por tódolos recunchos da sociedade. A presión derivada, tomará a Marcos por unha viaxe entre o fantástico e o real, onde espirá tódolos seus medos... sabendo que se segue a evitalos, só favorecerá a súa conversión nunha ligazón máis da cadea dun sistema que odia.
 

Con esta historia propoñemos a reflexión de como as novas xeracións han de afrontar a situación actual, unha situación na que moitas veces os altos cargos, fan presión para evitar que o sangue xove aporte solucións innovadoras, todo iso derivado dos intereses económicos que xorden de manter as vellas infraestruturas.


(Cartel de Óscar Raña)

EQUIPO

Esta idea extrapolase ó equipo da curtametraxe, que se conforma por recén graduados en estudos de Comunicación Audiovisual e Escolas de Cinema, e que ansían por facerse un oco na industria do cinema español para colaborar nela e reforzala. 


(Fotos de Xavi Casanueva)

Xuventude Gruyère consolídase coma un proxecto independente nado exclusivamente das ganas e as ilusións dunha xeración de novos creadores. 

REPARTO

Polo momento, o noso reparto confirmase con:  (De esquerda a dereita) Enric Auquer, Eszter Tompa e Jordi Vilches.

AUTOR

Carlos Martínez-Peñalver Mas (1991, Vigo) Iníciase no cinema ós 16 anos a través de propostas formativas de asociacións culturais xurdidas na cidade de Vigo, gradúase en Comunicación audiovisual a medio camiño entre a USC (Universidade de Santiago de Compostela) e a UPF (Universidade Pompeu Fabra de Barcelona) 

A través diso, comeza a conformar unha carreira cinematográfica caracterizada por combinar o cinema de ficción, coa realización de videoclips, documentais, reportaxes musicais e outros formatos debido a súa vinculación coa escena musical independente. Con estes traballos experimenta as posibilidades da imaxe, e complementa a súa formación cun Máster de Montaxe Cinematográfico na ESCAC.

RECOMPENSAS

As nosas recompensas nútrense de diferentes elementos artísticos asociados á curtametraxe, contamos co apoio de diversos artistas asociados a Seara Records, un colectivo artístico no que, entre outros, destacan as súas labores de autoedición musical e ilustración.

Xuventude Gruyère empápase da influenza do formato cassete, así, aos que aportedes 20 euros, ademais do pack básico asociado á curta (Dvd + asistencia a estrea + crédito) farémosvos chegar a banda sonora da curta neste arcaico formato, cunha coidada edición feita a man do estilo das que mostramos na imaxe.

BSO a cargo de Kalashnikoff

A ilustración tamén está moi presente na lóxica da curtametraxe polo que entre as nosas recompensas tamén destacan as colaboracións de Oscar Raña cunha tira cómica e unha serigrafía limitada, e Alexandra Padín cunha ilustración a cor. Todas estas obras estarán inspiradas na historia de Xuventude Gruyère.


(Muestra de trabajos de Alexandra Padín)

Entre as nosas recompensas tamén salientan un Stencial dun fotograma da curtametraxe (a cargo de Ana Inés Fernández), o storyboard (Por Arnau Abella), e un libro de fotografías de rodaxe a cargo de Xavier Casanueva.


(Stencil de fotograma por Ana Inés Fernández)

Segundo aumente o volume das achegas, faremos chegar ós nosos mecenas máis elementos artísticos asociados a curta, de forma que a vosa achega, ademais de financiar a curta, servirá para promover e difundir a obra de máis artistas. Así, quen faga a maior achega, levará un compendio de obras nacidas dunha mesma xeración de creadores, ademais de estar invitado á nosa festa de fin de rodaxe, onde gozará de risas e diversión cos membros do equipo de Xuventude Gruyère.
 

A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS

Por sorte, contamos cunha parte de financiamento propio, pero este non é suficiente para levar a cabo o proxecto enteiro. Aínda que o obxectivo é poder rodar en localizacións que non nos xeren un gran custo e o equipo e o reparto participan de forma voluntaria, precisamos unha cantidade de 1000€ para complementar o noso financiamento.

Deste modo, toda a cantidade recadada a partir das vosas achegas destinarase unicamente á produción e distribución da curtametraxe. A grandes trazos, uns 200€ destinaranse á escenografía, arte e ambientación futurista pola que se caracteriza Xuventude Gruyère; 600€  serán para o material de rodaxe, transporte, maquinaria e varios de produción, e finalmente uns 200€ para dietas, gastos xerais e distribución.

![

](https://dg9aaz8jl1ktt.cloudfront.net/uploaded_files/000/026/016/verkami_0a11d79b29db2d7d94be6a915ecd64ba.jpg?1394380026)

CALENDARIO

Actualmente Xuventude Gruyère atópase na fase de*pre-produción* para que, se acadamos o financiamento desexado, podamos empezar as rodaxes previstas para os fins de semana distribuídas entre abril e maio. Deste modo, a post-produción levaríase a cabo entre finais de maio e durante xuño.

Calculamos que poderíamos dar as recompensas entre xuño e xullo, unha vez finalizada a curtametraxe, tendo preparados todos os materiais que implican a realización da rodaxe.

CONTACTO

Para cualquera dúbida ou proposta sobre Xuventude Gruyère non dubidedes en contactar connosco nos seguintes emails:

 
[email protected]
[email protected]

Tamén poderedes informarvos sobre Omen Producións na nosa Páxina web e seguir as noticias da rodaxe e outros proxectos a partir da nosa páxina de Facebook.

¡Moitas grazas por colaborar connosco!

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies