❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Neverside - THIS IS OUR GUN

Somos Neverside, un grupo vigués, e buscamos mecenas para que nos axuden a financiar a edición física do noso primeiro disco, "This Is Our Gun". O álbum está dispoñible en edición dixital desde o noso Bandcamp, e para escoitar en páxinas coma Youtube ou Soundcloud.

Neverside

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Vigo
0
segundos
42
Achegas
910€
De 800€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano, English e Portugues

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Somos Neverside, un grupo vigués, e buscamos mecenas para que nos axuden a financiar a edición física do noso primeiro disco, "This Is Our Gun". O álbum está dispoñible en edición dixital desde o noso Bandcamp, e para escoitar en páxinas coma Youtube ou Soundcloud.


"¿QUÉ É ISO DO NEVERSIDE?"

Neverside é un grupo de metal vigués, formado en 2009 por Nacho Dafonte á batería, Cristian Durán ó baixo e voz principal, Javier Lago nunha guitarra e Raphael Souza á outra.

Estes somos nós.

En 2010 sacamos a nosa primeira maqueta/EP, titulada "Rage", e logo de tocar ó longo e ancho de Galicia, en 2013 viu á luz o noso disco debut, "This Is Our Gun".

Dándoo todísimo. Sempre.

"¿E QUÉ PASA CO DISCO?

Noso disco debut, "This Is Our Gun", está dispoñible desde agosto deste ano para descarga gratuita desde nosa páxina en Bandcamp.

Foi producido por nós, Tino Álvarez e Áitor Míguez. Nós encargámonos da grabación, Áitor da mezcla e Tino da masterización.

O artwork correu por cuenta de Julián Landriz, e aquí podédes ver algunhas mostras do seu traballo:

I Am King

Fiunte

"¿QUÉ PENSADES FACER CO MEU DIÑEIRO?

Se chegamos ós 800€, destinaranse íntegramente á edición do disco e ó merchandising. Sobre 600€ irán para o disco, e o resto para as recompensas e envíos.

"¿CÓMO SON AS CAMISETAS? ¿E OS PÓSTERS? ¿E ISO DE IR A UN BAR?"

O diseño das camisetas vai ser igual ou moi similar a este:

Perfecta para unha boda ou bautizo.

Respecto ó póster, polo momento non temos un diseño definitivo, pero seguramente estará baseado nun dos artworks do disco. Como exemplo, podedes ver o que vendimos nun dos nosos últimos concertos:

Está claro que non somos un grupo indie.

A recompensa da cea farase en Vigo, no Bar Ramallo, o bar familiar do noso guitarrista Rapha (nós preferimos chamarlle Bar Raphallo). A data concretaríase ó rematar o plazo do proxecto.

"¿E AS RECOMPENSAS, CANDO AS MANDADES?"

Aínda non o sabemos. Todo depende do que tarden en facerse os discos, as camisetas, etc. Esperamos que para finais de decembro estén dispoñibles, pero informaremos do tema segundo vaia avanzando.

BEN, CONVENCÍCHEDESME, PERO TAMÉN QUERO UNHA APERTA

Terás unha grupal ou catro individuais, como prefiras.

Facebook
Twitter
Soundcloud

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies