
O Entroido de Verán de Negreira, O CRISTOBALIÑO, converteuse, ao longo dos anos, nunha cita moi especial para a veciñanza e para todas as persoas que nos visitan. É unha celebración que enche as rúas de alegría, música, disfraces e convivencia, creando momentos únicos que fortalecen os lazos da nosa comunidade e dinamizan a vida cultural do municipio.
Porén, organizar un evento destas características supón un importante esforzo humano, loxístico e económico. Os custos relacionados coa infraestrutura, a seguridade,limpeza, as actuacións, o son, a iluminación e todos os servizos necesarios para garantir unha festa de calidade aumentan cada ano, facendo cada vez máis difícil manter o evento nas condicións que merece.
Por este motivo poñemos en marcha este crowdfunding. Queremos que o Entroido de Verán de Negreira siga existindo, siga medrando e continúe sendo un espazo aberto para todas as persoas.
Cada achega, por pequena que sexa, axudaranos a cubrir os gastos de organización e a asegurar a continuidade dunha festa que xa forma parte da identidade e da historia recente do noso pobo.
Este proxecto é de todos e todas. Co apoio da cidadanía, das empresas locais e de quen sente cariño por esta celebración, podemos demostrar que a forza dunha comunidade é capaz de manter vivas as súas tradicións e iniciativas culturais.
Grazas por colaborar, por compartir esta campaña e por axudarnos a facer posible que O CRISTOBALIÑO siga enchendo as nosas rúas de cor, diversión e ilusión durante moitos anos máis

PROGRAMA:
VENRES 24
- CRISTOLIMPIADAS (PARQUE DO COTO)
SÁBADO 25
SESIÓN VERMÚ/NICRAVISIÓN JUNIOR
(PRAZA DO CONCELLO)FESTA DA AUGA
(CAMPO DA FEIRA)DESFILE CRISTOBALIÑO
(CAMPO DA FEIRA-FONTE DAS VACAS-PRAZA DO CONCELLO)CONCERTOS DE TARDEO
NICRAVISIÓN/CONCERTOS DE NOITE
FAI ESTO POSIBLE DA SEGUINDE MANEIRA:
PACK EMBAIXADOR DO CRISTOBALIÑO- 40€
(Recompensa: Insignia/Publicación do nome na pantalla do escenario/Nome en redes)
PACK MECENAS ENTROIDO DE VERÁN- 20€
(Recompensa: Insignia/Nome en redes)
PACK AGARIMO CRISTOBAL- 10€ (Recompensa:Insignia/Aperta do Cristobaliño)
OUTRAS APORTACIÓNS SEN RECOMPENSA...
Pediremos consentimento antes de publicar os nomes.
AXUDANOS A ACADAR O OBXECTIVO
Non sabemos como ides responder ante unha campaña de recompensas simbólicas, pero queremos apostar polo valor do voso compromiso e polo orgullo de poder dicir: 'eu axudei a que isto fose posible.
Se chegamos aos 500 €: axudaredes a cubrir gastos vitais de produción.
Se superamos a cifra: todo o que veña a maiores será un impulso directo para o evento e un chute de enerxía para o equipo de voluntarios que lle adicamos tanto tempo e agarimo a este proxecto.
CANDO? 24 E 25 de XULLO
ONDE? NEGREIRA
PREZO DAS ENTRADAS? de BALDE
HISTORIA
Cada ano polo mes de xullo chega un peregrino moi especial á vila de Negreira. É un home pequeneiro e regordete, cun ton encarnado nas meixelas producido pola degustación de viño, que fai en cada taberna que encontra no Camiño, o cal sempre fai disfrazado.
Foi alá polo ano 2000 cando chegou peregrinando por primeira vez á vila. Unha chegada accidentada por un traspés fixo que baixase a costa da Chancela a rolos.
¡Tremendo castañazo!.
O golpe acabou por rematalo. Foi erguerse e divisar ao lonxe unha muller fermosa que, atónita coa situación, quedou petrificada mirando cara él.
Decidido foise a conquistala. Eran uns poucos metros os que os separaban, pero a traxectoria de tan tremendo animal non ía recta.
Por fin se plantou diante dela, sacou o sombreiro de capitán que traía como disfraz e declaroulle o seu amor. A cara de ela era un poema.
Alí estaba, petrificada e rodeada por dúas vacas, aguantando cánticos e poemas berreados polo Cristobaliño.
O pobre nunca obtivo resposta, pero, como a esperanza é o último que se perde, ano tras ano plántase diante dela declarándolle o seu amor con bailes, cánticos e disfraces.
O pobo ao velo foise unindo por compaixón e cada ano é maior o número de xente disfrazada, que canta e baila para que o Cristobaliño sexa correspondido pola Dona da Fonte das Vacas.
¡Viva o Cristobaliño!
+INFO

0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.