❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

SOS Revista Soberanía Alimentaria

NOVO RETO de 35.000 para ampliar a nosa comunidade, garantindo estabilidade e autonomía

0
segundos
458
Achegas
31.613€
De 20.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano e Català

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Temos logrado, grazas ao voso compromiso, pechar este ano mantendo viva a revista e sorteando o risco de quebra. Porén, aínda nos atopamos nunha situación de debilidade que precisamos transformar en continuidade, aumentando a nosa comunidade de socias e subscritoras.

O noso obxectivo é chegar aos 35.000 euros nesta campaña. Este fondo vainos permitir, para o vinderiro ano:
• Actualizar o deseño da maquetación e da web.
• Impulsar o noso labor de investigación en profundidade.
• Crear novos formatos audiovisuais.

A revista

Nacemos para poñer a terra e a alimentación no centro, porque o pode cambiar todo. Alimentación é terra, ruralidade, sector primario; é memoria, relacións e coidados; é creatividade, soberanías e reprodución da vida, entre outras moitas cousas. Estamos convencidas de que abrir a mirada ao noso vínculo político coa terra e a alimentación enriquece, axita e transforma o que temos ao redor.

Convidando a autoras ao redor dun tema, con tres números anuais, temos conformado unha hemeroteca na que habitan xornalistas, labregas, investigadoras, activistas ou simplemente persoas inquedas de aquí ou de territorios máis lonxanos. Conviven tamén as linguaxes, que temos procurado que sempre conviden, que sexan accesibles e amables. Relatos, experiencias, entrevistas, reportaxes, ensaios, conversatorios, recensións, poesías. Tamén, 54 ilustracións de portada que protexen e acompañan cada conxunto de textos, un agasallo en tamaño A3, papel reciclado e a todo color.

E neste camiño, tamén se xerou, sen publicidade nin promocións, unha contorna de afinidades de decenas de organizacións e persoas lectoras, socias e suscriptoras. Unha contorna que respira, reacciona e confronta.

Moito máis que unha revista

En Soberanía Alimentaria non só publicamos unha revista. O noso obxectivo é xerar debate e pensamento crítico e para iso organizamos e colaboramos en encontros presenciais xunto a otras organizacións, universidades ou administracións e temos presenza noutros medios de comunicación (Radio 3, O Salto, La Directa, etc.). Tamén impulsamos webinars de acceso gratuito, para afondar en determinados temas e, puntualmente, lanzamos manifestos públicos. Entre eles, destacou no 2022 a Declaración por un sistema alimentario baseado na agroecoloxía e na soberanía alimentaria, que subscribiron máis de 500 colectivos.

Considerámonos unha publicación feminista que coida a linguaxe, os enfoques, a diversidade, os procesos e o diálogo de saberes. Participamos habitualmente en foros de comunicación feminista e o noso traballo foi recoñecido pola Asociación de Mulleres Xornalistas de Catalunya, co Premio de Boas Prácticas de Comunicación Non Sexista.

Por que o papel é un acto de resistencia?

Hoxe, pensamos que o papel representa unha ferramenta política a reivindicar:

  • Permite una pausa fronte á velocidade. Nun mundo abocado ao inmediato e ao disperso, o papel fai que nos deteñamos e entreguemos a unha lectura plácida e reflexiva. Non interrompe con notificacións, non precisa batería nin cobertura.

  • Profundidade e complexidade. É o formato ideal para unha comunicación a lume lento. Permite analizar os contextos, degrañar os argumentos e ofrecer a complexidade necesaria para construír ou deconstruír opinións e combater o reducionismo.

  • Un obxecto de valor. A revista convírtese nun arquivo, un documento coleccionable e unha declaración de intencións na túa propia biblioteca á que podes recorrer para consultar e compartir.

  • Ademáis, o papel non é rastrexable. Non queda rexistrado en ningunha empresa a que dedicas a túa atención nin se garda en ningún historial con fins lucrativos.

De cualquera xeito, todos os nosos contidos están dispoñibles en aberto na nosa web, para que os poidas ler dende os teus dispositivos e compartilos neste formato con quen ti queiras.

Que atopas no interior da revista

Estas son as diferentes seccións da revista:

  • Portada, un contido máis. A artista plasma a súa idea sobre o tema principal nunha linguaxe que enriquece e acompaña ao resto das contribucións.

  • «Amasando la realidad»: a sección máis ampla, con artigos sobre o tema principal de cada número, abordado dende diferentes olladas e ámbitos e a partir de diferentes formas de escritura. Entrevistas, ensaios, reportaxes, datos, experiencias…

Conversatorio do número sobre Escola rural
Conversatorio do número sobre Escola rural

  • «De un vistazo y muchas aristas»: o conversatorio. Nestas páxinas reunimos a 2-4 persoas para charlar como nunha sobremesa.

Receta gazatí antes y después del genocidio
Receta gazatí antes y después del genocidio

  • «En pie de espiga»: sobre debates actuais. Adoitan ser, especialmente, conflictos territoriais.

  • «Visitas de campo»: proxectos e experiencias prácticas. Reportaxes, relatos ou entrevistas dos que extraer aprendizaxes e inspiración. Gústanos que se escriba en primeira persoa.

  • «Palabra de campo»: creatividade e cultura. Recensións, artigos vivenciais, de estilo libre ou literario e columna de opinión.

Póster central do número sobre Caos climático
Póster central do número sobre Caos climático

Na nosa canle de Vimeo podes ver os debates de presentación de cada número, onde contamos con algunhas autoras.

Ademáis, levamos varios anos elaborando un pódcast de cada número co programa Toma la Tierra. Podes revisalos e escoitalos aquí.

Sustento económico

Porén, nos últimos anos, os esforzos cada vez máis grandes do equipo para manter económicamente o proxecto non son suficientes. Temos chegado a un punto no que o responsable e coherente é facer pública esta situación de tensión capital-vida e pedir axuda.

Procuramos:

• Garantir a supervivencia e autonomía da revista, tratando que o 75 % dos fondos cheguen directamente de achegas periódicas de persoas e organizacións.
• Que o impulso colectivo desta campaña faga que máis xente nos coñeza e acceda aos debates e contidos que habitan a revista Soberanía Alimentaria.
• Seguir tecendo redes entre movementos sociais, entre a academia e o campo, entre a cultura e a natureza.

Quen hai detrás?

Somos un proxecto colectivo, plural e descentralizado. A nosa forma xurídica é a de asociación e a xunta directiva representa á asamblea de asociadas, que actualmente consta de máis de 60 entidades e un cento de persoas a título individual.

Equipo coordinador
Equipo coordinador

A coordinación e xestión cotiá está a cargo de El Pa Sencer (O Pan Enteiro), unha cooperativa da economía social e solidaria formada por parte do grupo impulsor da revista.

O equipo coordinador, formado por Patricia Dopazo, Gustavo Duch, Tomàs de los Santos, Carles Soler e Amal Tarbift conta co apoio do comité editorial, un grupo interdisciplinario de diferentes idades, dedicacións e procedencias que asesora ao equipo coordinador nos contidos, temáticas e enfoques.

Equipo directivo y editor
Equipo directivo y editor

Ademáis, a publicación non sería posible sen tres piares esenciais:

  • Eva Calvo, correctora de textos e xestora da nosa web.

  • Raúl Fernández (Marea Vacía), deseño e maquetación da edición en papel.

  • Imprenta Gertu, en Oñati (Gipuzkoa) onde temos impreso a revista dende o seu primeiro número.

Consegue recompensas exclusivas

Subscrición ao ano

A subscrición inclúe tres números da revista ao ano, cada un cunha temática central diferente.

Ademais, se te subscribes, verás o número de finais/inverno da revista xeral, que acaba de ser impreso ao comezo da tempada, cuxo tema é "Campesinado y cultura de paz".

Lembra que tamén podes agasallarnos a quen ti queiras. Recibirá as revistas no seu domicilio e unha tarxeta de agasallo coa túa mensaxe (cando remate a campaña pediremos os datos de envío postal).

Vincularnos a la tierra, de Jeromo Aguado

Jeromo Aguado é pastor e labrego. Unha figura recoñecida en todo o estado español polo seu compromiso co mundo rural e a xeración de múltiples iniciativas: a Plataforma Rural, a Universidade Paulo Freire, a acollida de inmigrantes... Vincularnos con la Tierra recolle por primeira vez máis de 30 anos de disruptivas reflexións e os seus ataques ao progreso. Como el sempre repite, "non te metas cun pastor, que temos moito tempo para pensar". Lanzamos en primicia este libro que será ecoeditado pola cooperativa Pol·len Edicions. Pol·len Edicions é unha editorial independente, practican a ecoedición: forma de enfocar a edición que reduce o impacto ambiental, o comunica (a través da mochila ecolóxica) e, se é preciso, o compensa. Ademáis, este precioso libro o terán xunto con dúas láminas de agasallo a escoller.

AHRDE, Andreea Birsanu, Sandra Carmona, Bitxo e Inés Alba ofrécennos a súa arte para compartila contigo. Son láminas A3 das portadas dalgúns números publicados da revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas.

Poesía visual baixo o teu brazo

O periodista, editor e poeta Ferran Fernández agasállanos este poema visual inscrustado na bolsa de tea que temos deseñado para a campaña. Podes elixir entre estas cores xunto coa túa subscrición!

Comparte produtos ricos da terra coa túa familia

Non quixemos deixar pasar a oportunidade de contar coas nosas produtoras e produtores favoritos. Poderás desfrutar de ricas conservas de El Perol, aceite de xirasol virxe extra ecolóxico de EcoPipa e viños naturais de La Zafra.

A que destinaremos as vosas aportacións

Con 20.000 € cubriremos principalmente gastos parciais de produción da revista:

  • 15.000 € para gastos derivados da publicación e distribución de 3 números ao ano.

  • 2.000 € para mantemento e xestión do sitio web.

  • 1.500 € para persoal dinamizador da revista.

  • 1.500 € para gastos de xestión do Verkami.

Faite socia e forma parte do colectivo!

Calendario previsto

Todas as recompensas faranse efectivas no mes de marzo de 2026, a excepción dos concertos ofrecidos e o festival da terra.

+ Info

Preguntas frecuentes

  • ¿Que supón escoller a opción "Faite socia"?

    Recibirás os tres números da revista en papel ao ano. Participarás, se o desexas, nas asambleas. Fánse anualmente, entre xuño e xullo, e además de ser espazos de toma de decisións (especialmente sobre os contidos, estratexias e sostibilidade do proxecto), son encontros festivos onde coñecemos o pobo ou aldea que nos acolle. Cada vez é un lugar diferente, sempre rural, e cun programa que combina os debates, a celebración e as visitas.

  • ¿Que significa facerse socia colectiva?

    Se sodes un colectivo ou organización, recibiredes os tres números anuais da revista. Ademáis, ides acceder á información e participaredes nos espazos da asamblea, onde tratamos os retos de cada momento, tomamos as decisións de funcionamento, planificamos estratexias e orientamos políticamente o labor diario. Neste espazo da nosa web explicámolo máis polo miúdo: https://www.soberaniaalimentaria.info/asociacion

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

48 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Raquel Giner

    Raquel Giner

    10 meses

    La Revista Soberanía Alimentaria fue necesaria, es más necesaria y será necesaria...per molts anys! <3

  • Alfonso Ábalos Diez

    Alfonso Ábalos Diez

    10 meses

    Seamos soberanos o no seremos.

  • Alex

    Alex

    10 meses

    Sois muy necesarios, sobre todo en estos momentos. Solidaridad y apoyo mutuo!!!

  • Pablo

    Pablo

    10 meses

    Entre todas para adelante, que viva el campo carajo!

  • Marisa López

    Marisa López

    10 meses

    Tota pedra fa paret¡ Ànim ¡

  • animooo guztion artean ahal duguu!!

  • Maria Jesús Guridi

    Maria Jesús Guridi

    10 meses

    Un placer apoyar a este proyecto tan importante! Gracias

  • Huerta Molinillo

    Huerta Molinillo

    11 meses

    Para Huerta Molinillo es fundamental vuestro trabajo: poner en valor la soberanía alimentaria y compartir y dar a conocer experiencias que trabajan por un sistema alimentario justo. Un abrazo y que vuestro necesario labor siga adelante

  • Tobalo Cristóbal

    Tobalo Cristóbal

    11 meses

    Vamoooooo!!!!

  • ernesto pelaez

    ernesto pelaez

    11 meses

    Sigan luchando por nosotros

#06 / Presentación de la revista 55. Economía feminista y campesina

Hola,

Esperamos que estéis bien.

Antes de nada, desde el equipo de la revista queremos agradeceros una vez más vuestra aportación y vuestro apoyo a la campaña de Verkami. Ahora que vemos los resultados, nos damos cuenta de la cantidad de esfuerzo y experiencia colectiva que reúne este número, la edición de primavera, Economía feminista y campesina. Esperamos que todas la hayáis recibido ya en papel; y, si no, la recibiréis muy pronto. Deseamos que la disfrutéis mucho.

También queremos actualizaros sobre el estado de las recompensas pendientes. Durante este mes procederemos al envío de las láminas A3, las bolsas de tela, el libro de Jeromo y las ediciones anteriores de la revista para quienes las solicitasteis. Os mantendremos informadas.

Además, queremos invitaros a participar en el debate online de presentación del número, que tendrá lugar el **lunes 20 de abril a

… ler máis

#05 / Actualizando información sobre recompensas

Queridas mecenas de Verkami:

Queremos daros las gracias de nuevo por el apoyo que nos habéis brindado. Estamos muy emocionadas y felices de poder seguir adelante creando y sosteniendo juntas la revista Soberanía Alimentaria.

Muy pronto saldrá el número dedicado a la Economía Feminista, que estamos elaborando con mucho cariño. Estamos poniendo mucho mimo en sus contenidos y deseamos de que os guste todo lo que hemos preparado cuando llegue a vuestras casas, que será a finales de este mes.

Además, quienes teníais como recompensa los productos de Ecopipa, el vino, las conservas o el libro "Profundidad de campo" ya deberíais haberlos recibido. Si ha habido cualquier problema con el envío, hacédnoslo saber para que podamos solucionarlo.

También queríamos contaros que, dado el volumen de trabajo que estamos teniendo estos días, vamos a retrasar algunos envíos de recompensas, como el libro de Jeromo, las láminas y la bolsa de tela. Os llegarán durante el mes de abril.

Os

… ler máis

#04 / Formulario de recompensas

Queridas mecenas:

Todavía estamos asimilando la alegría de haber finalizado la campaña en Verkami. Ha sido un éxito y todo es gracias a vuestro apoyo, vuestro calor y vuestra confianza. Nos hace inmensamente felices que forméis parte de esta comunidad.

Información importante sobre vuestras recompensas:

Hoy mismo recibiréis en vuestro email los formularios para gestionar los envíos. Por favor, tened en cuenta lo siguiente:
• Plazo: Tenéis 15 días para completarlos.
• Varios formularios: Si realizasteis más de una aportación a recompensas, recibiréis un formulario por cada una de ellas. Es necesario rellenarlos todos.
• Revisión: Aseguraos de que todos los datos sean correctos para que vuestras recompensas lleguen sin incidencias.

Si tenéis cualquier duda, podéis escribirnos directamente al email que aparece en nuestra

… ler máis

#03 / ¡Gracias, gracias, gracias!

Muy buenas, compañeras,

El equipo de la revista Soberanía Alimentaria comienza este martes con una alegría inmensa: anoche, poco antes de las 12, superamos los 31.000 €.

Con vuestras suscripciones, donaciones y constantes palabras de ánimo, más de 400 personas habéis hecho posible lo que parecía un reto inalcanzable. Vuestro esfuerzo, grande o pequeño, no solo asegura la supervivencia de la revista, sino que reafirma que somos una comunidad viva y sólida.

Nos habéis recordado, día tras día, que no estamos solas: que esta revista es de todas y cada una de vosotras. Empezamos esta campaña sin saber de promoción ni de marketing, pero lo hemos logrado gracias al excelente acompañamiento que nos ha brindado Verkami, a vuestra fuerza, cariño y arrope.

Gracias infinitas a quienes habéis aportado, y también a las entidades, a los proyectos

… ler máis

#02 / El empujón final

Queridas amigas,

Estamos llegando al final, nos quedan solo 6 días de campaña (hasta el 22 de diciembre), y nos gustaría hacer juntas un último esfuerzo de difusión para aprovechar el impulso colectivo reunido en estas semanas. Necesitamos reunir todo el apoyo posible, especialmente en forma de socias y suscriptoras. Muchísimas gracias por continuar a nuestro lado y hacer posible que estemos cerca de alcanzar el nuevo reto de 35.000€.

También queremos invitaros a la presentación online del último número de la revista, salido de imprenta en estas semanas y que muchas de vosotras recibiréis como nuevas suscriptoras o socias en cuanto cerremos la campaña.

La presentación será este **jueves 18 de

… ler máis

#01 / ¡Objetivo mínimo conseguido!

Gracias a vuestro apoyo en poco más de dos semanas hemos conseguido llegar a los 20.000€, la cifra que habíamos previsto para poder cerrar el año sin déficit.

Además, somos especialmente conscientes del gran valor que tiene para la revista aumentar el número de socias. Para asegurar nuestra continuidad, sin embargo, necesitamos ser más. Por eso, queremos establecer una nueva meta de 35.000€, para ganar en comunidad, y por tanto, en autonomía para poder mirar hacia adelante con más confianza. Contamos con vosotras para seguir difundiendo la campaña.

Este nuevo objetivo nos permitirá abordar algunas labores pendientes y urgentes.

  • Actualizar el software obsoleto de nuestra web. Necesitamos migrar los más de 1000 contenidos publicados en nuestra web, un fondo de hemeroteca que queremos seguir teniendo en abierto.

  • **Renovar

… ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies