Quen somos
Ola a todxs!
Somos Nauta, un grupo de xoves creadores que veñen do teatro do movemento, a máscara e o monicreque. Nos nosos espectáculos abordamos temáticas sociais, comunitarias, comprometidas e de actualidade dende a autoxestión e a colaboración con artistas de proximidade.
¡Entra a visitarnos!
A nosa situación
Precisamos un medio de transporte viable e sostible para todo o noso elenco xunto á súa escenografía, xa que o noso velliño Opel Zafira está chegando ó seu fin, quédasenos pequeno e non é o máis sostible para o planeta, sobre todo cando vai con toda a escenografía e tres de nós dentro… Desgraciadamente a compañía non dispón de medios suficientes para unha inversión tan grande, polo que vos pedimos axuda para que poidamos levar a nosa arte máis lonxe e chegar a máis xente!
Atopámonos nun momento de expansión, ampliando as nosas colaboracións e coa oportunidade de visibilizar os nosos proxectos no estranxeiro, polo que decidimos dar o gran paso e pedirvos axuda.
A furgo que precisamos
Precisamos unha furgoneta con etiqueta C que nos permita levar ó elenco máis a escenografía dos nosos espectáculos. Este tipo de furgonetas rondan entre os 10.000 e os 15.000€.
Os modelos que encaixan con estas características son os furgóns tipo Renault Trafic, Nissan Primastar Combi, Peugeot Expert, Fiat Ducato, Citroen Jumpy…
A continuación, presentámosvos un gráfico co desglose de gastos e ao que destinaremos as aportacións recibidas.
Sabemos que 8000€ é unha cantidade considerable para pedir a través dunha campaña de colaboración. Aínda conseguindo cumprir o obxectivo, non chegariamos a cubrir o gasto total da furgoneta, pero sería o mínimo necesario para facelo realidade.
O primeiro que faremos
Dende os inicios da agrupación, a necesidade de levar o teatro á rúa, ós pobos e ós espazos menos convencionais sempre foi un dos principais motores da compañía. Co proxecto Furgo Go Go queremos desenvolver esta iniciativa plantexando unha barraca contemporánea. Una gran xira polas rúas e os pobos dende Galicia ata Francia, onde ofreceremos os nosos cinco espectáculos e tamén o noso apartado pedagóxico: talleres de teatro comunitario e o noso curso de construción de títeres con materiais reciclados.
Grazas a este crowdfunding, esta xira farase realidade.
As nosas Recompensas
O noso máis sincero agradecemento está incluído en todas as recompensas, xunto co seu nome nas RRSS e a nosa web e co coste do envío (España/Francia) das mesmas, se non é posible atoparnos en persoa.
As nosas recompensas están baseadas en dous dos nosos valores fundamentais, a fabricación manual e os materiais sostibles e ecolóxicos:
Pegatinas* de lámina adhesiva ecolóxica (PE ECO) co logo da nosa compañía.
Cartas postais de cartón reciclado coa imaxe da nosa brúxula.
Figura feita a man de materiais ecosostibles coa nosa brúxula, para que sempre te acompañe.
Pase VIP : 20 invitacións ós nosos espectáculos de por vida.
Invitación a un taller de fabricación de títeres con materiais reciclados.
Títere feito a man por nós.
Bolo privado dun dos nosos espectáculos (só Galicia).
Nauta Fest (festa privada teatralizada) personalizado para ti: polo teu cumpreanos, a túa lúa de mel, a túa xubilación… Ou simplemente polas risas.
Finalizado o crowdfunding anunciaremos as datas de entrega das recompensas. Comunicarémolo a través das nosas RRSS e manterémosvos informados sobre as datas da xira.
Algo máis sobre nós
A compañía fundouse en 2020 e, con só tres anos de traxectoria, xa ten cinco espectáculos no seu repertorio de creación propia. A plástica e visual das postas en escena xunto co compromiso social e teatral son as características máis destacábeis do noso traballo. Entre as súas temáticas abordan o medio ambiente, a heteronormatividade masculina ou mesmo a renovación dos xéneros clásicos para darlles cabida no día de hoxe.
O equipo directivo está composto por catro persoas: Rafael Rey, Mathias Rodriguez, Carlos Gallardo e Pilar Pingarrón. Os catro recibimos formación en teatro físico, algúns nas mesmas escolas, e, aínda que comezamos os nosos camiños por separado, fúmonos xuntando paulatinamente até formar o núcleo deste proxecto. Pero a parte de nós, Nauta somos moitos máis: a nosa Cuqui, Raquel, Lydia, Carlos, Lorenzo, Manu, Ana, Trópico de Grelos, Tomé, Adela, Tristán, Zoé, Yolanda, Antía… Todxs eles axúdannos a seguir crecendo cada día e dannos soporte en diferentes áreas para que o barco siga navegando.
O número de elenco dos espectáculos da compañía é moi variado. Dende a primeira creación Nino&Mambrú, un espectáculo de rúa de pequeno formato facilmente transportable, até a súa derradeira creación A Barca do Inferno, onde apostamos por un elenco de seis artistas en escena, con música en directo, escenografía, títeres de gran formato...
Ah! E non podemos esquecernos do pasarrúas Treboada, onde inundamos as rúas de música, cor e espectáculo coas 25 persoas que participan nel, xunto aos grandes títeres que manipulan e aos tambores da batucada que nos acompañan.
Xa nos deixamos ver polo Festival de Almagro, como finalistas nos Premios de Teatro María Casares 2023, no Festival de Títeres Galicreques (Galicia), Titirijai (País Vasco), Festival de Títeres de Redondela (Galicia), Nave del Duende (Extremadura), Festival de Teatro Gestual (Madrid), Festival MALUGA (Portugal), Festikale (Vitoria), Pequeártiko (Vigo), Bilbao TX Festival…
A compañía a día de hoxe forma parte do proxecto PHŌNĒ, que se centra na posta en valor das diferentes linguas minorizadas europeas a través do teatro.
14 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
De CREVOISIER
Yeeessss Go Go Furgo de NAUTA TEATRO !!!!!
Rita Ñeco
Suerteeee y a conseguir todos los proyectos, metas y carreteras....artistas!!
oliver_costas
❤
dungeon keeper
Mucho ánimo! Sois unos cracks!
dungeon keeper
Mucho ánimo!
Isabelle Hernandez
Bonne chance les zamis!
Carmen
Valen mucho. Se lo curran cantidad.
Zenciaslan
Los mejores! Mucha suerte💜
lola roel
Vuestro excelente trabajo merece ir sobre ruedas
lucrecia
¡Espero que consigáis llevar vuestro teatro a todas partes!