❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

FRÍO, o novo espectáculo de A FEROZ TEATRO

é un espectáculo de teatro físico e máscaras con música en directo inspirado na marabillosa historia de Nicolái Gógol, O abrigo.

AFEROZ

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Santiago de Compostela
0
segundos
141
Achegas
7.508€
De 7.500€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Frío inspírase liberrimamente na extraordinaria historia de Nikolái Gógol, O abrigo.
É un espectáculo de teatro físico e máscaras con música en directo. Unha fábula máxica que fala do fatum, o desexo e a morte na roda imparable dunha sociedade guiada pola ansia de ter para ser, e de lucir para ser visto.

En Frío os personaxes imaxinados por Gógol transmutan en forzas simbólicas que acompañan o desexo de Akaki e os seus esforzos por logralo.

ensaio de Frío
ensaio de Frío

Que recibiredes as e os mecenas?

Cada unha das vosas achegas é fundamental para que poidamos ofrecer este espectáculo ao público e por iso deseñamos diferentes recompensas coas que queremos que, como mecenas, te sintas partícipe dun proxecto como Frío.

As recompensas están baseadas en tres paquetes: AKAKI, PATRONA e PETROVAS que, segundo o seu importe, poden conter:

a Plaquette Frío (de edición limitada e exemplares numerados con textos, notas e poemas da dramaturga e directora Lorena Conde e as fermosísimas fotografías do proceso de ensaios a cargo do artista Alberto Suárez).

Un convite ao pase especial de Frío para cada mecenas

un lote de produtos Lodeiros (viño, vermú e licor café) valorado en 60€

unha chapa d'A Feroz feita coas nosas propias manciñas.

unha bolsa d'A Feroz para que a enchas co que ti queiras e presumas do teu mecenado.

A Feroz

É unha compañía galega dedicada ás artes vivaas e composta por un grupo de artistas con diversas procedencias, formacións e superpoderes. Se queres saber un pouco máis de cada unha de nós, podes pinchar aquí e curiosear sobre o equipo.

ensaio de Frío
ensaio de Frío

Desde que comezamos a traballar xuntas, aló polo 2017, levamos xa tres espectáculos producidos e en cada un deles puxemos en risco todo: as nosas crenzas, os nosos intereses, a nosa concepción do mundo... para sacar adiante pezas que nos removesen e removesen tamén a quen senta na butaca. Neste enlace podedes coñecer algo máis do noso traballo ate hoxe.

A que destinaremos as vosas achegas

Cada achega que fagades contribuirá á produción de Frío, un espectáculo que está agora mesmo nunha fase inicial de montaxe e queremos estrear no primeiro semestre de 2023. O destino das achegas desta campaña será o financiamento da escenografía, iluminación, vestiario, deseño do espazo sonoro e gastos de xestión derivados da produción da peza.

ensaio de Frío
ensaio de Frío

Calendario previsto

Unha vez finalizada a campaña de mecenado, todas as persoas que fixerades algunha achega recibiredes axiña un correo do departamento de produción d'A Feroz para -ademais de agradecervos a vosa participación, por suposto- solicitarvos os datos de envío das vosas recompensas, informarvos do momento no que as recibiredes (contra finais de marzo) e, a aquelas pesoas que optástedes polo paquete Patrona ou o paquete Petrovas, darvos os datos do pase especial de Frío que realizaremos para todas vós.

+ Info

Facebook
Instagram
YouTube
Soundcloud

ensaio de Frío
ensaio de Frío

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

18 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Alexandros Sarantopoulos

    Alexandros Sarantopoulos

    máis de 2 anos

    Enhorabuena por conseguir el objetivo!

  • Melisap

    Melisap

    máis de 2 anos

    Dádelle duro feroces!

  • Manuela Garrido  Fernández

    Manuela Garrido Fernández

    máis de 2 anos

    Espero poder ver o espectáculo , parece xenial ! Moitísima sorte !

  • Laroa

    Laroa

    máis de 2 anos

    Moitos éxitos!!!!

  • Cándido Salvado Novoa

    Cándido Salvado Novoa

    máis de 2 anos

    Moita Sorte! Olga e Cándido

  • Sergio

    Sergio

    máis de 2 anos

    De la Morenita y Eduardo

  • Isabel Pazos Cancela

    Isabel Pazos Cancela

    máis de 2 anos

    Tedes o máis complicado: capacidade de traballo e talento de sobra. Que os medios e a sorte vos acompañen tamén. Ánimo!

  • lluisa 913

    lluisa 913

    máis de 2 anos

    Boa sorte e moito Frío✌️🌹

  • Juan Galán

    Juan Galán

    máis de 2 anos

    Moita sorte! Espero que poidades acabar os recursos suficientes para montar o espectáculo

  • efimera

    efimera

    máis de 2 anos

    Frío mola mucho. A Feroz tamén!

#01 / Actualización sobre o estado das recompensas

Ola mecenas,

Queremos informarte de que a vindeira semana teremos as preciosas plaquettes impresas e quentiñas nas nosas mans,

Así que, en canto teñamos os paquetes listos, un de nós porase en contacto contigo para facer a entrega da túa recompensa ou recibirás un correo electrónico coa información sobre o teu envío (no caso do envío por correo),

Unha vez máis, millóns de grazas e apertas,

A Feroz

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies