Casa Queimada é un proxecto artístico que abarca diversas disciplinas, como pintura, escultura, ilustración, cómic, video, etc.
Coa realización e a edición de un cómic narraremos a historia da Casa Queimada.
Nova recompensa!
Engadimos unha nova recompensa feita expresamente para a Campaña de Casa Queimada.
Trátase dunha Serigrafía Titulada "A serpe". Estampada a dúas tintas sobre papel de 300 gr de 30 x 40 cm. Cunha tirada de 75 exemplares asinados e numerados.
Ademais, cada exemplar da serigrafía irá acompañado por un exemplar do cómic Casa Queimada.
Tiramos a Casa(Queimada) pola xanela!
No ano 2017 o sur de Galicia foi asolado por unha ola de incendios que arrasaron montes, bosques, fincas e vivendas.
O Proxecto Casa Queimada recupera un destes espazos naturais que foron arrasados polo lume: unha leira arborizada, cunha vivenda que tamén ardeu no incendio.
Sen seguro e sen axuda institucional, reconstruímos a casa e rehabilitamos a leira.
Durante a recuperación deste espazo prantexámonos transformalo nun espazo dedicado á creación artística, onde se poidan realizar talleres, exposicións, recitais, performances, etc.
Sobre as recompensas
As achegas permitiranvos adquirir algunha das recompensas rexurdidas de entre as cinzas da Casa Queimada: camisetas estampadas, libros salvados da queima, esculturas saídas dos troncos calcinados… todo recentemente saído da fogueira.
A principal recompensa desta campaña é o cómic Casa Queimada, que percorre o camiño da construción, o incendio e a recuperación da Casa Queimada e a súa contorna, a través das ilustracións e os textos.
Nos créditos do libro incluiremos aos mecenas (co seu permiso) e un agradecemento pola súa colaboración na edición do libro.
As Casas Queimadas que ofertamos nas recompensas son esculturas en madeira talladas a partir de restos de embarcacións despezadas nos estaleiros da zona ou arrastradas polo mar ata as rocas, fronte a Cásaa ** Queimada**.
A recompensa máis especial é a participación nun obradoiro artístico de tres días de duración, impartido polo artista plástico Ramón Trigo. Estes obradoiros impartiranse na Casa Queimada, unha zona arborizada fronte ao mar, moi preto da vila mariñeira da Guarda.
Esta recompensa pode adquirirse con ou sen a estancia incluída.
Nos obradoiros realizaremos obra pictórica e escultórica, podendo utilizar, para estas últimas, as Crebas: os materiais e restos de embarcacións que a marea arrastra ata a costa.
Sobre nós
Os irmáns Xosé e Ramón Trigo somos os impulsores do proxecto Casa Queimada.
Xosé Trigo é guionista de novelas gráficas e realizador e guionista de curtametraxes.
Ramón Trigo é pintor, escultor e ilustrador.
Como autor e ilustrador publicou en diversas editoriais máis de corenta libros ilustrados. Entre outros: Leviatán (Premio Lazarillo de álbum ilustrado , Premio Isaac Díaz Pardo), Editorial Kalandraka. Eu vivía na fin do mundo (Premio Cabildo de Gran Canaria de álbum ilustrado), Editorial Edelvives. Casa Vacía (Premio Ciudad de Alacante de álbum ilustrado), Editorial Anaya.
A súa obra pictórica e escultórica expúxose en varios países de Europa.
Impartiu numerosos talleres de arte; os mais recentes, nas cidades de Abuja e Lagos, en Nixeria.
Os irmáns Trigo, formando tándem, xa colaboramos en varios proxectos editoriais. Os máis recentes: Ricardo Mella e Kartoffel, lanzados nesta mesma plataforma (Verkami). As outras dúas novelas gráficas nas que colaboramos son* O burato do inferno* (Editorial kalandraka, 2010) e Lobada (Finalista do Premio Castelao de cómic, 2014, Deputación da Coruña)
A que destinaremos as vosas achegas
O 40% do financiamento que se consiga (4000 €) irá destinado á elaboración, produción e envío de recompensas. A maior parte deste 40% irá destinada a realización e impresión do cómic Casa Queimada*
O 60% (6000 €) do recadado irá destinado á realización do proxecto: os labores e materiais de rehabilitación e restauración do espazo onde se realizará o proxecto Casa Queimada así como á preparación dos obradoiros de arte e hospedaxe dos asistentes aos obradoiros.
Calendario previsto
Calculamos que o Cómic Casa Queimada sairá de imprenta en abril de 2023. Por tanto, poñemos esa data como prazo para entregar o cómic.
A recompensa de participación nun obradoiro artístico con varios días de estancia prantéxase para a época de primavera-verán, por cuestións climatolóxicas.
As demais recompensas: Camisetas, caixa con tres novelas gráficas, esculturas e debuxos orixinais poderán entregarse en decembro de 2022.
+ Info
Instagram: @ramontrigo.art
Sitio web: ramontrigo.com
9 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
[email protected]
Queda pouco
Adolfo Neira Lamas
feito....esperamos serigrafía (animada :-)
Hnos Trigo
Autor/a
Muchas gracias Bill.
Esperamos sacar algo hermoso de entre las cenizas.
Edgar-Max
Mucha suerte en esta andanza, que pinta tremendamente. Un abrazo de Bill el Largo.
ISO
Ánimo!!
Hnos Trigo
Autor/a
Grazas Juan.
Seguimos adiante!
JCaride
Nin un paso atrás, so para coller impulso. Ánimo!
Hnos Trigo
Autor/a
E moita Arte.
Grazas Ramón
Ramón Coira Luaces
Moito ánimo e moita sorte