CORONA-BIOS Notas biográficas de persoas anónimas en tempos de pandemia.
Corona-Bios xurdiu como proxecto persoal de autoterapia para facer máis levadeiras as miñas horas de confinamento por mor do Coronavirus e reflexionar en clave de humor e sentido crítico sobre todo o que está a acontecer nestes meses de crise.
No inicio da corentena, comecei a compartilas na miña conta de Instagram, publicando unha media de entre 3 e 6 viñetas diarias. Ao pouco de facer isto, algúns amigos e seguidores comezaron a preguntar se pensaba reunilas nun libro, e ata aquí chegamos.
Corona-Bios aspira agora a ser un libro a modo de memoria gráfica en clave de humor da crise do COVID-19, editado en galego e castelán. Para levar adiante este proxecto editorial, que mellor que recorrer a un dos meus sistemas favoritos de financiamento cultural, probablemente un dos máis democráticos que coñezo, o ‘crowdfunding’, ou o que é mellor: un Verkami.
Sobre as recompensas
As principais recompensas son:
CORONA-BÍOS: Libro de 150 páxinas de humor gráfico, formato 15×15 cm, encadernación rústica con lapelas. Dúas edicións: galego e castelán
Poderás escoller idioma no momento de cubrir o formulario de envío.
COVID-19 SURVIVOR: Edición limitada de camiseta para sobreviventes.
E para os que gustedes de ter unha pequena peciña de arte na casa tamén podedes levar unha ILUSTRACIÓN ORIXINAL a tinta ou reservar a serie de láminas CORONA-BIOS MINI LUX.
Ademais, engadiranse novas recompensas extra para todos os mecenas que se sumarán aos vosos paquetes se superamos os seguintes obxectivos.
OBXECTIVOS:
3000€: + Edición en 2 linguas CONSEGUIDO!!
4000€: + Adhesivo CONSEGUIDO!!
5000€: + Marcador de lectura CONSEGUIDO!!
6000€: + Chapa de advertencia CONSEGUIDO!!
7000€: + Poster A3 + Ampliamos tiraxe para chegar a resto de librarías CONSEGUIDO!!
8000€: + Dedicatoria do autor en todos os libros
9000€: + Chaveiro metacrilato
10.000: + 30 páxinas máis (O libro terá 180 páxinas)
RECOMPENSAS PARA LIBREIROS:
- Pack de 10 libros con 50% de desconto. Podedes aportar reservando a partir dun pack e elexir se os queredes todos na mesma lingua ou repartidos entre galego e castelán
- Inclusión na web das librarías mecenas.
- Os libreiros mecenas podedes ofertalo aos vosos clientes para que volo encarguen para recoller na vosa libraría.
- Mención especial para libreiros mecenas nun apartado especial nos créditos do libro.
ALGUNHAS VIÑETAS
Sobre o autor de Corona-Bios
Manel Cráneo é produtor cultural, editor e artista multidisciplinar con máis de dúas décadas de experiencia no sector artístico: ilustración, banda deseñada, deseño gráfico, música, animación, ‘performance’, audiovisual...
Hai 10 anos creou Demo Editorial, selo especializado en banda deseñada galega que co paso do tempo xerou tamén a súa propia produtora, Demo Cultural, coa que crea e produce eventos e proxectos culturais relacionados case sempre coa interacción entre a banda deseñada e a ilustración con outros medios como a historia, arqueoloxía, medicina, publicidade, espectáculo etc.
Este é o cuarto proxecto que lanza en Verkami; os tres anteriores acabaron todos con éxito.
Se queres saber algo máis sobre a súa actividade, preme nas seguintes ligazóns:
Como autor:
facebook.com/manelcraneo
instagram.com/manelcraneo
Como editor:
facebook.com/demo.editorial
demoeditorial.com
twitter.com/DemoEditorial
Como director de arte:
estrellagalicia.es/110etiquetas
Como produtor cultural:
facebook.com/BDG70
facebook.com/BDhistoricaGalicia
facebook.com/corunagrafica
A que se destinarán as vosas achegas
A cubrir os gastos dos servizos de edición e produción do libro e demais pezas da campaña, comisións bancarias e da plataforma, impostos e toda a loxística de envíos.
Unha vez cubertos todos os gastos produción de toda a campaña, se conseguimos máis beneficios, irán destinados a pagar recompensas extra, deseño e maquetación de todas as pezas da campaña. Os dereitos de autor se destinarán a Demo Editorial para axudar a manter o selo vivo despois de tres meses sen facturar por mor da crise sanitaria do COVID-19. Para isto último, o ideal sería acadar un mínimo de 6000€ de recadación.
Calendario previsto
A entrega do libro farase a domicilio entre setembro e outubro, a través do servizo de Correos.
28 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
teixido65
Bomba vírica desactivada!! Abur
Demo Editorial
Autor/a
Graciñas, Antón!!!!
Anton Sánchez
Encantado de poder cooperar cun gran artista... Forza manel craneo!!!
Saborido
Que grande eres Manel! 😊
Demo Editorial
Autor/a
Moitas grazas, rojo666sangre ;-)
rojo666sangre
Animo!
Demo Editorial
Autor/a
Moitas grazas, Constantino, o idioma poderedes indicalo no formulario para cubrir cos vosos datos que vos chegará un días despois de rematar a campaña.
CONSTANTINO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
Parabéns pola iniciativa e que muito exito en futuros trabalhos!
Pregunta: entendo que che diremos o idioma no que o queremos cando te ponhas en contacto con nós, nonsi?
teixido65
Manel, para cando o CoronaMonster Mash !!!!
Demo Editorial
Autor/a
Grazas, Xavier Pena e Sihomesi!! ;-)