❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Sons de Breogán

Proxecto cultural para a difusión da música non comercial. Sempre cuns valores: o antifascismo, feminismo, internacionalismo e a loita LGTB

Sons de Breogán

Un proxecto de

Creado en

0
segundos
6
Achegas
360€
De 2.800€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Ou apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto xa que simplemente queres axudar a facelo realidade:

Sons de Breogán é un proxecto cultural que se fai realidade a través dunha plataforma web. Sempre respectando e apoiando os nosos valores, baseados no feminismo, internacionalismo, loita LGTBI, e o antifascismo.

O noso obxectivo é crear un espazo cultural para dar a máxima difusión ao contido musical non comercial, tanto de grupos xa afianzados na contorna musical, como dos novos grupos e artistas que desexan chegar a novos públicos.

Para iso actualizaremos a nosa web incluíndo unha axenda de eventos, novas entrevistas, artigos con novidades e información, ademais dun espazo colaborativo cunha base de datos de grupos e artistas.

Na nosa tenda engadiremos novos deseños e novidades.

No relativo ás nosas redes sociais darémoslles máis continuidade e seguiremos con promocións e sorteos.

Sobre as recompensas

As nosas recompensas baséanse no que temos na nosa tenda en liña, pero con deseños propios e outros exclusivos realizados por @ludaagitprop. Todas as recompensas son exclusivas do crowdfunding.

NOVIDADE!!

Engadimos a todas as recompensas un broche en 3D.

Boceto del broche en 3D
Boceto del broche en 3D

A recompensa mínima por 10 euros é a que chamamos Mecenas, está orientada cara ás que queredes colaborar pero por culpa do capitalismo non podedes gastar moito. Nela incluímos un pack de pegatas, unha chapa Sons de Breogán e a posibilidade de aparecer como colaboradora na nosa web.

Deseños das pegatinas e chapas
Deseños das pegatinas e chapas

A seguinte recompensa por 15 € consiste nun caderno personalizado cun dos nosos deseños; tamén inclúe a recompensa anterior.

Deseños das libretas
Deseños das libretas

Por 20 € poderedes ter unha camisola, bolsa ou mochila de cordas, todas de algodón, a escoller entre os nosos deseños. Incluímos tamén as recompensas do pack Mecenas.

Deseños das camisolas
Deseños das camisolas

Deseños das bolsas
Deseños das bolsas

Deseños das mochilas de cordas
Deseños das mochilas de cordas

Outra recompensa posible por 28 € é un suadoiro a escoller entre os nosos deseños e, como no rest, incluímos un pack de pegatas, unha chapa Sons de Breogán e a posibilidade de aparecer como colaboradora na nosa web.

Deseños dos suadoiros
Deseños dos suadoiros

Como igual queredes varias cousas tamén fixemos dous packs de recompensas.

O primeiro, chamado pack Compositora, por 30 € consiste nunha caderno, unha camisola, bolsa ou mochila de cordas, todas de algodón, a escoller entre os nosos deseños. Incluímos as recompensas do pack Mecenas.

Pack Compositora
Pack Compositora

O segundo, por 45 €, inclúe unha camisola, bolsa ou mochila de cordas, todas de algodón, e un suadoiro a escoller entre os nosos deseños. Tamén incluímos un pack de pegatas, unha chapa Sons de Breogán e a posibilidade de aparecer como colaboradora na nosa web.

Pack Roupa
Pack Roupa

Tamén tedes a disposición recompensas orientadas a artistas ou grupos. Como por exemplo, unha sesión de fotos por 150 €.

Sesión de fotos
Sesión de fotos

Ou igual estades interesadas en ter unha web propia por 250 €. Non inclúe o aloxamento web, aproximadamente 50 € ao ano.

Web
Web

Por último, ofrecemos a posibilidade dun videoclip por 450 €. Dispoñibilidade dentro de Galiza.

Videoclip
Videoclip

Sobre nós

Sons de Breogán naceu fai uns anos como un traballo de fin de grao de dúas estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña, para dar a coñecer o circuíto da música non comercial galega.

Dende algo máis dun ano convertémonos nunha plataforma de difusión e servizos para as artistas e grupos da música non comercial, comezamos coa nosa tenda en liña con produtos propios e de grupos e artistas e a ter presenza en varios festivais.

Por último, tamén organizamos eventos musicais, o pasado ano con Pauliña + Satxa + Bastardos de Rivera, e o vindeiro 13 de marzo celebraremos a II Festa Sons de Breogán con Rebeliom do Inframundo + Cuarta Xusta + Samu Acaracán e Os Tintafemia.

A que destinaremos as vosas achegas

De chegar ao noso obxectivo destinaremos o diñeiro para cubrir os nosos gastos fixos, a mellorar a nosa web e tenda online, así como a contratar unha persoa de apoio.

Calendario previsto

O noso obxectivo é comezar a fabricación das recompensas en febreiro e empezar a entregar en marzo.

+ Info

Web
Tenda en liña
Facebook
Instagram

Preguntas frecuentes

  • Como escollo que deseño quero?

    Ao rematar o crowdfunding e se chegamos ao obxectivo contactaremos contigo para que escollas o deseño que prefiras.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de Cookies