❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Madialeva, un relato gráfico do noso rural

Contos gráficos de historias do último século en terras de Friol. Narrados e protagonizados polas mulleres que nos criaron.

Ana Moreiras

Un proxecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
175
Achegas
4.512€
De 2.060€
Achega ao proxecto

Elixe a túa recompensa

Ou apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto xa que simplemente queres axudar a facelo realidade:

Introdución

Colaborando con esta campaña axúdasme a editar unha obra de relatos gráficos sobre o rural galego. As súas protagonistas son as nosas nais, avoas e bisavoas: esas mulleres bravas que tan a miúdo sostiveron ás súas familias nun século ben difícil. Trátase dunha ficción baseada en historias que escoitei ó longo da vida na aldea de miña nai.

Prólogo da obra

Tiven a fortuna de vivir parte da miña infancia na Terra Cha, lugar de Miraz. Botei ben tardes aproveitando a última raiola xunto á tía Pura, Carme, Constantino, Manuel e meus avós Carme e Domingo, sentíndoos debullar contos na aira ata a hora de recollerse. De inverno, anos máis tarde, seguiría escoitando historias trala cociña de leña ás mulleres da seguinte xeración: a tía Manola, Hortensia, miña nai.

Con aqueles relatos eu ía armando o niño da gatafornela. Fiel a un mandato biolóxico, faría del o fogar da miña descendencia e con esmero coideino durante anos. Ata aquel diagnóstico de endometriose aguda. Foi por el que escapei ó sur, buscando a soedade e a distancia para asimilar que non habería polos no niño.

Percorrín Nova Zelandia na busca de respostas. Constatei que a tristeza da esterilidade non me nacía tanto de quedar sen pequechiños coma da sensación de tronzar a transmisión do relato. E a carga facíaseme insoportable.

Naquela terra nova puxen a alma co de dentro para fóra e boteime a camiñar, agardando a que enxugase. Con cada paso ía desenguedellándose a angustia. E con ela o adival de historias que formaban o meu niño.

Un día calquera chorei as últimas bágoas, de vagariño. E souben que o peor xa pasara. Tiña unha nova tarefa por diante: continuar o relato por outro carreiro. Debuxalo.

Debo matizar: pasara o peor espiritualmente, pois ignoraba que facer unha novela gráfica supuxese tan titánico esforzo. Aquí convén aclarar que carezo de formación en artes, polo que o proceso foi tortuoso. Tardei catro longos anos en chocar o resultado e durante ese tempo produciuse unha evolución de estilo que non pode deixar de aprezarse nas viñetas.

Pero, caramba! foi o meu primeiro parto. E madialeva, sempre me gustaron máis as criaturas bravas, intelixentes e bondadosas do que as belidas. Coma as mulleres coas que me criei, ás que adico os relatos que ides ler."

A autora

Aínda que me licenciei en Física de Partículas, a miña faceta creativa levoume polos carreiros da docencia. Nas aulas traballo cada día intentando desenvolver o potencial dos rapaces e rapazas, comprometida coa causa de lograr unha sociedade mellor e máis feliz. Para isto traballo co alumnado en diferentes clubs de cine e ciencia, e participo en iniciativas didácticas que poidan mellorar o noso ensino. Froito da última (programa PIALE en Ottawa) elaborei un caderno gráfico que podedes conseguir neste enlace de Amazon.

A miña formación en debuxo é freelance. O ámbito onde teño máis experiencia é no urbansketching, afección coa que vou creando cadernos de viaxes. Os resultados publícoos en Instagram/moreiras26.

A que se destina a vosa aportación

Cos beneficios desta camapaña financiarei a maquetación e impresión da novela gráfica Madialeva. Trátase dun conxunto de once relatos gráficos que percorren a historia do noso país ó longo de cen páxinas a cor, con viñetas debuxadas e coloreadas a man.

Calendario previsto

A novela está rematada e practicamente maquetada neste momento. Necesito un empuxe final para imprimir 200 copias nunha edición ben bonita que, por que non? pode ser un agasallo orixinal nas vindeiras festas de Nadal!

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

14 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Ana Moreiras

    Ana Moreiras
    Autor/a

    máis de 4 anos

    Álex Penas, agardo que poidas ler esto: o teu correo vén devolto sistematicamente. Tería que terche chegado un formulario de Verkami para que completaras os datos, pero apareces como "sen completar". Sospeito que tés un problema na conta. Se les esto, escríbeme a [email protected] e mándame un teléfono: chamareite. Ou chámame a 686156012. Apertas!

  • Alex Penas

    Alex Penas

    máis de 4 anos

    Ola! Sabes cando estará disponible? Penso que non recibin ningún aviso, aínda que é posible que se me pasara

  • Celso Vázquez

    Celso Vázquez

    máis de 4 anos

    Suerte co teu proxecto, estou desexando ler as tuas historias

  • Marisa

    Marisa

    máis de 4 anos

    Unha bonita iniciativa. Ànimo con ela

  • Cristina

    Cristina

    máis de 4 anos

    Estamos ansiosos por verla

  • angeles.rianxo

    angeles.rianxo

    máis de 4 anos

    Moito èxito!!!

  • fedeperez76@gmail.com

    [email protected]

    máis de 4 anos

    Forza, Moreiras

  • Markos_m_m

    Markos_m_m

    máis de 4 anos

    Aló imos!!!

  • Ana Bastos

    Ana Bastos

    máis de 4 anos

    Ola! A recompensa de 16€ non inclúe os gastos de envío, non?

  • Lucas Canzobre Castelo

    LCanzobre

    máis de 4 anos

    Noraboa pola iniciativa.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de Cookies