❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

A estrañeza do paxaro afundido

Conto filosófico protagonizado por artistas de novo circo

Sebastián Uría

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Santiago de Compostela
0
segundos
37
Achegas
2.540€
De 2.500€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en English, Castellano e Français

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

"¿Y si después de las alas de los pájaros,

no sobrevive el pájaro parado?
(César Vallejo)

"A estrañeza do paxaro afundido" é un conto filosófico que se desenvolve no contexto do circo itinerante. Mentres retratamos a vida trala escena, falamos da estrañeza de estarmos vivos con sinxeleza e pequenas dosis de humor.

Para amantes do circo, dos paxaros e da estrañeza.

A vida fóra da pista, por Nina Leen
A vida fóra da pista, por Nina Leen

Sinopse

A nosa historia comeza así: unha mañá de néboa un enorme corvo pasa voando diante dos nefres do Trasno. Ambos os dous, o home e o paxaro, sobresáltanse nese inesperado encontro. E ambos os dous amosan a mesma reacción: berrar. Coma se lle quixese decir algo, o berro do corvo queda gravado na memoria do Trasno. Pouco despois, mergullado na auga, o Trasno descubrirá o seu significado...

Trasno, nun fotograma do noso teaser "Vanda & Trasno"
Trasno, nun fotograma do noso teaser "Vanda & Trasno"

Vanda completa a nosa parella de personaxes
Vanda completa a nosa parella de personaxes

Recompensas

As recompensas serán entregadas a partires do mes de decembro e ata finais de febreiro, segundo a achega que cada un de vós teña feito.

- A ligazón en première á película estará lista en decembro; a ligazón en aberto (unha vez que remate o seu percorrido por festivais) tomará máis tempo e dependerá do percorrido efectivo da película.

- A estrea terá lugar en xaneiro nun auditorio de Santiago de Compostela.

- As entradas para o espectáculo de Pistacatro estarán dispoñibles dende xaneiro a febreiro. Poderedes escoller a data que mellor vos cadre dentros das que vos propoñamos nese intre.

- Os envíos de material impreso faránse no mes de decembro. Os gastos de envío van incluídos na achega.

Quen somos

Esta película nace do encontro de Sebastián Uría con Pablo Reboleiro, artista de novo circo e fundador da compañía Pistacatro, e Marta Alonso, bailarina e fundadora da compañía de danza Traspediante.

A nosa idea é desenvolver o potencial expresivo das artes circenses na pantalla. Queremos fornecer diversión e beleza a partes iguais.

O acróbata da bóla, por Picasso
O acróbata da bóla, por Picasso

A partir dese núcleo reunimos un pequeno equipo para levarmos a cabo o proxecto. Contamos con Iago Vilarinho na fotografía, con Luca Silva na decoración, con Claudio Canedo no son, con Paula Quintas no vestiario e mais con Diego Torres na edición de imaxen. Todos eles son profesionais consagrados do audiovisual gallego.

A qué destinaremos as vosas achegas

Destinaremos as vosas achegas ao aluger do material profesional de rodaxe (ópticas, gravadora de son, micrófonos, etc) e aos gastos de preparación da rodaxe, o que inclúe nomeadamente a fabricación dos decorados.

Decorado de paneis pintados do circo itinerante, por Nina Leen
Decorado de paneis pintados do circo itinerante, por Nina Leen

Como adoita ocorrer nos proxectos de curta todos nós traballamos de balde ou, coma din ás veces, "por amor á arte".

Calendario previsto

A rodaxe terá lugar entre o 18 y el 21 de outubro en Santiago e a súa contorna.

O mes de novembro dedicarémolo á posproducción completa: montaxe de imaxe e de son, mestura de son e corrección da cor.

Para o mes de decembro teremos lista a versión definitiva da película.

Ligazóns relacionadas

Aquí máis información sobre o noso equipo:

Pablo Reboleiro

Marta Alonso

Iago Vilarinho na Imdb

Claudio Canedo na Imdb

Luca Silva en Linkedin

Se tedes algunha pregunta non dubidedes en escribirnos a "[email protected]", ou ben no taboleiro de preguntas de máis abaixo.

O primeiro acróbata, miniatura do século XV
O primeiro acróbata, miniatura do século XV

¡Graciñas e deica logo!

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

4 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Vicente Reboleiro

    Vicente Reboleiro

    máis de 5 anos

    Un proxecto do Novo Circo Galego. Démoslle ás para que voe

  • Fer Lzld

    Fer Lzld

    case 6 anos

    Mucho éxito!

  • yolandaldea35@yahoo.es

    [email protected]

    case 6 anos

    Suerte!

  • Manuel María Uría Gómez

    Manuel María Uría Gómez

    case 6 anos

    Moitos azos no voso proxecto!!

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies