❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Obal - Baile en Massó

Participa na publicación do primeiro traballo discográfico do trío galego

Obal

Un proxecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
113
Achegas
2.569€
De 2.500€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en English e Castellano

Elixe a túa recompensa

Ou apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto xa que simplemente queres axudar a facelo realidade:

Obal

Unha banda formada por Jaime Rebollo, Iván Costa e Diego Langarika, cos seus atípicos instrumentos: bouzouki, zanfona e nyckelharpa.

Obal trae a súa música dende as Rías Baixas en Galicia, onde nace este proxecto pensado e creado dende o baile. Xa nos seus comezos, no 2014, a música folk e a danza únense en Obal, seguindo unha corrente en auxe en toda Europa: o bal-folk.

Cun repertorio tradicional e tamén novas composicións propias e doutros autores. Bourré, xota, scotish, mazurka, brandle, muiñeira, circassian, etc.

Baile en Massó

Será o noso primeiro traballo discográfico, a gravación dun repertorio que comezamos no 2015 e que gravamos en directo en Ancestral Estudios con Isaac Millán aos mandos. Ademaís contamos coas fotos de Fernando Iglesías Fotografía, os videos de Bea Besada Homestudio e os grandes bailadores Mercedes Prieto e Sergio Cobos.
A localización nas ruínas da antiga fábrica de Massó (Cangas), é a nosa particular homenaxe a tódal@s mulleres e homes traballadores do mar e sobre todo ás baleas.

Sobre nós

Moit@s xa nos coñecedes, para @s que non:

Jaime Rebollo

Atraído pola música tradicional galega iníciase na apredizaxe da gaita, e máis tarde doutros instrumentos de vento populares, participando en

grupos de baile e bandas folk coma Celme, Paidacana, Liorna, Vilarachos, Banda Baile Asalto, Sondeseu,...

Atraído pola son hipnótica da zanfona comeza a súa actividade como luthier, abrindo o seu obradoiro no 2004, ó tempo que aprende a tocala con diversos mestres, tanto galegos como foráneos, descubrindo outras tradicións musicais europeas.

Xunto con Iván Costa e Diego Langarika crea o proxecto Obal, co que afonda neses ritmos e bailes centroeuropeos.

Iván Costa

Como gaiteiro foi gañador dos concurso máis importantes durante a década dos 90, entre eles destaca o trofeo MacAllan en Lorient. Ademais ten participado en máis de 20 gravacións como intérprete e compositor, dando o colofón coa gravación do seu primeiro disco en solitario, Ávrego (Edicións do Cumio). A súa música forma parte do repertorio de importantes solistas do folk galego e tamén dos estudos do Conservatorio Profesional de Vigo. Participou en diferentes espectáculos de música e danza. As súas partituras son editadas en traballos de investigación e divulgación da música tradicional galega. Na actualidade a zanfona ocupa a maioría da súa vida artística en proxectos como a Orquestra Folk Sondeseu e Taghaitaí.

Diego Langarika

É un músico de folk galego, vangardista no xeito de interpretar a música de raíz. Guitarrista, mandolinista, é principalmente coñecido co bouzouki e tamén coma artesán de instrumentos, un auténtico trobador do futuro pois constrúe el mesmo os instrumentos que interpreta como aqueles facían. Foi fundador de grupos como Xerfa, Tridentes ou a Banda das Perchas. Ten colaborado con Coanhadeira, Arxe, Banda Sinfónica de Galicia ou Dominic Graham School. Na actualidade forma parte da Orquestra folk Sondeseu, Ghaveta, NaRúa e o duo Beatriz Martínez/Langarika.

Como podes colaborar con nós

Calquera achega é importante. Todo o que recademos estará destinado a gravación, edición e produción do disco.
Para que vos fagades unha idea, vai o presuposto:

O noso obxectivo é acadar 2.500

-Gastos de gravación: 800 €

-Gastos de vídeo e fotos: 400 €

-Gastos de Edición: 1.200€

-Gastos Recompensas: 200 €

Para cando o disco

O disco xa està gravado, e no mes de Xaneiro faremos a ediciòn. O disco enviarémolo a comezos do mes de Febreiro para os mecenas, e a presentaciòn oficial será a comezos de Marzo.

RECOMPENSAS

Camisola co logo do grupo

adhesivo

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

3 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Luis Arias Gumbao

    Luis Arias Gumbao

    máis de 5 anos

    Animo chavales...a ver si sale pronto y podemos oir el resultado

  • Xulio Lopez Dezagoire

    Xulio Lopez Dezagoire

    máis de 5 anos

    Deseando escoitar o voso traballo! Parabéns por adiantado!

  • Tomohiro Yoshikawa

    Tomohiro Yoshikawa

    máis de 5 anos

    Moita sorte!!

#01 / Este domigo estreamos video !

Moitas grazas por facerte mecenas do noso proxecto !

Encanto rematemos poremonos a traballar na finalización do album, para que teñas canto antes a túa recompensa e a data para o concerto da estrea. Mentras tanto convidamoste a que desfrutes da estrea do noso novo video acompañados dos bailadores Mercedes prieto e Sergio Cobos.
https://www.youtube.com/watch?v=kUMia64C3f0&feature=youtu.be

Millóns de grazas! Unha forte aperta!

OBal.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de Cookies