En outubro de 2017 arderon en Galicia 49.171 hectáreas de monte.
Nestes incendios perderon a vida varias persoas, e foron moitas máis as que viron como o seu traballo, as súas vivendas, as súas lembranzas e as súas esperanzas quedaban reducidas a cinzas. O lume levou consigo inmensas masas forestais e unha grande parte da flora e da fauna da paisaxe galega.
Tras as primeiras semanas de desolación, e en medio desa paisaxe apocalíptica, un grupo de biólogos, axentes medioambientais e alcaldes de distintos Concellos decidiron poñer en marcha un plan de repoboamento que supón unha verdadeira alternativa fronte aos intereses da industria madeireira e da celulosa. Unha iniciativa que conta co apoio dos veciños e de milleiros de voluntarios que xa se sumaron á causa.
Por que o teu apoio é importante?
Este plan é unha aposta pola biodiversidade e pola sustentabilidade, por métodos naturais de recuperación de solose por unha progresiva implantación de especies autóctonas que devolverán a esta rexión de Galicia o seu xenuíno patrimonio natural. O outrora ricapaisaxe de Galicia (cos seus carballos, abeleiras, acacias, salgueiros, freixos, loureiros, etc.) vesehoxe fortemente ameazado pola rápida extensión do eucalipto e doutras especies de interesesó industrial que se caracterizan por unha rápida combustión e por un nocivo impacto sobre ossolos. Esaéapaisaxe que nos queren impoñerquen ven no monte só un obxecto de explotación, unha mera oportunidade de “negocio”.
En apoio a estes colectivos locais, que defenden abiodiversidade do seu territorio fronte aos intereses das grandes empresas da celulosa edamadeira, propuxémonos elaborar un documental que mediante imaxesimpactantesetestemuños críticos siga as distintas fases do plan de repoboamentoe permita explicar e dar visibilidade pública a estas iniciativas populares, facilitando unha poderosa ferramenta para cambiar conciencias e actitudes, corrixirmáis prácticas agrícolas e educar na prevención de incendios e na defensa de modelos máissustentableseecolóxicos para axestión dos recursos naturais.
Debes saber que todas aspersoas que integramos o equipo de Agora Axuda traballamos tamén de forma voluntaria e desinteresada. Que nos une o amor a Galicia, ánaturezaeodesexo de impulsar este tipo de iniciativas comunitarias e autoxestionadas que nacen no ámbito rural para a defensa do territorio. Se titamén queres cambiar o destino dos montes galegos únete a nós. É agora eé coa túa axuda como podemos conseguilo.
A que destinaremos as túasachegas
Odiñeiro que se recade a través da plataforma Verkami irá destinado integramente aos custos de produción, edición e difusión do documental Agora Axuda, dirixido por Juan Carlos Gargiulo, arxentino de orixe galego cunha longa traxectoria en fotografía e cine socialmente comprometido.
Todos os beneficios que puidesexeraro documental, de forma directa ou indirecta, serán do mesmo xeito destinados a apoiar a distintas organizacións e colectivos que están implicados no plan de repoboamento de diversas Comunidades de Montes de Pontevedra.
Debes de ter en conta que o documental, ademais dese labor divulgativoe educativo, poderá servir tamén para captar novos fondos e voluntarios.
Recompensas
Todas asachegas, por pequenas ou modestas que sexan, son importantes e todas elas serán agradecidas nos títulos de créditos do documental. Converteraste en “co-produtor”.
Ademais, poderás ter acceso ao documental, descargándocho en primicia, en cuanto estea listo, ese poderás asistir cun acompañante á estrea que elixas, en Madrid, Segovia ou Galicia... tamén poderás elixir entre unha colección de fotografías daspaisaxes de Galicia asinadas polo director eunha edición do poema "preludio".
Se non sabes como realizar a túaachega, escríbenos a [email protected] epoñerémonos en contacto contigo para resolver todas as túas dúbidas.
Quen formamos o equipo de Agora Axuda
Somos un equipo de profesionais independentes, especialistas de distintas disciplinas da imaxe, as ciencias naturais, a música ea comunicación, namorados de Galicia, aos que Juan Carlos Gargiulo reuniu para traballar voluntariamente nunha mesma causa: queremos contribuír a cambiar o destino dos montes galegos, devolvéndolles a súa xenuína biodiversidade e impulsando modelos de xestiónmáis democráticos, participativos, ecolóxicos esustentables.
Co noso documental queremos achegarunha potente ferramenta de comunicación a esas iniciativas comunitarias que loitan pola defensa local do territorio.
Director: Juan Carlos Gargiulo
Deseñador, axudante de dirección e posprodución: Horacio Gargiulo Álvarez
Documentación e asesoramento: Ana Vázquez, bióloga de Axudemos aos montes agora
Narración: Cristina Carabias, veterinaria
Comunicación e difusión: Pepe García-Lomas Taboada e Maite López Presa
Músico, escritor e dinamizador sociocultural: José Escudero e grupo Bonaval
Tradutores: José Escudero (galego) e Borja García Bercero (inglés)
Poderás facer un seguimento do avance do documental e dos propios traballos do plan de repoboamentoen cada estación que se vaiir realizando nas nosas redes sociais.
Calendario previsto
O plan de repoboamento durará aproximadamente dous anos.
Dada a importancia da estacionalidade no desenvolvemento deste plan, as sesións de rodaxe, que comezaron en decembro de 2017, realizaranseao longo de 2018 eo inverno de 2018-19. Posteriormente procederase aos traballos de montaxe, edición e posprodución, sendo a data de estrea prevista para o documental o mes de abril de 2019 en Galicia, Madrid e Segovia.
A estreado documental terá lugar varios meses antes da finalización do plan de repoboamento, polo que o documental servirá para a divulgación dos traballos xa realizados. Durante os meses seguintes faranse distintas campañas de difusión dentro e fora de Galicia, con presentacións en centros de ensino, concellose casas de cultura, locais de ONG e asociacións comprometidas comedioambiente, etc. Con esta campaña, coa que tamén estarás colaborando, poderemos impulsar a captación de novos fondos e grupos de voluntarios para a etapa final do Plan de Repoboamentoen diversas Comunidades de Montes de Pontevedra.
O envío das recompensas, as entradas para a asistencia ás estreas en Madrid, Galicia e Segovia, así como as presentacións divulgativas e coloquios co director, efectuaranseunha vez terminada a produción do documental, que estimamos será en abril de 2019. Porén, durante todo ese tempo de traballo estaremos en permanente contacto contigo, informándoche dos avances do documental, respondendo a calquera dúbidae/ou suxestión que queiras formularnos a través de "pregunta ao autor", noblogenas nosas redes sociais.
+ Info
En Facebook:
Juanca Gargiulo fotografía
Pepe García-Lomas
No blog:
www.fotosemanal.blogspot.com
Para calquera aclaración podes poñerte en contacto con nós premendo debaixo destas liñas en "Pregunta ao autor" ou deixando un comentario.
9 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Juan Pedro Fernández Blanco
Suerte amigo
Juan Pedro Fernández Blanco
Suerte amigo
Juan Pedro Fernández Blanco
Suerte amigo
Juan Pedro Fernández Blanco
Suerte amigo
[email protected]
Adelante, Juan Carlos!! He hecho mi pequeña aportación. Ojalá consigas hacer realidad este interesante proyecto.
Roberto Yuste
A por la vida en los montes gallegos !!!
Roberto Yuste
A por la vida en los montes gallegos !!!
José Ángel Frías Calvo
Gracias a esta iniciativa podemos colaborar con nosotros y para nosotros
José Ángel Frías Calvo
Gracias a esta iniciativa podemos colaborar con nosotros y para nosotros