❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Monumento

Proxecto para que xuntos podamos solventar satisfactoriamente os gastos do produto audiovisual Monumento, un webdoc interactivo, que estamos a levar a cabo unhas estudantes da Universidade da Coruña coma Traballo de Fin de Grao.

Monumento

Un proxecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
14
Achegas
915€
De 1.500€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en English e Castellano

Elixe a túa recompensa

Ou apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto xa que simplemente queres axudar a facelo realidade:

Ficha técnica

  • Título: Monumento

  • Xénero: documental

  • Formato: webdoc interactivo

  • Número de capítulos: 4

  • Duración de cada capítulo: 10 - 15 min

  • Target: homes e mulleres de 25 a 34 anos atraídos polo formato e estratexia transmedia e persoas de maior idade máis atraídos polos contidos e temáticas.

Eslogan

Monumento sodes vós e as vosas historias.

O contido do webdoc

Cando queres saber o que de verdade importa, o máis próximo e cotiá, o que pasou no concello veciño… hai dúas formas posibles: saír a preguntar ou descubrilo a través de Monumento.

O contido buscará poñer a uns protagonistas en conversa con outros colaboradores, por medio da interacción do espectador, que será o que decida a quen quere escoitar e o que quere ver, xa que tamén haberá outro tipo de contidos adicionais entre os que destacarán infografías explicativas sobre os contidos abordados.

Monumento serve para honrar a persoas cotiás, por iso o material audiovisual fundamental son documentais, un piar moi importante no noso proxecto. Cada episodio contará cunha cabeceira propia e os seus títulos de crédito en relación ó episodio. Pero na propia web poderá atoparse unha zona específica cos títulos de crédito completos, para os máis interesados.

Cando o usuario saia do mundo online tense que lembrar en primeiro lugar da historia e nun segundo plano do deseño. Para este fin utilízase un deseño sinxelo, que funcione como vehículo da información.

A imaxe previa é un boceto da páxina inicial da web.

En base á razón do deseño, a idea sobre a que xira a web é simple: un lugar en liña humanizado. O usuario entra, atópase cunha vila galega que pode que coñeza ou pode que non, e alí vai pasar uns minutiños da súa vida coñecendo aos seus veciños. Por iso compre priorizar a cercanía do deseño, deixando nun segundo plano o impacto visual reservado para os protagonistas da historia e onde as infografías destacan pola beleza do simple. Contaremos cun Manual de Identidade Corporativa en pdf dispoñible na web para todo aquel que desexe utilizar o noso logotipo.

Coma as persoas son o máis importante no noso webdoc haberá unha breve biografia dos distintos entrevistados, para que así o espectador poda sentirse máis preto.

Monumento é un webdoc dividido por tempadas cuxos episodios se levan a cabo dentro de distintas comarcas de Galiza. Este crowdfunding vai destinado a cubrir os gastos da primeira tempada que contará con 4 episodios nas comarcas de Ferrol, Santiago, Ortegal e Vigo.

Os contidos destes episodios abordarán o problema da contaminación da ría de Ferrol, as irregularidades na depuración do río Sar, as dificuldades dos percebeiros da costa de Ortegal e os problemas no tráfico de mercancías no porto de Vigo.

O idioma principal será o galego, no cal está a realizarse todo o material. Para facilitar o visionado a persoas, que non comprendan o idioma, o webdoc terá subtítulos en castelán e inglés, pero o demais (redes sociais, merchandising…) tan só estará na linguaxe da Galiza, xa que o noso público principal é o da nosa comunidade autónoma.

Podedes seguir os nosos pasos nas redes:
Facebook e Instagram

A que destinaremos as vosas aportacións

O presuposto total do noso Traballo de Fin de Carreira rolda os 25000 euros, dos cales o material humano se solventará coa capitalización do traballo das propias integrantes do grupo e algúns colaboradores.

Por outra banda, o material técnico e outros materiais necesarios (uns 11000 euros) antes da fase de distribución, serán solventados por medio de capital propio, cesións de material e crowdfunding.

Os cartos deste crowdfunding serían, básicamente, para os gastos máis relevantes durante as gravacións (gasolina, aloxamento en Vigo, chamadas telefónicas, fotocopias, comida, hosting da web, dominio da web...) e para os posteriores gastos de difusión e distribución.

Sobre las recompensas

Coas ferramentas de Monumento, que vos ofrecemos xa estades preparados para visitar vós mesmos todos os lugares e comprobar se a ría de Ferrol está depurada ou non, se o Sar é tal e como o describía Rosalía, se te atreverías a comer os percebes, despois de ver as ondas romper no cabo ou se ao cruzar a ponte de Rande preguntariaste que levan esos barcos.

Pon a mochila, carrega o teu móbil e protéxeo, apunta o que ves e leva con orgullo a camiseta Monumento, que es ti coas túas historias.

Aínda máis, coa colaboración de Cabanas do Barranco podedes disfrutar dunha experiencia inmersiva e natural nun entorno privilexiado, é unha ocasión imperdible.

As nosas recompensas conteñen:

  • Participación no sorteo dunha noite nas Cabanas do Barranco:

Todas as persoas que colaboren cunha cantidade igual ou superior a 25 euros entrarán no sorteo dun bono dunha noite nas Cabanas do Barranco. Unhas espectaculares cabanas en árbores ubicadas en Outes, A Coruña, un lugar ao pe da natureza e con moita paz e tranquilidade.

Este bono está valorado en 130 euros.

  • Libreta:

  • Funda impermeable para móbil:

  • Cargador portátil:

  • Bolsa mochila:

  • Camiseta:

  • Mención nos agradecementos do DVD:

Todos os mecenas obterán esta recompensa.

  • Acceso ao webdoc antes da estrea oficial:

Ademais da mención nos agradecementos obterán o acceso ao webdoc antes da estrea oficial para todo o público que aporte 10 euros.

  • Entrevista transcrita do colaborador que escolla o mecenas:

Neste caso, por ser unha recompensa moi interesante, pero que tamén conleva moito traballo haberá distintas formas de conseguila:

Aportando 30 euros ou máis todos os mecenas obterán esta recompensa xunto con outros obsequios variados. Nas cantidades entre 15 euros e 25 euros poden obtar a esta recompensa os 5 primeiros mecenas interesados.

Para que o mecenas seleccione ao colaborador do cal lle interese a entrevista transcrita, obviamente, primeiro publicaremos oficialmente o webdoc online e, posteriormente, nos poñeremos en contacto con cada un deles vía correo electrónico para que nos informe da súa preferencia.

Obter esta recompensa non outorga ao mecenas os dereitos de ningún tipo da obra, polo tanto, o contido das entrevistas transcritas non poderá aparecer en prensa, radio, televisión ou outros medios audiovisuais sen o previo permiso das autoras de Monumento e do propio entrevistado.

  • Asentos VIP nas exhibicións:

As persoas que aporten 20 euros poderán obtar a 3 asentos VIP. Sendo o propio mecenas o que escolla se prefire que sexan 3 asentos dentro da mesma exhibición, un asento en 3 exhibicións ou 2 asentos nunha exhibición e outro noutra distinta.

Para os que aporten 15 euros ou cantidades superiores a 20 euros obterán un asento VIP nunha exhibición.

Este contido estará suxeito a dispoñibilidade. Obviamente, nun espazo de capacidade de 100 persoas non poderá haber 200 asentos VIP. Polo que daremos prioridade aos mecenas por orde de aportación, aos cales nós lles enviaremos o correo electrónico para saber a súa preferencia nas proxeccións. Despois será o propio mecenas o que terá que contestar e obterá asento VIP sempre que queden prazas na exhibición que escolla, senón a praza terá que ser noutra exhibición.

Os asentos serán nominativos, pero se o mecenas escolle a outra persoa para disfrutar desta recompensa, poderá dar o nome da outra persoa.

  • DVD con todo o contido:

Tan só obtarán a esta recompensa os mecenas que aporten cantidades de 100 euros ou máis.

No Pack asociacións serán 5 DVD os que levarán.

  • Charla das creadoras sobre a súa experiencia:

Dentro do Pack asociacións tamén consta esta recompensa. A pesares do seu nome, poderán ser mecenas neste pack todas as persoas que teñan interese en obter as charlas, xa sexan propietarios de establecementos, escolas, asociacións, medios de comunicacións, etc.

  • Cea coas creadoras:

Os mecenas que aporten 500 euros serán os únicos beneficiarios dunha cea coas creadoras. Nesta cea nos coñeceredes, poderedes conversar con nós sobre a experiencia, disfrutar dunha exquisita cea, aportarnos ideas e falar sobre novos proxectos, etc.

Quenes somos?

E agora que xa sabedes o máis importante, tócanos presentarnos. As creadoras coas que terás o gusto de cear se aportas eses 500 euros somos:



Calendario previsto

Posto que se trata dun Traballo de Fin de Carreira o noso calendario de produción iniciou meses atrás, polo que o período de gravacións e montaxe rematará neste mes de xuño. Período no cal xa estamos a levar a cabo publicacións de contidos adicionais nas redes, Facebook e Instagram, que se extenderán durante todo o período de difusión e distribución, pero que tras a publicación da páxina web deixará de haber dúas publicacións á semana, para pasar de novo a ter unha publicación semanal, os mércores ao mediodía.

Actualmente as publicacións fanse mércores e venres. As datas estimadas para a estrea da páxina web son entre xullo e agosto; sendo este o contido principal do noso proxecto, que terá unha navegación sinxela e interactiva.

En caso de que todo isto vaia sobre rodas o 21 de setembro levaremos a cabo a presentación do proxecto na Universidade da Coruña, ante o tribunal, e posteriormente se levarán a cabo varias exhibicións en diferentes puntos de Galiza dunha versión lineal dos documentais, que servirán como punto de encontro entre mecenas, participantes, interesados e as propias creadoras.

Deste xeito, o equipo de Monumento percorrerá novamente os territorios nos que se gravou, por unha parte, para que os propios participantes vexan o resultado final e, por outra, porque na propia etapa de gravación houbo interesados en realizar este tipo de exhibicións. Este tipo de "segunda explotación", por chamalo dalgunha maneira, fai efectiva a idea do eslogan e o concepto: achegar ás persoas o produto, os problemas, os seus problemas. Ainda que o seu sentido orixinal é na web, outro tipo de exhibición, como pode ser física e presencial é totalmente imprescindible.

Por último, pero xa nun prazo de tempo máis aberto, o documental someterase a diversos certames e festivais que teñan que ver co xénero, temática e tratamento, sempre que os organizadores acepten a nosa participación. Nos que máis interese poderíamos ter sería nas s de 2018 dos seguintes festivais, certames ou circuitos de exhibición: Play-Doc, Festival de Cans, Curtas Armadiña, Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo, Olloboi, Carballo Interplay, Semana Internacional de cine de autor de Lugo, Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán, Cineuropa, Curtocircuito, Mostra de Cine de Monforte de Lemos, Chanfaina Lab, Novos cinemas e Mostra de Cine Etnográfico do Museo do Pobo Galego.

As recompensas, por outra banda, serán enviadas o máis rápido posible, tras finalizar o crowdfunding, poñéndonos por límite o mes de outubro. Exceptuando os asentos VIP nas exhibicións, que dependerán de que exhibición escolla o mecenas.

Investigación

O marco conceptual no que se desenvolve a idea de Monumento está englobado polas tempadas de temática pechada. Nesta primeira tempada trátase o medio acuático de Galiza.

O saber colectivo e cultural foi a nosa primeira fonte de información, afondando un pouco máis con medios de información como xornais, noticias e plataformas en apoio a esas problemáticas, alén da consulta de leis, publicacións como o DOG e promulgacións da Xunta e do Goberno de España e os seus diferentes órganos reguladores.

Dámoslle especial importancia ao contido de hemerotecas de diarios e xornais onde, coma cidadás galegas, vemos que non se prestou especial atención ao longo dos anos. Os pequenos temas.

Aplicación para Android

A maiores tamén temos deseño e prototipado dunha aplicación en relación ó webdoc, a través da cal os nosos espectadores podan compartir información sobre temas interesantes arredor da súa comarca, que lles interese que tratemos en tempadas posteriores, así coma fotografías, sen creación previa de conta, sendo unha aplicación de subida libre, pero con moderación. Os usuarios poderán visitar as rutas dos nosos episodios e contarán con xogos de puntuación.

A imaxe previa forma parte dun dos bocetos realizados para buscar o deseño.

Non realizaremos a aplicación real, xa que non contamos con coñecementos de programación, e serían necesarios para a realización da aplicación, pero aceptaríamos a axuda dalgún experto na materia en caso de querer formar parte do equipo técnico de Monumento, apoiando por medio do seu traballo á realización da aplicación previamente deseñada por nós.

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

#10 / FIN DO CROWDFUNDING

Boas tardes s:

Chegou o final deste ** e non chegamos á cantidade necesaria, pero grazas a vos estivemos moi preto. Polo que non podemos deixar de agradecervolo unha vez máis.

Como as bases de Verkami explican: nin se vos quitarán os cartos da vosa conta nin obteredes a recompensa.

Pola nosa parte, seguiremos forte co proxecto, só que teremos que eliminar ou diminuír o número de proxeccións do proxecto ao público. Poderedes ver o contido na web próximamente, xa que queremos dar voz a toda esa xente que quere facerse oír si ou si! Ademais, recomendámosvos seguirnos nas redes, xa que coma as participacións do sorteo da noite nas Cabanas do Barranco quedaron obsoletas, non queremos que o premio se malgaste e moi pronto publicaremos outra forma de poder participar neste sorteo. Aquí o enlace ao Facebook de Monumento

Por último, se seguides interesados en aportar o voso grao de area, tendes á vosa disposición a merca do merchandisingler máis

#09 / Agradecementos :)

Agradecementos ás últimas aportacións a cambio de merchandising.

Onte no Buril en Sarria resultou ser unha xornada moi agradable con charla, debate de todo tipo, liscos con pan e cervexa. Agradecementos tamén á organización pola invitación a realizar o evento.

Xa só quedan 4 dias de crowd, pero seguimos e seguiremos forte, compañeiros! :)

#08 / Quedan 6 días!

Quedan 6 días e non podemos máis que agradecer aos que confiades en nós. Pero para esta recta final necesitamos un empurronciño máis. Necesitamos que vós tamén compartades e animedes aos vosos amigos e coñecidos, para que este proxecto poda seguir tal e como se programou.

Vamos, que podemos! :)

Recordar, de novo, que hoxe ás 21:30h estaremos no Buril, en Sarria, na segunda presentación do proxecto e coloquio. A entrada é gratuita e haberá barra para poder disfrutar dunhas cervexas xuntos.

Vémonos alí ;)

Enlace de Facebook do Buril

#07 / II Presentación do proxecto + coloquio coas creadoras

Aproxímase o día da nosa segunda presentación e coloquio coas creadoras. Lembrade, mañá ás 21:30h no Buril, Sarria.

Alí poderás saber un pouco máis sobre o webdoc, coñecer a nosa experiencia na realización, contar a túa historia (porque ti es o ), mercar merchandising sen gastos de envío e moito máis... todo isto entre cervexas.

O que nace da xente, debe volver á xente. Iso é o que nos pensamos, que opinas ti?

#06 / FELIZ DÍA DA PATRIA!

As aportacións do crowdfunding estancáronse un pouquiño, pero nós seguimos fortes e con ganas, por iso o vindeiro xoves, 27 de xullo, estaremos presentando o porxecto no Buril, Sarria, ás 21:30h.

Esperámosvos por alí e grazas por seguir ao pé do cañón! :)

Coloquio Sarria
Coloquio Sarria

FELIZ DÍA DA PATRIA GALEGA!

#05 / Gravando

Equipo técnico de Monumento e Pili Miraz, protagonista do webdoc.
Equipo técnico de Monumento e Pili Miraz, protagonista do webdoc.

Deixamos por aquí unha fotografia dunha das xornadas de gravación.

Xa queda pouco para que remate este crowdfunding e non podemos máis que agradecer ás persoas que estades poñendo a vosa confianza en nós! :)

#04 / Difusión

Aquí deixamos unhas capturas de pantalla de distintas publicacións en xornais ou páxinas de Facebook, que nos apoiaron por medio da súa difusión.

Os nosos agradecementos a Ferrol360, Galiza e Croa Magazine. Así como a todos os mecenas, que nos estades apoiando aportando o voso grao de area.

#03 / Presentación no Bar Cuerda Floja

Deixámosvos unhas fotos do evento de presentación realizado o pasado xoves no Bar Cuerda Floja (Ferrol), para que vos fagades unha idea de como son os nosos eventos e vos animedes a participar, se non poidestes ir esta vez, na próxima. Se asistiches saberás que foi un evento moi ameno e poderás ter un recordo con estas capturas fotográficas.

#02 / Presentación do proxecto + coloquio coas creadoras

O xoves, 6 de xullo, dúas das creadoras de Monumento estarán no Bar Cuerda Floja (Rúa Espartero, 1, Ferrol) para presentar o proxecto e realizar un coloquio con todos os Monumentos asistentes.

Esperámosvos alí e se non podedes asistir, non vos preocupedes, haberá máis encontros.

Moitas grazas a todos os mecenas! Seguimos ^^

#01 / Monumento na Newsletter!

Hoxe Verkami engadiunos á Newsletter semanal e queremos darlle as grazas e tamén agradecervos as aportacións aos mecenas que, pouco a pouco, ides formando parte de Monumento.

Newsletter semanal de Verkami (29/06/2017)
Newsletter semanal de Verkami (29/06/2017)

Grazas e seguimos!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de Cookies